Saltar ao contido

Preferente Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Preferente Autonómica de Galicia»)
Modelo:Competición deportivaPreferente Galicia
Imaxe
UD Ourense - Villalonga CF, 2021-22
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorReal Federación Galega de Fútbol Editar o valor en Wikidata
Parte deDivisións rexionais de fútbol en España Editar o valor en Wikidata
Liga superiorTerceira Federación Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorPrimeira Autonómica de Galicia Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Área de operaciónGalicia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1940 – Editar o valor en Wikidata

A Preferente Galicia[1] é a sexta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Terceira División e por encima da Primeira Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol.

Denominacións

[editar | editar a fonte]

Ata a tempada 1980/81: Serie A Rexional.

Desde a tempada 1981/82 ata a 2004/05: Rexional Preferente.

Desde a tempada 2006/07 ata a 2015/16: Preferente Autonómica.

Desde a tempada 2016/17 ata a 2023/2024: Preferente Galicia.

Desde a tempada 2024/2025: Preferente Futgal.

Inicialmente, a Serie A era a máxima categoría do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol, ata que, en 1940, a Real Federación Española de Fútbol ordenou cun decreto a supresión de facto de tódolos campionatos rexionais, incluído o Campionato de Galicia, excluíndo da participación nos mesmos aos clubs que xa militasen simultaneamente en categorías estatais[2] e modificando o sistema de clasificación para a Copa de España, que a partir de entón sería outorgada segundo a posición final acadada nas ligas estatais e non mediante os campionatos rexionais[3]. A decisión da RFEF transformou a Serie A na primeira categoría territorial de Galicia dentro do sistema de divisións estatal, facendo que os equipos galegos que militaban en divisións estatais xa non tomasen parte da Serie A. Denantes de 1940, os clubs galegos que xogaban en categorías estatais tamén participaban na Serie A do Campionato de Galicia ao mesmo tempo.

A pesar dos cambios, mantívose a denominación Serie A durante varias décadas ata que a competición trocou o seu nome polo de Preferente.

Sistema de competición

[editar | editar a fonte]
Distribución xeográfica dos equipos da Preferente Galega tempada 2010-11.

A categoría está formada por 50 equipos repartidos en dous grupos:

  • Preferente Norte, formada por equipos das provincias de Lugo e A Coruña, e subdividido á súa vez en dous subgrupos (A e B).
  • Preferente Sur, formada por equipos das provincias de Ourense e Pontevedra, e subdividido á súa vez en dous subgrupos (A e B).

Anteriormente a competición estaba formada por 40 equipos, divididos en dous grupos (Norte e Sur). Aínda que esta era a norma xeral, na tempada 2010–11 a Preferente Norte contou con 21 equipos logo do descenso administrativo da SD Compostela e dado que os equipos con opcións de ascender no seu sitio, o CD Dorneda e o CD Choco, non puideron aboar a cantidade que lles esixía a Federación Galega de Fútbol para a compra da praza.[4]

Ao finalizar a tempada, os primeiros e os segundos de cada grupo ascendían directamente ao grupo 1 da Terceira División. Os terceiros de cada grupo xogaban unha promoción de ascenso entre si, pero o cambio de categoría dependían do que sucedía cos ascensos e descensos entre a Segunda B e a Terceira. Os tres últimos equipos descendían á Primeira Autonómica de Galicia.

Debido á situación sanitaria provocada pola pandemia de COVID-19, o sistema de competición cambiou a partir da tempada 2020/21. Os cinco primeiros de cada subgrupo acceden á fase de ascenso a Terceira, mentres que os clasificados do 6º ao 12º ou 13º posto pasan á fase de permanencia para evitar o descenso á Primeira Galicia.

Participantes

[editar | editar a fonte]
Árbitro, asistentes e capitáns do CD Boiro e CD Lalín na Preferente Galicia 2023-24.
Copa Rexional Preferente Galicia 2024-25.

Preferente Norte

[editar | editar a fonte]
Subgrupo A
Equipo Lugar Estadio
Agrupación Estudiantil Santiago de Compostela Santa Isabel
Atlético Arteixo Arteixo Ponte dos Brozos
Boimorto Boimorto O Carballal
Boiro Boiro Barraña
Dubra Val do Dubra Juan Baleato
Fisterra Fisterra Ara Solis
Laracha A Laracha Municipal da Laracha
O Pino O Pino Reboredo
Unión Deportiva Paiosaco Paiosaco A Porta Santa
Puebla FC A Pobra do Caramiñal A Alta
Sigüeiro FC Sigüeiro Lino Balado
Xallas Santa Comba A Fontenla
Subgrupo B
Equipo Lugar Estadio
Atlético Escairón Escairón Municipal do Saviñao
As Pontes As Pontes de García Rodríguez O Poboado
Betanzos Betanzos García Hermanos
Foz Foz Martínez Otero
Galicia de Mugardos Mugardos A Pedreira
Lemos Monforte de Lemos A Pinguela
Montañeros A Coruña Rodrigo García Vizoso
Residencia Lugo A Cheda
Ribadeo Ribadeo Pepe Barrera
Santaballés Vilalba A Liga
San Tirso Abegondo O Monte
Sarriana Sarria A Ribela
Victoria CF A Coruña San Pedro de Visma 1

