Unión Deportiva Ourense
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
Unión Deportiva Ourense | |
---|---|
Nome | Unión Deportiva Ourense |
Fundación | 2014 |
Estadio | O Couto, Ourense, Galicia |
Inauguración | 1949 |
Capacidade | 5.659 |
Liga | 3ª – Grupo 1 |
2017–18 | 1º (Preferente – Grupo Sur) |
Vestimenta | Mercury |
A Unión Deportiva Ourense é un club de fútbol da cidade de Ourense. Naceu para substituír o baleiro que deixou a desaparición do CD Ourense. Actualmente conseguiu acadar a Terceira División, nivel máximo nesta altura do fútbol provincial, que compartirá co CD Barco, o CD Arenteiro e o Ourense CF. Este equipo xoga os seus partidos como local no Estadio do Couto.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
- Comezou en Terceira Autonómica (a división máis baixa do fútbol galego) na tempada 2014-2015
- Logo de dous ascensos consecutivos, xogou no grupo IV da Primeira Autonómica (categoría de rango provincial que ocupa o sexto nivel no ámbito estatal) na tempada 2016-2017
- Na tempada 2017-18 xogou na Preferente Galicia (Grupo Sur), co obxectivo de recuperar o máis rapidamente posible a supremacía provincial da que gozaba o CD Ourense[1], o cal foi conseguido ao rematar en primeira posición.
Historia[editar | editar a fonte]
Tras a desaparición do CD Ourense por mor da crise económica, os seareiros do equipo crearon a plataforma SOS CD Ourense. Decidiuse formar un novo equipo co nome de Unión Deportiva Ourense, e asinouse a acta fundacional o 10 de xullo de 2014[2]. Logo de se inscribir no rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia e na Federación Galega de Fútbol, o club foi encadrado no grupo 13 da Terceira Autonómica de Galicia.
A Asociación de ex xogadores do CD Ourense asumiu a parcela deportiva do novo club. Antonio Dacosta foi nomeado adestrador do primeiro equipo, e Perfecto Rodríguez "Peluso" foi nomeado coordinador dos equipos base. Xogadores do CD Ourense xa retirados volveron aos campos para sacar adiante o proxecto, como Adolfo, Ramón Dacosta, Santi ou Víctor Arias.
O primeiro encontro amigábel tivo lugar ante a Unión Deportiva Barbadás, de 3ª división, o 28 de agosto no campo dos Carrís. Venceron os locais por 5-0. O primeiro partido oficial foi o 31 de agosto, nun encontro da Copa Deputación B ante o Santa Teresita de 2ª Autonómica no campo dos Remedios. Venceu a Unión Deportiva Ourense por 3-1, e Adolfo foi o autor do primeiro gol da historia do club.
No campionato de liga 2014-15 o equipo acadou o 1º posto, logrando o ascenso a Segunda Autonómica de Galicia. Os primeiros partidos do campionato tiveron lugar no Campo Miguel Ángel dos Remedios, e os seguintes xogáronse xa no Estadio do Couto, propiedade da Xunta de Galicia.
Tras dous ascensos consecutivos máis, o 27 de maio de 2018 conseguiu chegar a categoría nacional no derradeiro e decisivo partido da liga. A UD Ourense chegaba como líder e xogaba polo ascenso nun dó directo no campo do Atios. No caso de perder, dependía do resultado do Porriño Industrial, que tamén obtivo unha vitoria. O partido acabou co empate inicial e a UD Ourense ascendeu.
Historial na liga[editar | editar a fonte]
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2014/15 | 3ª Autonómica | 1º ![]() |
2015/16 | 2ª Autonómica | 1º ![]() |
2016/17 | 1ª Autonómica | 2º ![]() |
2017/18 | Preferente | 1º ![]() |
2018/19 | 3ª | — |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Preferente Galicia Grupo Sur". Siguetuliga (en castelán). Consultado o 2017-10-14.
- ↑ "HISTORIA | Unión Deportiva Ourense". Unión Deportiva Ourense (en castelán). Consultado o 2017-10-14.