Deportivo Fabril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Deportivo B")
Deportivo Fabril
Nome Real Club Deportivo Fabril[1]
Alcume(s) Fabril
Dépor B
Fundación 21 de febreiro de 1914 (103 anos)
Estadio O Mundo do Fútbol,
Abegondo, Galicia
Inauguración 2003
Capacidade 3.000
Presidente Galicia Tino Fernández
Adestrador España Rubén Coméndez (interino)
España Manuel Pablo (interino)
Liga 2ªB – Grupo 1
2016–17 (3ª – Grupo 1)
Vestimenta Macron
Patrocinador Estrella Galicia
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra
Terceira

O Real Club Deportivo Fabril, tamén coñecido como Dépor B, é un equipo de fútbol galego, o filial do Deportivo da Coruña. Fundouse en 1914[2][3][4] e milita no Grupo I da Segunda División B, logo de ascender tras a tempada 2016–17. O 21 de febreiro de 2014, cumpriu 100 anos de historia.[5]

Historia[editar | editar a fonte]

O Fabril Foot-ball Club foi fundado en 1914 polo dono dunha fábrica téxtil situada no barrio de Catro Camiños, na Coruña. O seu uniforme orixinal compúñase dunha camisola a bandas verticais azulgranas e un pantalón negro. Nesta etapa, destaca a presenza de Ramón González no equipo fabrilista.

Durante os anos trinta e corenta, o club participa nas divisións de modestos da cidade herculina. En 1941, é obrigado a eliminar os estranxeirismos do seu nome por mor das leis franquistas, mudando o seu nome polo de Fabril Sociedad Deportiva.

En 1948, o club asina un convenio de asociación co Deportivo da Coruña e comeza a participar na Serie A. Na tempada 1953-54 o Fabril, con Luis Suárez nas súas filas, gañoulle ó Club Turista na final do Campionato Galego de Afeccionados. Ese mesmo ano, ascendeu a Terceira división despois de proclamarse campión da Serie A.

A finais da década de 1950 e principios da de 1960 o club viuse inmerso nunha grave crise económica. Nese momento, o Fabril asina un acordo co Deportivo, polo cal este asumiu todas as débedas do anterior, que pasaba a ser o seu filial baixo o nome de Fabril Deportivo. En 1963, o Deportivo Xuvenil fusionase co Fabril[6].

Na tempada 1963-64 xogou a promoción de ascenso á Segunda división, pero non logrou subir de categoría.

Tras distintos cambios de categoría durante as décadas seguintes, en 1991 o Fabril conseguiu o ascenso a Segunda B con Paco Melo como adestrador. O equipo só durou un ano na categoría, a 1991-92, volvendo a Terceira tras quedar 18º.

En 1993 asinouse un novo acordo entre o Deportivo e os dez socios membros do Fabril. Por este acordo o Fabril pasou a ser federativamente o Real Club Deportivo de La Coruña B.

Na tempada 1994-95 volveu ascender a Segunda B e nas tempadas 1996–97 e 1997–98 xogou a liguiña de ascenso a Segunda División, aínda que non logrou subir.

Xogadores do Fabril en 2016.

O club regresou á Terceira División en 1999, onde estivo unha tempada e volveu ascender. Este ascenso durou só unha tempada, regresando a Terceira en 2001. En 2005-06 resultou campión da categoría, pero non logrou o ascenso. Na 2006-07 volveu gañar a liga, e desta volta si conseguiu subir a Segunda B, tras eliminar ó CD Don Benito na fase de ascenso.

Na tempada 2007-08 quedou 4º, e xogou a fase de ascenso a Segunda División pero foi eliminado na primeira eliminatoria polo Écija Balompié. Na tempada 2008-09 quedou 17º volvendo á Terceira división na última xornada.

Encontro disputado entre o Deportivo da Coruña B e o CDA Navalcarnero.

Na campaña 2009–10 volveu ser campión de Terceira a tres xornadas do final, ascendendo novamente á Segunda División B, tras superar a eliminatoria contra o Burgos CF nos penaltis en Riazor. Na tempada 2010–11 descendeu novamente a Terceira División.

