Saltar ao contido

Clay Regazzoni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClay Regazzoni

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Giancarlo Giuseppe Regazzoni Editar o valor en Wikidata
5 de setembro de 1939 Editar o valor en Wikidata
Lugano, Suíza Editar o valor en Wikidata
Morte15 de decembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Fontevivo, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteaccidente de tráfico
accidente de coche Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPorza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Premios

Discogs: 2785242 Find a Grave: 17032646 Editar o valor en Wikidata

Gianclaudio Giuseppe "Clay" Regazzoni, nado o 5 de setembro de 1939 e finado o 15 de decembro de 2006, foi un piloto de carreiras suízo. Competiu en carreiras de Fórmula Un de 1970 a 1980, gañou cinco Grandes Premios. O seu primeiro triunfo foi o Gran Premio de Italia en Monza na súa primeira tempada, pilotando un Ferrari. Permaneceu co equipo italiano ata 1972. Logo dunha tempada con BRM, Regazzoni regresou a Ferrari por un período de tres anos, 1974 a 1976. Finalmente, logo de deixar Ferrari a finais de 1976, Regazzoni uniuse aos equipos Ensign e Shadow, antes de trasladarse a Williams en 1979, onde obtivo a primeira vitoria nun Gran Premio para o equipo británico, o Gran Premio do Reino Unido de 1979 en Silverstone.

Foi substituído por Carlos Reutemann en Williams para a tempada 1980 e volveu de novo a Ensing. Logo dun accidente no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1980 quedou paralizado da cintura para abaixo, terminando a súa carreira na Fórmula Un. Regazzoni non deixou as carreiras, competiu no París-Dakar e nas 12 horas de Sebring cun coche con mando na man durante a década de 1980 e principios de 1990. En 1996, Regazzoni converteuse en comentarista da TV Italiana.

Morreu nun accidente de coche en Italia o 15 de decembro de 2006.

Vida persoal e principios

[editar | editar a fonte]

Gianclaudio Regazzoni naceu en Mendrisio, Suíza o 5 de setembro de 1939, poucos días despois do inicio da segunda guerra mundial. Regazzoni creceu en Porza no Cantón de Ticino, na parte Suíza de lingua italiana. Estaba casado con Maria Pia, con quen tivo dous fillos, Alessia e Gian Maria.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pre-Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

Inicios e a Fórmula Tres

[editar | editar a fonte]

Regazzoni comezou a competir en carreiras de automóbiles en 1963,[1] á relativamente tardía idade de 24 anos. Moitas das súas primeiras experiencias no deporte do motor estaban alén da fronteira con Italia, Suíza prohibira o automovilismo logo do horrible accidente na carreira das 24 Horas de Le Mans de 1955. As súas primeiras carreiras foron no seu Austin-Healey Sprite, có que logrou dous podios nas súas tres primeiras carreiras. Este éxito inmediato alentou a Regazzoni para subir a un Mini Cooper para a tempada de carreiras de 1964.

1965 viu a Clay Regazzoni ao volante dun coche de rodas abertas por primeira vez, ao entrar no campionato europeo de Fórmula Tres cun Brabham. Esta primeira tempada tivo un éxito moderado, a mellora en 1966 (esta vez pilotando un De Tomaso) tróuxoo á atención do ambicioso construtor italiano Tecno. Tecno ofreceu a Regazzoni o uso dun dos seus chasis F3 de 1967, onde as súas actuacións rápidas e confiables reportaronlle a oferta dunha unidade Tecno de fábrica en Fórmula 2 para o ano seguinte. Malia isto, Regazzoni seguiu pilotando en carreiras de Fórmula Tres durante o 1968 e, non por última vez, tivo a sorte de sobrevivir a un grave accidente. Ao saír da chicane durante a carreira de Fórmula 3 do Gran Premio de Mónaco, Regazzoni perdeu o control do seu auto e chocou fortemente coa barreira de seguridade. O diminuto tamaño da máquina da Fórmula 3 permitiulle pasar por baixo do garda rail, o bordo de metal afiado da Armco cortaron a parte superior da cabina aberta. Por sorte para el, o instinto de supervivencia de Regazzoni fíxose presente e agachou a cabeza o suficientemente baixo no asento do condutor para que o gardarail pasara por encima del, non perdendo a cabeza por unha pequena marxe. O coche finalmente parou cando o arco antienvorcos, trala cabeza de Regazzoni e significativamente máis baixo que a parte superior do seu casco, quedou encaixada debaixo da barreira.

