Gran Premio do Brasil de 1980
| Nome oficial | IX Brazilian Grand Prix |
|---|---|
| Nome na lingua orixinal | (pt) 9o Grande Premio do Brasil |
| Tipo | Gran Premio do Brasil |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1980 |
| Distancia do evento | 40 |
| Localización e Datas | |
| Localización | Autódromo José Carlos Pace (Cidade Dutra) 23°42′04″S 46°41′50″O / -23.701111111111, -46.697222222222 |
| Lonxitude | 4,309 km |
| País | Brasil |
| Data | 27 de xaneiro de 1980 |
| Competición | |
| Primeiro posto | René Arnoux |
| Pole position | Jean-Pierre Jabouille |
| Volta máis rápida | René Arnoux |
O Gran Premio do Brasil de 1980 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 27 de xaneiro de 1980 no circuíto de Interlagos. Foi a segunda carreira da tempada de 1980 e tamén foi o noveno Gran Premio do Brasil. Foi o oitavo que se celebrou en Interlagos e sería o último ata que o circuíto foi reconstruído substancialmente para o Gran Premio do Brasil de 1990. A carreira disputouse sobre 40 voltas ao circuíto de 7´87 quilómetros para unha distancia total de carreira de 315 quilómetros.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Antes da carreira, varios pilotos, incluíndo o campión do mundo Jody Scheckter, querían boicotear o evento debido a preocupación pola seguridade do circuíto de Interlagos. O circuíto estaba cheo de fochancas (o circuíto era moi coñecido por iso) e as barreiras que rodeaban o circuíto non parecían o suficientemente adecuadas para protexer aos pilotos dos terrapléns e gabias de todo o circuíto. Aínda que Scheckter e o resto dos pilotos afectados case tiveron éxito en deter a carreira, acabou disputándose.
A carreira foi gañada polo piloto francés René Arnoux pilotando un Renault RE20. Foi a primeira vitoria no Campionato Mundial de Arnoux e a segunda do Equipe Renault, tamén a segunda dun coche turbo. Arnoux gañou por 21 segundos sobre o piloto italiano Elio de Angelis pilotando un Lotus 81. Líder nos puntos do campionato, o piloto australiano Alan Jones terminou terceiro no seu Williams FW07B.
Grazas á elevada altitude do circuíto de Interlagos, os Renault turbo de Jean-Pierre Jabouille e René Arnoux foron os dominadores, correndo 1-2 durante gran parte da carreira ata que o turbo de Jabouille fallou na volta 25. O pole Jabouille fixo unha mala saída e caeu ao cuarto lugar, pasándoo os dous Ligier JS11/15 e Gilles Villeneuve no seu Ferrari 312T5. Pero, a vantaxe da potencia de Jabouille no elevado circuíto significou que axiña adiantou aos dous Ligiers, a Jacques Laffite de inmediato na recta Retao, e a Didier Pironi en Arquibacanas ao final da primeira volta e arrebatou o liderado a Villeneuve ao final da Recta Oposta á Curva do Sol. Arnoux púxose segundo, e cando se retirou Jabouille, Arnoux tomou o liderado e mantívoo ata a bandeira a cadros.
Alain Prost (McLaren M29) e Riccardo Patrese (Arrows A3) loitaron durante gran parte da segunda metade da carreira polo quinto posto, con Prost tendo a vantaxe nas curvas mentres Patrese era máis rápido nas rectas. Ricardo Zunino (Brabham BT49) bateu con John Watson (McLaren M29) na curva 3 e trompeou. Con todo, foi capaz de recuperarse e terminar a carreira.
