Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos
Colección Numismática Nacional dos EEUU National Numismatic Collection | |
---|---|
![]() | |
Coordenadas | 38°53′15″N 77°01′48″O / 38.88750, -77.03000 |
País | ![]() |
Cidade | Washington, D.C. |
Director | Ellen Feingold (conservadora do museo) |
Na rede | |
http://americanhistory.si.edu/collections/numismatics/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A Colección Numismática Nacional é un gabinete de moedas e medallas de titularidade pública dos Estados Unidos, que forma parte da parte do Museo Nacional de Historia Americana, do Instituto Smithsoniano.[1][2]
Fondos e exposición[editar | editar a fonte]
Trátase dunha das coleccións numismáticas máis grandes do mundo e abrangue non só moedas e medallas senón tamén billetes, probas numismáticas, documentos e outros elementos relacionados. Ten un fondo de arredor de 1.600.000 obxectos, entre eles 450.000 moedas, medallas e condecoracións, e 1.100.000 exemplares de billetes.[1][2]
Uns 26.000 obxectos dos que compoñen a colección foron doados á Colección Numismática Nacional o 16 de xaneiro de 1978 polo banco Chase Manhattan, logo da clausura do museo numismático desta institución bancaria (Chase Manhattan Money Museum) en 1977.[3][4]
Ata 2004, a exposición na que se integraba a colección era a única sobrevivente da disposición orixinaria do Museo Nacional de Historia Americana de 1964. A finais de 2004, aquela exposición foi clausurada e a colección regresou ás cámaras acoirazadas do Instituto Smithsoniano. Hoxe só se amosan ao público unhas poucas decenas das súas pezas máis representativas.[5]
Pezas máis salientables[editar | editar a fonte]
Entre as pezas que forman parte da colección cómpre destacar as seguintes:
- Unha moeda española de ouro de 20 excelentes dos Reis Católicos.
- Medio dobrón (half doubloon) neoiorquino de 1787, cuñado por Ephraim Brasher.
- O dólar Continental de 1776.
- As tres variantes coñecidas do dólar de 1804.
- Moeda de ouro estadounidense de 20 dólares Liberty Head de 1849.
- As dúas probas numismáticas de moedas ouro de 50 dólares de 1877.
- A serie completa das nove probas numismáticas de moedas de 5 centavos cuñada entre 1909 e 1910, coñecida como Washington nickels.
- Un exemplar dos rarísimos 5 centavos de 1913 (Liberty Head nickel).
- Dous exemplares da moeda de ouro de 20 dólares Saint-Gaudens de 1933.
- Proba numismática dunha moeda dun céntimo de dólar de 1974 cuñada en aluminio.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Deseño do reverso dunha moeda de 20 dólares.
Anverso do dólar de 1804.
Anverso dos 20 dólares de 1849.
Anverso da proba de 50 dólares de 1877.
O Brasher doubloon exposto no museo.
5 centavos de 1913 (Liberty Head).
Raro exemplar dun centavo Lincoln de 1974 cuñado en aluminio.
Billete de 10 xilins de Carolina do Sur da época colonial (1778).
Billete estadounidense dun dólar de 1880.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "The National Numismatic Collection". National Museum of American History.
- ↑ 2,0 2,1 "National Numismatic Collection". The Smithsonian Institution.
- ↑ "Chase Manhattan Bank Money Museum". American Numismatic Society.
- ↑ "Chase Manhattan Money Museum History". En E-Sylum. Vol. 7. Nº 31. Agosto de 2004.
- ↑ "Galleries and Exhibitions". The National Numismatic Collection.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Clain-Stefanelli, Elvira. (1986). “Donors and Donations: The Smithsonian’s National Numismatic Collection”. En Needleman, S. B. Perspectives in Numismatics: Studies Presented to the Chicago Coin Club. Chicago. Ares. Páxinas. 251-268. ISBN 9780890054383
- Clain-Stefanelli, Vladimir. (1968). History of the National Numismatic Collections. Washington. Smithsonian Institution.