Fórmula 2

[editar | editar a fonte]

Na Fórmula Dúas, Regazzoni atopou o socio ideal en Tecno. O seu duro estilo encaixaba á perfección na ambiciosa visión de futuro de TEcno, e Regazzoni desenvolveu rapidamente unha reputación como un duro competidor. Regazzoni estivo implicado na morte do novo piloto británico Chris Lambert de Fórmula Dous no Gran Premio dos Países Baixos de 1968. Algúns observadores acusaron a Regazzoni, de botar de forma deliberada a Lambert fóra da pista. Lambert perdeu o control e estrelouse contra unha ponte. Regazzoni foi exonerado completamente na investigación posterior, aínda que os rumores persistiron durante moitos anos despois. O pai de Lambert iniciou unha acción privada contra Regazzoni, que se prolongou durante cinco anos antes de ser finalmente abandonado. Regazzoni quedou con Tecno ao longo dos seus tres anos na Fórmula Dúas (malia que pilotou a maior parte da tempada 1969 para o equipo Ferrari de Fórmula Dúas.[2]) E en 1970 lograron o Campionato de Europa de Fórmula Dúas xuntos.

Autombilismo de resistencia

[editar | editar a fonte]
Regazzoni nun Ferrari 312PB nos 1000 quilómetros de Nürburgring de 1971

Ademais de carreiras de monoplazas, Regazzoni participou en carreiras de resistencia, incluíndo as 24 Horas de Le Mans de 1970, onde el e Arturo Merzario correron cun Ferrari 512S. Con todo, a parella retirouse logo de completar só 38 voltas. Esta ía ser a única aparición de Regazzoni nas 24 Horas de Le Mans, aínda que o fixo unha proba para a carreira de 1972.

Durante os dous anos seguintes Regazzoni foi titular indiscutible de Ferrari en automobilismo de competición. Regularmente acompañado de Jacky Ickx, a parella obtivo o segundo lugar nos 1.000 quilómetros da BOAC en Brands Hatch en 1971, e gañou a primeira manga nos 500 quilómetros de Imola. Regazzoni tamén gañou a carreira das 9 horas de Kyalami, esta vez en colaboración con Brian Redman. Outros éxitos seguiron en 1972, co segundo lugar nos 1000 quilómetros de Bos Aires, asociado novamente con Redman, e os prestixiosos 1.000 km de Spa. O punto álxido da tempada chegou cando a asociación Regazzoni/Ickx gañou a carreira dos 1000 km. de Monza.[3]

Coa súa saída de Ferrari en 1973, os resultados en autos deportivos de Regazzoni remataron.

Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

1970 - 1972: Ferrari

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Scuderia Ferrari.

Durante as primeiras carreiras da tempada de Fórmula Un de 1970 Ferrari só presentou un coche, o do bélga Jacky Ickx, pero na cuarta rolda en Bélxica, o equipo decidiu presentar un segundo coche para probar algúns pilotos máis novos. O Italiano Ignazio Giunti levou o segundo asento en Bélxica, onde terminou cuarto, mentres que Regazzoni tomou o seu lugar na seguinte rolda en Holanda, tamén terminou cuarto. Giunti volveu no seguinte Gran Premio en Francia, pero terminou décimo cuarto, a tres voltas do vencedor e o eventual campión do mundo de 1970 Jochen Rindt.

