Colorado Springs, Colorado
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
| Colorado Springs (en) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Estados Unidos de América | ||||
| Estado federado | Colorado | ||||
| Condado | condado de El Paso (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 478.961 (2020) | ||||
| Número de fogares | 184.788 (2020) | ||||
| Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Colorado Springs metropolitan area (en) | ||||
| Superficie | 507,614753 km² | ||||
| Auga | 0,1876 % (1 de abril de 2010) | ||||
| Altitude | 1.839 m | ||||
| Creación | 1871 | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Yemi Mobolade (2023–) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 80901, 80902, 80903, 80904, 80905, 80906, 80907, 80908, 80909, 80910, 80911, 80912, 80913, 80914, 80915, 80916, 80917, 80918, 80919, 80920, 80921, 80922, 80923, 80924, 80925, 80926, 80927, 80928, 80929, 80930, 80931, 80932, 80933, 80934, 80935, 80936, 80937, 80938, 80939, 80941, 80942, 80946, 80947, 80949, 80950, 80951, 80960, 80962, 80970, 80977, 80995 e 80997 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 719 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | coloradosprings.gov | ||||
Colorado Springs é unha cidade localizada no condado de El Paso no estado estadounidense de Colorado. No censo dos Estados Unidos de 2010 tiña unha poboación de 416.427 habitantes e unha densidade de poboación de 824,93 km².
Turismo
[editar | editar a fonte]Ademais de Pikes Peak, hai moitas atraccións turísticas na zona, incluíndo o Xardín dos Deuses no que destacan as formacións de arenito vermello, o Manitou Cliff Dwellings, o Complexo de Adestramento Olímpico dos Estados Unidos e a Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos. De acordo coa Oficina de Convención e Visitantes de Colorado Springs, a área atrae preto de seis millóns de turistas cada ano.
A cidade está comunidada a través do aeroporto de Colorado Springs.
Industria
[editar | editar a fonte]- Centro de Operacións da Montaña Cheyenne: un centro de mando militar albergado baixo a Montaña Cheyenne, ao sur de Pike Peak.
- Base da Forza Aérea Peterson (industria militar).
- Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos (industria militar).
- FrontRange Solutions (software).
Na cidade está unha das cinco estacións mestras do seguimento terrestre de GPS (as outras catro estacións do sistema están en Kwajalein, Hawai, Diego García e Ascensión).
Educación
[editar | editar a fonte]O Distrito Escolar 11 de Colorado Springs xestiona as escolas públicas. A cidade acolle o Colorado College e a Universidade de Colorado en Colorado Springs (UCCS), ademais da Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos.
Deporte
[editar | editar a fonte]O equipo de béisbol Colorado Springs Sky Sox xoga na Liga da Costa Pacífica (clasificación AAA). É un equipo das ligas menores correspondente aos Colorado Rockies.
Relixión
[editar | editar a fonte]Nos últimos anos, Colorado Springs atraeu un grande fluxo de protestantes. Os grupos protestantes con sede en Colorado Springs inclúen Enfoque á Familia ("Focus on the Family"; unha organización cristiá e política), Compasión International, The Navigators, Youth with a Misión, Young Life e a International Bible Society.
Eventos
[editar | editar a fonte]O 23 de xaneiro de 2001 a policía obtivo un indicio de que os dous membros que aínda non foran capturados do grupo criminal Texas 7, buscados por roubo e o asasinato dun oficial da policía, se escondían no Holiday Inn en Colorado Springs. Os dous fuxitivos realizaron algunhas transmisións de radio en directo antes de ser arrestados.
O 15 de febreiro de 2003 4.000 manifestantes reuníronse en Academy Boulevard para protestar en contra da Guerra de Iraq. Despois da manifestación e masrcha pacíficas, a multitude foi dispersada con gases lacrimóxenos, aspersores de pementa e balas de goma. Houbo varios arrestados.
Nese ano, fíxose pública a evidencia que acusaba o Departamento de Policía de Colorado Springs por colaborar coa Policía de Denver, para reunir o que se coñece como os Arquivos Espía. Estes arquivos conteñen información reunida polo departamento de policía a través da vixilancia de activistas, organizacións e manifestantes que non incumpriran a lei.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Colorado Springs, Colorado |
- Cidade de Colorado SpringsArquivado 02 de outubro de 2003 en Wayback Machine. (en inglés)
