Karl Alexander Müller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKarl Alexander Müller

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Karl Alexander Müller Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de abril de 1927 Editar o valor em Wikidata
Basilea, Suíza Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xaneiro de 2023 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Zürich, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
EducaciónETH Zürich Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Zúric
IBM Research – Zurich (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoJohannes Georg Bednorz Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 5f6c4eb4-e7b7-43a2-8c28-952d61e24b91 Editar o valor em Wikidata

Karl Alexander Müller, nado en Basilea o 20 de abril de 1927 e finado o 9 de xaneiro de 2023,[1] foi un físico suízo que recibiu, xunto con Johannes Georg Bednorz, o Premio Nobel de Física de 1987, polas súas investigacións coas cerámicas supercondutoras.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia mudouse ao pouco de el nacer á cidade austríaca de Salzburgo, onde seu pai estudaba música.

El e súa nai trasladáronse a Dornach, cerca de Basilea, á casa dos avós. Despois foron para Lugano, na rexión suíza italiana. A nai morreulle en 1938, cando tiña once anos, e enviárono logo a un colexio evanxélico na poboación de Schiers, no leste de Suíza. Aquí estudou durante sete anos, de 1938 a 1945, e obtivo o Bacharelato.

En 1945 ingresou na Escola Politécnica Federal de Zúric, onde estudou electrónica e recibiu clases por parte de Wolfgang Pauli. En 1957 conseguiu o doutoramento.

En 1956 casou con Ingeborg Marie Louise Winkler. Tiveron un neno, Eric, en 1957, e unha nena, Silvia, en 1959.

Notas[editar | editar a fonte]