Regazzoni estaba de volta no Ferrari para o Gran Premio de Gran Bretaña, onde terminou cuarto outra vez, pero esta vez Regazzoni mantivo o posto de carreira. Catro podios seguidos de Regazzoni durante as últimas seis roldas da tempada 1970, incluíndo unha vitoria en Monza, a carreira de casa de Ferrari. A carreira viuse ensombrecida pola morte do líder do campionato, Rindt, durante a cualificación para a carreira. A primeira pole position, na carreira final en México, foi a guinda a moi exitosa primeira tempada na fórmula 1. Regazzoni terminou terceiro no campionato de pilotos con 33 puntos, 12 puntos por detrás do campión do mundo póstumo Rindt.

Trala morte de Giunti nun evento deportivo no inverno de 1970, Ferrari optou por Ickx e Regazzoni para a tempada 1971 de Fórmula Un.[4] Antes do comezo das probas europeas do Campionato do Mundo de Fórmula Un, Regazzoni gañou a prestixiosa Carreira de Campións en Brands Hatch, batendo a Jackie Stewart no segundo lugar. Malia este prometedor inicio, o Ferrari 312 B e B2 resultaron ser inferiores ó Tyrrell 003 de Stewart. Regazzoni só logrou tres podios na tempada, así como unha 'pole position' no Gran Premio de Gran Bretaña. O suízo terminou sétimo no campionato de pilotos este ano, 49 puntos por detrás do campión do mundo Jackie Stewart.

A decepción de Regazzoni seguiu na tempada 1972, cun só podio, en Alemaña, malia que anotou dous puntos máis que a tempada anterior. Regazzoni novamente terminou sétimo no campionato de pilotos, 46 puntos por detrás do campión do mundo Emerson Fittipaldi.

1973: BRM

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: British Racing Motors.

Regazzoni optou por deixar Ferrari en 1973, a favor de BRM patrocinado por Marlboro polo que se considerou como "unha cifra astronómica". Aquí uniuse ao novo piloto Niki Lauda, e os dous fixéronse bos amigos. Unha vez máis Regazzoni enganou a morte por moi pouco, logo dun grande accidente durante o Gran Premio de Suráfrica. Foi sacado dos restos en chamas por Mike Hailwood, que máis tarde foi galardoado cunha medalla polo seu heroismo. Resultou ser un ano de fracaso para Regazzoni. Anotou só dous puntos durante toda a tempada, a súa peor puntuación nunha tempada completa na Fórmula Un. Conseguiu un humilde 17º lugar no campionato.

1974-1976: de novo a Ferrari

[editar | editar a fonte]

Ferrari fixo unha gran reorganización de persoal a principios da tempada de 1974, despois de que Luca di Montezemolo fora contratado para dirixir o equipo italiano. Ambos Regazzoni e, a proposta de Regazzoni, Lauda foron contratados por Ferrari. Regazzoni non tardou en volver ao podio. Sete podios, incluíndo unha vitoria en Alemaña, o primeiro desde a súa vitoria no debut da tempada en Monza catros anos antes, así como unha pole position en Nivelles permitiron a Reggazoni anotar máis puntos que Lauda. Chegando á última carreira da tempada, nos Estados Unidos Regazzoni estaba ben colocado na pelexa polo título, e só tiña que terminar por diante do seu rival, Emerson Fittipaldi, para levarse a coroa. Regazzoni sufriu problemas de dirección durante a carreira debido a un amortecedor defectuoso e terminou 11º logo de dúas paradas en boxes.[5] Terminou segundo no campionato de pilotos, a súa marca persoal, a só tres puntos por detrás de Fittipaldi. Ferrari impuxera as ordes de equipo no seu favor, Regazzoni case logrou o título ese ano.

