Villalonga Club de Fútbol
| Vilalonga | |||
|---|---|---|---|
| Nome | Villalonga Club de Fútbol | ||
| Fundación | 1947 | ||
| Estadio | San Pedro, Vilalonga, Sanxenxo Galicia | ||
| Capacidade | 2.000 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | 3ª RFEF | ||
| 2023/24 | 1º | ||
| Patrocinador | Viajes Inter Rías | ||
| Na rede | |||
| http://villalongafc.com/ | |||
| |||

O Villalonga Club de Fútbol é o equipo de fútbol da parroquia de Vilalonga, no concello de Sanxenxo, e un dos tres grandes equipos dese concello a canda o Portonovo SD e o Xuventú de Sanxenxo.
Fundado en 1947, actualmente xoga na Terceira División. O seu campo de fútbol é o San Pedro, con capacidade para 2.000 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]Nas últimas décadas xogou case sempre na Terceira División, con descensos ocasionais a Rexional Preferente Sur. En concreto, estivo en Terceira as tempadas entre 1988-2000 e desde 2004. A súa mellor posición foi a terceira praza da tempada 1989–90. Xogou a promoción de ascenso á Segunda B na campaña 1992–93 contra Club Deportivo Laguna, Langreo e Fuenlabrada[1], e na 2006–07 contra o Sociedad Deportiva Noja, co que caeu derrotado en primeira rolda (0–0 e 1–0).[2]
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ª B: 0
- Tempadas en 3ª: 21
- Promocións de ascenso a Segunda B: 2 (0 ascensos)
Historial na liga
[editar | editar a fonte]
|
|
|
Adestradores
[editar | editar a fonte]- Gabriel Leis (2012–2013)
- Julián Ferreiro (2013– )
- Antonio Fernández (2014- 2016)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Promoción a Segunda B - 1992-93 Arquivado 01 de marzo de 2009 en Wayback Machine., Futbolme.com
- ↑ Promoción a Segunda B - 2006-07 Arquivado 01 de marzo de 2009 en Wayback Machine., Futbolme.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do club Arquivado 10 de setembro de 2011 en Wayback Machine.