Luisito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luisito
Información persoal
Nome completo José Luis Míguez Iglesias
Nacemento 7 de agosto de 1966 (52 anos)
Lugar Teo, Galicia
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Deportivo Fabril (adestrador)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1991–1992 Ávila 38 (14)
1992–1994 Gimnástica 34 (5)
1994 Cacereño 17 (5)
1994–1996 Palencia 74 (30)
1996–1997 Leonesa 37 (8)
Adestrador
2005–2009 Cidade de Santiago
2009–2011 Racing de Ferrol
2012–2014 Ourense
2014–2017 Pontevedra
2019– Deportivo Fabril
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José Luis Míguez Iglesias, coñecido como Luisito, nado en Teo o 7 de agosto de 1966, é un ex-futbolista e adestrador de fútbol galego. Actualmente adestra o Deportivo Fabril, filial do Deportivo da Coruña.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Luisito foi contratado polo Racing de Ferrol iniciada xa a tempada 2009–10, en substitución dos irmáns Juan e José Veiga.[2] Fixo o seu debut no banquiño ferrolán con vitoria ante o CD Lugo no estadio Anxo Carro (0–1).[3] A pesar de que o equipo descendeu a Terceira División, a directiva decidiu renovalo de cara á seguinte campaña.[4] Na tempada 2010–11 o equipo conseguiu o segundo posto da clasificación e xogar a fase de ascenso a Segunda B. O 13 de xuño de 2011 anunciouse que non continuaría no club departamental, tras non conseguir retornar ao Racing a Segunda B.[5]

O 12 de xaneiro de 2012 presentouse como adestrador do CD Ourense. En maio de 2013 renovou por dúas tempadas.[6] Logo da desaparición por motivos económicos do club ourensán, co que na 2013-2014 rematara 8º na 2ªB e gañara a Copa Federación, quedou sen equipo, mais en outubro de 2014 anunciouse a súa fichaxe polo Pontevedra CF da Terceira División trala destitución de Manu Fernández. Co club granate consegue o ascenso á 2ªB tras proclamarse campión do grupo galego da Terceira División na tempada 2014-2015.

O 4 de febreiro de 2019 firmou polo Deportivo Fabril, en substitución de Sergio Pellicer, até o final da tempada 2018–19.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. "Luisito firma co Racing ata final de tempada"
  3. ""Primera victoria con Luisito"". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de maio de 2011. 
  4. «Teño a miña parte de culpa»
  5. "O Racing e Luisito acordan a súa saída do equipo"
  6. ""El Ourense renueva dos años a su técnico Luisito"". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2014. Consultado o 24 de febreiro de 2014. 
  7. "Luisito asume el banquillo del Fabril en sustitución de Sergio Pellicer". La Opinión de A Coruña. 4 de febreiro de 2019.  (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]