Ferrari conservou os servizos de Lauda e Regazzoni para a tempada de 1975 e a parella logrou seis vitorias entre eles: cinco de Lauda, e outra para Regazzoni no Gran Premio de Italia de 1975. Regazzoni tamén gañou outro Gran Premio, fóra de campionato o Gran Premio de Suíza, o único piloto suízo que o fixo. Ferrari conseguiu o Campionato de Construtores, e Lauda gañou o primeiro dos seus tres títulos mundiais. Regazzoni terminou quinto no campionato de pilotos con 39´5 puntos, o medio punto ven do Gran Premio de Austria de 1975, na que só concederonse a metade dos puntos debido a suspensión da carreira debido ás fortes choivas.

Regazzoni pilotando un Ferrari 312T en Nürburgring en 1976.

A tempada de Fórmula Un de 1976 resultaría ser o inicio de tendencia á baixa de Regazzoni na Fórmula Un. Malia gañar desde a pole position en Long Beach, e outros tres podios, Ferrari substituíu o suízo polo Arxentino Carlos Reutemann. O arxentino non se levaba ben con Lauda ao ocntrario que Regazzoni.[6] Cando saíu de Ferrari, Regazzoni era o piloto que máis tempo militara en Ferrari.

1977: Ensing

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Ensing F1.

Logo da súa saída de Ferrari, Regazzoni optou por fichar polo equipo Ensing. O seu traslado a un equipo tan modesto sorprendeu a algúns, pero Regazzoni optou polo equipo pequeno en lugar dunha oferta de Bernie Ecclestone para pilotar un Brabham, como el dixo "para correr con boa xente".[7] A súa tempada con Ensing, malia conseguir puntuar no seu debut en Arxentina, non tivo éxito. Regazzoni terminou nos puntos só dúas veces máis, e terminou a tempada cun total de cinco puntos. En maio Regazzoni participou nas 500 Millas de Indianápolis pilotando un McLaren - Offenhauser do equipo Theodore Racing. Estrelouse con forza na práctica, pero cualificou. Acabou no posto 30.

1978: Shadow

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Shadow Racing Cars.

Regazzoni pasou a Shadow en 1978, en substitución de Alan Jones que abandonara para unirse a Williams. Só conseguiu sumar puntos en dúas carreiras e terminou a tempada 16º no campionato de pilotos, a 60 puntos do campión do mundo Mario Andretti.

1979: Williams

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: WilliamsF1.
Williams FW07 de Regazzoni en 1979.

Frank Williams deu Regazzoni o seu último coche competitivo xunto a Alan Jones. O Williams FW07 demostrado ser moi competitivo, sobre todo na parte final da tempada, con FW07s gañando cinco das últimas sete carreiras da tempada 1979. É significativo, que a primeira vitoria foi para Regazzoni, en Silverstone, a primeira de máis de 100 vitorias para o equipo Williams Grand Prix. En deferencia aos patrocinadores sauditas do equipo, celébraron o podio con Lilt.[8][9] Malia os seus logros, unha vez máis, foi substituído por Carlos Reutemann ao final da tempada. No Gran Premio de Italia, o xornalista Nigel Roebuck preguntou a Regazzoni por que seguía pilotando á idade de 40 anos, sen ningunha perspectiva dun asento competitivo. Regazzoni respondeu: "Ámoa [Fórmula], e sobre todo encántame conducir coches de carreiras. Por que debo deixalo cando me sento deste xeito?".