Pironi tivo que facer unha parada en boxes cedo, e reincorporouse na parte posterior da pista, pero, el comezou unha remontada e foi capaz de terminar cuarto. Este esforzo foi suficiente para que Enzo Ferrari tomara un interese nos servizos de Pironi, que asegurou para a tempada de Fórmula 1 de 1981.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza |
|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 15 | Renault | 2:21.40 | - | |
| 2 | 25 | Ligier-Ford | 2:21.65 | + 0.25 | |
| 3 | 2 | Ferrari | 2:22.17 | + 0.77 | |
| 4 | 28 | Williams-Ford | 2:22.26 | + 0.86 | |
| 5 | 26 | Ligier-Ford | 2:22.30 | + 0.90 | |
| 6 | 16 | Renault | 2:22.31 | + 0.91 | |
| 7 | 12 | Lotus-Ford | 2:22.40 | + 1.00 | |
| 8 | 1 | Ferrari | 2:23.02 | + 1.62 | |
| 9 | 5 | Brabham-Ford | 2:23.16 | + 1.76 | |
| 10 | 27 | Williams-Ford | 2:23.38 | + 1.98 | |
| 11 | 11 | Lotus-Ford | 2:23.46 | + 2.06 | |
| 12 | 7 | Ensign-Ford | 2:24.85 | + 3.45 | |
| 13 | 12 | McLaren-Ford | 2:24.95 | + 3.55 | |
| 14 | 29 | Arrows-Ford | 2:25.06 | + 3.66 | |
| 15 | 21 | Fittipaldi-Ford | 2:25.74 | + 4.34 | |
| 16 | 29 | Arrows-Ford | 2:25.75 | + 4.35 | |
| 17 | 23 | Alfa Romeo | 2:25.80 | + 4.40 | |
| 18 | 6 | Brabham-Ford | 2:26.53 | + 5.13 | |
| 19 | 20 | Fittipaldi-Ford | 2:26.86 | + 5.46 | |
| 20 | 9 | ATS-Ford | 2:27.10 | + 5.70 | |
| 21 | 22 | Alfa Romeo | 2:27.11 | + 5.71 | |
| 22 | 3 | Tyrrell-Ford | 2:27.15 | + 5.75 | |
| 23 | 7 | McLaren-Ford | 2:27.29 | + 5.89 | |
| 24 | 2 | Tyrrell-Ford | 2:28.10 | + 6.70 | |
| NSC | 10 | ATS-Ford | 2:29.54 | + 8.14 | |
| NSC | 18 | Shadow-Ford | 2:30.52 | + 9.12 | |
| NSC | 17 | Shadow-Ford | 2:31.48 | +10.08 | |
| NSC | 31 | Osella-Ford | 2:34.52 | +13.12 |
Carreira
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 16 | Renault | 40 | 1:40:01.33 | 6 | 9 | |
| 2 | 12 | Lotus-Ford | 40 | +21.86 segs | 7 | 6 | |
| 3 | 27 | Williams-Ford | 40 | +1:06.11 segs | 10 | 4 | |
| 4 | 25 | Ligier-Ford | 40 | +1:40.13 segs | 2 | 3 | |
| 5 | 8 | McLaren-Ford | 40 | +1:45.41 segs | 13 | 2 | |
| 6 | 29 | Arrows-Ford | 39 | +1 volta | 14 | 1 | |
| 7 | 9 | ATS-Ford | 39 | +1 volta | 20 | ||
| 8 | 6 | Brabham-Ford | 39 | +1 volta | 18 | ||
| 9 | 21 | Fittipaldi-Ford | 39 | +1 volta | 15 | ||
| 10 | 30 | Arrows-Ford | 39 | +1 volta | 16 | ||
| 11 | 7 | McLaren-Ford | 39 | +1 volta | 23 | ||
| 12 | 3 | Tyrrell-Ford | 39 | +1 volta | 22 | ||
| 13 | 23 | Alfa Romeo | 39 | +1 volta | 17 | ||
| 14 | 4 | Tyrrell-Ford | 38 | +2 voltas | 24 | ||
| 15 | 20 | Fittipaldi-Ford | 38 | +2 voltas | 19 | ||
| 16 | 2 | Ferrari | 36 | Acelerador | 3 | ||
| Ret | 22 | Alfa Romeo | 33 | Eléctrico | 21 | ||
| Ret | 15 | Renault | 25 | Turbo | 1 | ||
| Ret | 5 | Brabham-Ford | 14 | Suspensión | 9 | ||
| Ret | 26 | Ligier-Ford | 13 | Eléctrico | 5 | ||
| Ret | 14 | Ensign-Ford | 13 | Motor | 12 | ||
| Ret | 1 | Ferrari | 10 | Motor | 8 | ||
| Ret | 11 | Lotus-Ford | 1 | Trompo | 11 | ||
| Ret | 28 | Williams-Ford | 1 | Palier | 4 | ||
| NSC | 10 | ATS-Ford | |||||
| NSC | 18 | Shadow-Ford | |||||
| NSC | 17 | Shadow-Ford | |||||
| NSC | 31 | Osella-Ford |
Líderes por volta
[editar | editar a fonte]- Gilles Villeneuve – 1 volta (1)
- Jean-Pierre Jabouille – 25 voltas (2–26)
- René Arnoux – 14 voltas (27–40)
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
| Carreira anterior: Gran Premio da Arxentina de 1980 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1980 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1980 |
| Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1979 |
Gran Premio do Brasil | Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1981 |
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Brasil de 1980 |
| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
