Manuel Neira Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Neira
Información persoal
Nome Manuel Neira Martínez
Nacido 25 de maio de 1916
Lugar A Coruña
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1942–1944 Granada 11 (0)
1944–1945 Deportivo da Coruña 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Manuel Neira Martínez, nado na Coruña o 25 de maio de 1916, foi un futbolista galego. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1942–43 debutou co Granada en Primeira División, onde estivo dúas campañas.

Na tempada 1944–45 xogou co Deportivo da Coruña en Primeira División, sendo o defensa menos habitual do cadro adestrado por Ramón de la Fuente. Participou nun único partido, na xornada 7, nunha derrota a domicilio contra o Athletic Club (5–2). Relegado á suplencia, compartiu banquiño co outro defensa, Bernabé Prieto, aínda que este último xogou máis encontros. Ese ano os defensas titulares foron Pedrito e José Vara Martínez. Ao remate da campaña, o equipo descendeu a Segunda División.