O 10 de xullo de 2017 o equipo recupera o seu nome tradicional, pasando a chamarse Real Club Deportivo Fabril.[7]

Nomes do club[editar | editar a fonte]

  • Fabril Foot-ball Club (1914–1926)
  • Sporting Fabril (1926-1941)
  • Fabril Sociedad Deportiva (1941–1963)
  • Fabril Deportivo (1963–1993)
  • Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. "B" (1993–2017)
  • Real Club Deportivo Fabril (2017– )

Estadio[editar | editar a fonte]

O estadio no que xoga habitualmente o Fabril é o Mundo do Fútbol (situado en Abegondo), con capacidade para 3.000 espectadores, se ben tamén ten utilizado o Estadio de Riazor en partidos de especial transcendencia como foi o da fase de ascenso á Segunda División na tempada 2007–08.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
1947/48 Serie A
1948/49 Serie A
1949/50 Serie A
1950/51 Serie A
1951/52 Serie A
1952/53 Serie A
1953/54 Serie A
1954/55
1955/56
1956/57
1957/58
1958/59 13º
1959/60 11º
1960/61 12º
1961/62
1962/63
1963/64
Tempada Categoría Posto
1964/65
1965/66
1966/67
1967/68
1968/69
1969/70 11º
1970/71 Serie A
1971/72 19º
1972-73 Serie A
1973-74 Serie A
1974-75 Serie A
1975-76 Serie A
1976-77 Serie A
1977/78
1978/79 17º
1979/80 16º
1980/81 10º
Tempada Categoría Posto
1981/82 11º
1982/83
1983/84
1984/85 10º
1985/86
1986/87 11º
1987/88
1988/89
1989/90
1990/91
1991/92 2ªB 18º
1992/93
1993/94
1994/95
1995/96 2ªB
1996/97 2ªB
1997/98 2ªB
Tempada Categoría Posto
1998/99 2ªB 17º
1999/00
2000/01 2ªB 20º
2001/02
2002/03
2003/04
2004/05
2005/06
2006/07
2007/08 2ªB
2008/09 2ªB 17º
2009/10
2010/11 2ªB 17º
2011/12
2012/13
2013/14
2014/15
Tempada Categoría Posto
2015/16
2016/17
2017/18 2ªB

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Datos do 1 de setembro de 2017.[8]
Posto País Xogador
POR España Álex Cobo
POR Flag of Nigeria.svg Francis Uzoho
DEF España Blas Alonso
DEF España Diego Caballo
DEF España Emilio Lucas Viñas
DEF Flag of Cameroon.svg Steve Aldo One
DEF Galicia Quique Fornos
DEF España Raúl González Valls
MED Galicia Bicho
MED España Carlos López
Posto País Xogador
MED España Edu Expósito
MED España Gaizka Martínez
MED España Martín Bengoa
MED Galicia Álvaro Queijeiro
MED Galicia Manuel Romay
DIA España Borja Galán
DIA Flag of Guinea-Bissau.svg Jardel
DIA España Luismi Redondo
DIA Galicia Óscar Pinchi
DIA Galicia Uxío da Pena

Adestradores[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos estatais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

  • Trofeo Sporting Sada (1): 2009
  • Trofeo Cidade de Betanzos (1): 2009
  • Trofeo Santiago Apóstol – VI Memorial Lisardo Campos (1): 2010
  • Trofeo de Vimianzo (1): 2010
  • Trofeo Concello de Cedeira (1): 2010
  • Memorial Esteban Lareo (1): 2015[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha do equipo na web da Federación Galega de Fútbol. Consultado o 25 de xullo de 2017.
  2. Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. “B” lafutbolteca.com (en castelán)
  3. "Cien años de «Fabriquín»" La Voz de Galicia, 23 de febreiro de 2014. (en castelán)
  4. Historia do Fabril rcdeportivo.es
  5. El Fabril cumple cien años - CanalDeportivo
  6. Deportivo Juvenil y Fabril, dos equipos distintos DEPOR Sport (en castelán)
  7. O Dépor B volve chamarse oficialmente Fabril
  8. Cadro Deportivo Fabril 2017/2018 (en galego)
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "Historia del Fabril". geocities.ws. Consultado o 31-03-2016. 
  10. 10,0 10,1 Pepe Guillín. Depor Sport (2 de xuño de 2010). "El Deportivo B y el Fabril de los años 60". Consultado o 31-03-2016. 
  11. Pepe Guillín. Depor Sport (3 de marzo de 2010). "Guillermo, un jugador surgido en el colegio de los Salesianos". Consultado o 31-03-2016. 
  12. ""Cortés en el Deportivo"". Historias del Deportivo. Consultado o 31-03-2016. 
  13. "Vicente Celeiro". aupadeportivo.com. Consultado o 31-03-2016. 
  14. "Cuerpo Técnico". forzadepor.8m.com. Consultado o 31-03-2016. 
  15. Galifutbol.com (16 de agosto de 2015). "El Dépor B conquista el Memorial Lareo ante el Silva en un intenso derbi herculino". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]