Preferente Sur

[editar | editar a fonte]
Centro Deportivo Municipal de Pardellas.
Subgrupo A
Equipo Lugar Estadio
Beluso Beluso As Laxes
Céltiga A Illa de Arousa Salvador Otero
Gran Peña Vigo Barreiro
Moaña Moaña Iago Aspas Juncal - O Casal
Pontevedra B Pontevedra Manolo Barreiro 1
Portonovo Portonovo Baltar
Ribadumia Ribadumia A Senra
Umia CF Ribadumia A Bouza
Valadares Vigo A Gándara
Villalonga Sanxenxo San Pedro
Xuventude de Cambados Cambados Burgáns
Xuventude Sanxenxo Sanxenxo Baltar de Arriba
Subgrupo B
Equipo Lugar Estadio
Atios O Porriño O Carballo
Barbadás Barbadás Os Carrís
Caselas Salceda de Caselas A Gándara
Cultural Areas Ponteareas A Lomba
Mondariz Mondariz A Lagoa
Nogueira de Ramuín Nogueira de Ramuín A Tella
UD Ourense Ourense O Couto
Polígono San Cibrao San Cibrao das Viñas Antonio González Blanco
Pontellas Pontellas San Campio 2
Porriño Industrial O Porriño O Lourambal 1
Sporting Guardés A Guarda A Sangriña
Velle Ourense Monte da Aira
Verín Verín José Arjiz