1980: de volta con Ensing

[editar | editar a fonte]
Regazzoni pilotaba o chasis Ensing N180 cando se estrelou no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1980

A falta dunha oferta para un coche competitivo en 1980, Regazzoni volveu con Ensing. A súa tempada tivo un abrupto final na cuarta carreira do ano. Espetouse no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1980, celebrado en Long Beach, cando o pedal do freo do seu Ensing fallou ó final dunha recta, e bateu de fronte, a uns 280 km/h. contra o Brabham do retirado Ricardo Zunino que estaba estacionado no camiño de escape. Regazzoni máis tarde recordou, "golpeei o coche de Zunino, logo rebotei na barreira. Durante preto de 10 minutos perdín o coñecemento. Entón recordo un terrible dor nas miñas cadeiras ...".[10] O accidente deixou a Regazzoni paralizado da cintura para abaixo, poñendo fin á súa carreira competitiva. Na recuperación, Regazzoni demandou aos organizadores da carreira, reclamando que os seus procedementos de seguridade eran deficientes. Os organizadores da carreira gañaron o caso.

Logo da Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

Logo deste accidente, Regazzoni fíxose coñecido polas súas actividades para axudar ás persoas con discapacidade teñan igualdade de oportunidades na vida e a sociedade.

Regazzoni recuperou a súa licenza de carreiras e converteuse nun dos primeiros pilotos con discapacidade en participar nos deportes de motor de alto nivel. Malia que as súas lesións fixeron o retorno imposible á Fórmula Un, Regazzoni correu con certo éxito nos rally raids (por exemplo, Dakar) e carreiras de resistencia (por exemplo, o 12 Horas de Sebring). Estes logros prepararon o camiño para unha aceptación máis ampla das persoas con discapacidade no automovilismo e os deportes de motor. A última carreira competitiva de Regazzoni foi en 1990, malia que en ocasións apareceu en probas de condución de coches de carreiras durante a década de 1990.

Regazzoni logo do seu grave accidente

Un relato da súa vida pódese atopar na súa autobiografía E questione di cuore ("É unha cuestión de corazón"), publicado a mediados da década de 1980. En ocasións servio como comentarista de Fórmula 1 para a televisión suíza e italiana.

O 15 de decembro de 2006, Regazzoni morreu cando o Chrysler Voyager que conducía golpeou a parte traseira dun camión na autoestrada A1 italiana, preto de Parma.[11] Os investigadores estiman que viaxaba a uns 100 km/h nese momento[12] e, malia as especulacións, unha autopsia excluíu especificamente un infarto como responsable da perda do control de Regazzoni[13]. O seu funeral celebrouse o 23 de decembro, en Lugano, e contou con Jackie Stewart, Emerson Fittipaldi e Niki Lauda,[14] entre moitas figuras do mundo de Fórmula Un.

