Terceira División RFEF 2021/22
Aparencia
| Tipo | Terceira Federación |
|---|---|
| Deporte | fútbol |
| Localización e Datas | |
| País | España |

A tempada 2021–22 da Terceira División RFEF foi a primeira edición deste torneo, que ocupa o quinto nivel no sistema de ligas de fútbol de España. Comezou o 21 de setembro de 2021 e finalizou o 1 de maio de 2022. Posteriormente, a partir do 8 de maio de 2022, disputouse a promoción de ascenso a Segunda División RFEF.
Nesta campaña todos os equipos xogaron como debutantes na competición.
Formato da competición
[editar | editar a fonte]- Os campións de grupo ascenderán á Segunda División RFEF 2022–23.[1]
- Os seguintes catro equipos de cada grupo xogarán a promoción de ascenso.[2]
- O campión de cada grupo clasificarase para a Copa do Rei 2022–23. Se o campión é un equipo filial, o primeiro equipo non filial clasificarase para a Copa.
- En cada grupo, polo menos tres equipos descenderán ás división rexionais. O descenso de cada grupo configurarase de xeito que a Terceira División RFEF 2022–23 teña 16 equipos.
Grupo 1 – Galicia
[editar | editar a fonte]Equipos
[editar | editar a fonte]- Equipos permanecidos da Terceira División 2020–21
- Equipos ascendidos da Preferente Galicia 2020–21
- Equipos e localizacións
| Equipo | Concello | Estadio |
|---|---|---|
| Alondras | Cangas | O Morrazo |
| Arzúa | Arzúa | O Viso |
| Atlético Arnoia | A Arnoia | Barreiro |
| Barco | O Barco de Valdeorras | Calabagueiros |
| Choco | Redondela | Santa Mariña |
| Deportivo Fabril | Abegondo | O Mundo do Fútbol |
| Estradense | A Estrada | Municipal |
| Xuvenil de Ponteareas | Ponteareas | Pardellas |
| Noia | Noia | Julio Mato |
| Ourense CF | Ourense | O Couto |
| Polvorín | Lugo | O Ceao |
| Racing Vilalbés | Vilalba | A Magdalena |
| Rápido de Bouzas | Vigo | Baltasar Pujales |
| Silva | A Coruña | Rodrigo García Vizoso |
| Sofán | Carballo | O Carral |
| Somozas | As Somozas | Manuel Candocia |
| Viveiro | Viveiro | Cantarrana |
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Clave de cores na táboa da liga: |
| Ascenso directo a Segunda División RFEF |
| Promoción de ascenso a Segunda División RFEF |
| Descenso directo a Preferente Galicia |
| Pos |
Equipo |
X |
G |
E |
P |
GF |
GC |
DG |
Pts |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Polvorín (C, P) | 32 | 20 | 8 | 4 | 54 | 23 | +31 | 68 |
| 2 | Ourense CF (P) | 32 | 19 | 10 | 3 | 48 | 21 | +27 | 67 |
| 3 | Somozas | 32 | 19 | 6 | 7 | 43 | 30 | +13 | 63 |
| 4 | Barco | 32 | 15 | 9 | 8 | 50 | 37 | +13 | 54 |
| 5 | Deportivo Fabril | 32 | 15 | 8 | 9 | 49 | 23 | +26 | 53 |
| 6 | Rápido de Bouzas | 32 | 12 | 15 | 5 | 39 | 26 | +13 | 51 |
| 7 | Racing Vilalbés | 32 | 12 | 14 | 6 | 43 | 24 | +19 | 50 |
| 8 | Estradense | 32 | 12 | 8 | 12 | 36 | 40 | −4 | 44 |
| 9 | Alondras | 32 | 9 | 13 | 10 | 30 | 29 | +1 | 40 |
| 10 | Silva | 32 | 11 | 6 | 15 | 34 | 41 | −7 | 39 |
| 11 | Arzúa | 32 | 8 | 14 | 10 | 29 | 35 | −6 | 38 |
| 12 | Viveiro | 32 | 8 | 12 | 12 | 32 | 42 | −10 | 36 |
| 13 | Choco | 32 | 8 | 11 | 13 | 31 | 42 | −11 | 35 |
| 14 | Noia (D) | 32 | 7 | 8 | 17 | 30 | 49 | −19 | 29 |
| 15 | Xuvenil de Ponteareas (D) | 32 | 7 | 7 | 18 | 25 | 43 | −18 | 28 |
| 16 | Atlético Arnoia (D) | 32 | 4 | 10 | 18 | 25 | 54 | −29 | 22 |
| 17 | Sofán (D) | 32 | 4 | 5 | 23 | 29 | 68 | −39 | 17 |
Eliminatoria de ascenso
[editar | editar a fonte]Eliminatoria disputada no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, en Santiago de Compostela (semifinais) e no Estadio Anxo Carro, Lugo (final).
| Semifinais | Final | |||||||||||
| 2 | Ourense CF | 1 | ||||||||||
| 5 | Deportivo Fabril | 0 | ||||||||||
| 2 | Ourense CF | 1 | ||||||||||
| 4 | Barco | 0 | ||||||||||
| 3 | Somozas | 2 | ||||||||||
| 4 | Barco | 3 | ||||||||||
Campión de grupo: Polvorín
Campión do Play-off: Ourense CF