Historial

[editar | editar a fonte]
Tempada Campión Equipos que ascenderon a Terceira
1940-41Vigués FCVigués FC
1941-42Club CoruñaNon houbo ascensos
1942-43Lugo SportingUD Ourensana e Pontevedra CF
1943-44Club TuristaClub Turista
1944-45Rápido de BouzasNon houbo ascensos
1945-46Deportivo XuvenilDeportivo Xuvenil
1946-47CD CoiaArousa
1947-48Club TuristaNon houbo ascensos
1948–49Club LemosClub Lemos
1949–50MarínNon houbo ascensos
1950–51Club TuristaNon houbo ascensos
1951–52MarínMarín
1952–53Club TuristaClub Turista
1953–54FabrilFabril
1954–55Club ArenalNon houbo ascensos
1955–56Club SantiagoClub Santiago e Marín
1956–57CD CambadosCD Cambados, Choco e Club Arenal
1957–58SD AvenidaPontevedra CF e Viveiro
1958–59Club LemosClub Lemos e Coruxo
1959–60MarínMarín e Choco
1960–61CoutoCouto e Alondras
1961–62FozFoz e Bueu SD
1962–63SD CompostelaSD Compostela e Choco
1963–64As PontesAs Pontes e Arenteiro
1964–65Rápido de BouzasRápido de Bouzas e Brigantium
1965–66Arsenal de FerrolArsenal de Ferrol e As Pontes
1966–67Atlético PontevedrésAtlético Pontevedrés e Ordes
1967–68ChocoNon houbo ascensos
1968–69Club TuristaClub Turista
1969–70Club LemosClub Lemos
1970–71SD CompostelaSD Compostela e Fabril
1971–72Gran PeñaGran Peña
1972–73CD LugoCD Lugo
1973–74Gran PeñaGran Peña
1974–75ArousaArousa
1975–76SD CompostelaSD Compostela e Gran Peña
1976–77FabrilFabril, Sporting Celanova, Club Turista, CX Cambados e Noia SD
1977–78AlondrasAlondras
1978–79Atlético de RibeiraAtlético de Ribeira e Noia SD
1979–80Vista AlegreVista Alegre, Club Lemos, Flavia, Boiro, Choco, Porriño Industrial, Arenteiro, San Martiño, Céltiga e Fisterra
1980–81ViveiroViveiro, Lalín e Verín
Tempada Campión Grupo Norte Campión Grupo Sur Equipos que ascenderon a Terceira
En amarelo, equipos que foron campións absolutos tras gañar a final entre os vencedores de ambos os dous grupos.
1981–82Eume DeportivoBarcoEume Deportivo, Barco e Gondomar
1982–83Noia SDCéltigaNoia SD, Céltiga e Tyde CF
1983–84BoiroCoruxo Boiro, Coruxo e As Pontes
1984–85FlaviaPortonovoFlavia, Portonovo e Marín
1985–86BergantiñosGondomarGondomar e Bergantiños
1986–87Club LemosTyde CFClub Lemos, Tyde CF, Pobra FC, CX Cambados, Valadares e Sporting Sada
1987–88ViveiroVilalongaViveiro, Vilalonga, Brigantium e Ponteareas
1988–89OrdesCelta TuristaCelta Turista, Ordes e Burela
1989–90Sporting SadaAlondrasSporting Sada, Alondras e Meirás CF
1990–91SD MindonienseEstradenseSD Mindoniense, Estradense, Flavia e Coruxo
1991–92Racing VilalbésCaselasRacing Vilalbés, Caselas, Portonovo e Xove Lago
1992–93BetanzosCD MosteiroBetanzos, CD Mosteiro e Somozas
1993–94CercedaPonte OurenseCerceda, Ponte Ourense e Gran Peña
1994–95RibadeoCD MosteiroRibadeo, CD Mosteiro, SD Mindoniense, Flavia e Coruxo
1995–96Vista AlegreCX CambadosVista Alegre, CX Cambados, Club Lemos e Gondomar
1996–97LarachaXuventú de SanxenxoLaracha, Xuventú de Sanxenxo e Imperátor
1997–98Atlético ArteixoAtlético OurenseAtlético Arteixo, Atlético Ourense e Alondras
1998–99Racing VilalbésDeportivo GroveRacing Vilalbés, Deportivo Grove e Rápido de Bouzas
1999–00SCD MalpicaCaselasSCD Malpica, Caselas, Sporting Pontenova e Verín
2000–01NegreiraArousaNegreira, Arousa e Atlético Arteixo
2001–02BergantiñosPortonovoBergantiños, Portonovo e Sporting Guardés
2002–03Narón Balompé PiñeirosPorriño IndustrialNarón Balompé Piñeiros, Porriño Industrial e Coruxo
2003–04O ValVilalongaO Val, Vilalonga, Alondras e Viveiro
2004–05Atlético MineiroCéltigaAtlético Mineiro, Céltiga e Club Lemos
2005–06OrdesOurense BOrdes, Ourense B e Cruceiro do Hío
2006–07MontañerosPontevedra BMontañeros, Pontevedra B e Cidade de Santiago
2007–08SD CompostelaGran PeñaSD Compostela, Gran Peña e Somozas
2008–09Racing VilalbésCultural AreasRacing Vilalbés, Cultural Areas e Bergantiños
2009–10Mesón do BentoPortonovoMesón do Bento, Portonovo, Estradense e As Pontes
2010–11BetanzosLalínBetanzos, Lalín, CD Dorneda e Xuventú de Sanxenxo
2011–12SD CompostelaBarbadásCompostela, Narón, Barbadás e Céltiga
2012–13BoiroCultural AreasBoiro, Grixoa, Bertamiráns, Cultural Areas, Choco e Arousa
2013–14RibadeoRibadumiaRibadeo, Ribadumia, Bergantiños, Xuventú de Sanxenxo e Silva
2014–15NegreiraBarcoNegreira, Barco, Galicia de Mugardos, Verín e Noia CF
2015–16CD CastroVilalongaCD Castro, Vilalonga, SD Dubra e Céltiga
2016–17Noia CFCultural AreasNoia CF, Cultural Areas, Laracha, Ourense CF e Arenteiro
2017–18Polvorín FCUD OurensePolvorín FC, UD Paiosaco, UD Ourense e Porriño Industrial CF
2018–19CD As PontesCD PontellasCD As Pontes, CSD Arzúa, CD Pontellas e CD Estradense
2019–20Viveiro CFCD RibadumiaViveiro CF, SD Fisterra, CD Ribadumia e UD Atios
2020–21CF NoiaAtlético ArnoiaCF Noia, SD Sofán, Atlético Arnoia, Xuvenil de Ponteareas
  1. Circular nº7 Preferente Galicia Federación Galega de Fútbol
  2. "Deportes. Cuándo se jugará la Copa del Generalísimo y cómo se jugará la próxima competición de Liga". La Región nº 7.928 (en castelán). 24 de abril de 1940. p. 3. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015.
  3. Copa del Generalísimo 1941linguasport.com Arquivado 02 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
  4. El Choco denunciará a la Federación si le niega el ascenso, Faro de Vigo, 4/8/2010

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]