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Puntos
1970 Scuderia Ferrari SpA Ferrari 312B Ferrari Flat-12 RSA
ESP
MON
BEL
NED
4
FRA
RU
4
ALE
Ret
AUT
2
ITA
1
CAN
2
USA
13
MEX
2
33
1971 Scuderia Ferrari SpA Ferrari 312B Ferrari Flat-12 RSA
3
ESP
Ret
13
Ferrari 312B2 MON
Ret
NED
3
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
3
AUT
Ret
ITA
Ret
CAN
Ret
USA
6
1972 Scuderia Ferrari SpA Ferrari 312B2 Ferrari Flat-12 ARX
4
RSA
12
ESP
3
MON
Ret
BEL
Ret
FRA
RU
ALE
2
AUT
Ret
ITA
Ret
CAN
5
USA
8
15
1973 Marlboro BRM BRM P160D BRM V12 ARX
7
BRA
6
RSA
Ret
17º 2
BRM P160E ESP
9
BEL
10
MON
Ret
SWE
9
FRA
12
RU
7
NED
8
ALE
Ret
AUT
6
ITA
Ret
CAN
USA
8
1974 Scuderia Ferrari SpA Ferrari 312B3 Ferrari Flat-12 ARX
3
BRA
2
RSA
Ret
ESP
2
BEL
4
MON
4
SWE
Ret
NED
2
FRA
3
RU
4
ALE
1
AUT
5
ITA
Ret
CAN
2
USA
11
52
1975 Scuderia Ferrari SpA Ferrari 312B3 Ferrari Flat-12 ARX
4
BRA
4
25
Ferrari 312T RSA
16
ESP
NC
MON
Ret
BEL
5
SWE
3
NED
3
FRA
Ret
RU
13
ALE
Ret
AUT
7
ITA
1
USA
Ret
1976 Scuderia Ferrari SpA Ferrari 312T Ferrari Flat-12 BRA
7
RSA
Ret
USW
1
31
Ferrari 312T2 ESP
11
BEL
2
MON
14
SWE
6
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
9
AUT NED
2
ITA
2
CAN
6
USA
7
XPN
5
1977 Team Tissot Ensign Ensign N177 Cosworth V8 ARX
6
BRA
Ret
RSA
9
USW
Ret
ESP
Ret
MON
NSC
BEL
Ret
SWE
7
FRA
7
RU
DNQ
ALE
Ret
AUT
Ret
NED
Ret
ITA
5
USA
5
CAN
Ret
XPN
Ret
17º 5
1978 Shadow Racing Team Shadow DN8 Cosworth V8 ARX
15
BRA
5
RSA
NSC
USW
10
16º 4
Shadow DN9 MON
DNQ
BEL
Ret
ESP
15
SWE
5
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
NSC
AUT
NC
NED
DNQ
ITA
NC
USA
14
CAN
DNQ
1979 Albilad-Saudi Racing Team Williams FW06 Cosworth V8 ARX
10
BRA
15
RSA
9
USW
Ret
29 (32)
Williams FW07 ESP
Ret
BEL
Ret
MON
2
FRA
6
RU
1
ALE
2
AUT
5
NED
Ret
ITA
3
CAN
3
USA
Ret
1980 Unipart Racing Team Ensign N180 Cosworth V8 ARX
NC
BRA
Ret
RSA
9
USW
Ret
BEL
MON
FRA
RU
ALE
AUT
NED
ITA
CAN
USA
NC 0
  1. "Obituary - Clay Regazzoni". The Independent. 2006-12-18. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2007. Consultado o 2007-01-17. 
  2. Gill (1976) pp.300-301
  3. Cruickshank, Gordon (2006). "Ferrari 312PB". Motorsport. LXXXII: 43–50. 
  4. Clay Regazzoni www.grandprix.com Retrieved 1 March 2007.
  5. 1974 United States Grand Prix www.gpracing.net192.com Arquivado 28 de marzo de 2008 en Wayback Machine. Retrieved 1 March 2007
  6. Tremayne, David (2006) [2006]. "Chapter 19 - A Moment Of Desperate Sadness". The Lost Generation. Haynes Publishing. p. 239. ISBN 1-84425-205-1. 
  7. "Nigel Roebuck on Clay Regazzoni". Autosport.com. 2006-12-15. Consultado o 2007-01-17.  Ecclestone reducira o importe dunha primeira oferta salarial, logo de decatarse de que Regazzoni abandoara Ferrari.
  8. "Obituary - Clay Regazzoni". Telegraph.co.uk. 2006-12-18. Consultado o 2007-01-17. 
  9. "Nigel Roebuck on Clay Regazzoni". Autosport. 15 December 2006. Consultado o 4 November 2012. 
  10. Roebuck, Nigel Grand Prix Greats (1986) p.140. Book Club Associates ISBN 0-85059-792-7
  11. "Regazzoni killed in road accident". BBC News. 2006-12-15. Consultado o 2007-01-15. 
  12. "In Clays Sarg liegt eine gelbe Rose". Blick online. 2006-12-17. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2008. Consultado o 2007-01-15. 
  13. "Clay Regazzoni (67†) hatte keinen Herzinfarkt". Blick online. 2006-12-20. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011. Consultado o 2007-01-15. 
  14. "Funeral for Regazzoni". Theprancinghorse.co.uk. 2006-12-23. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2007. Consultado o 2007-01-16. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]