Ignazio Giunti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ignazio Giunti
Accidente de Giunti - El Gráfico 2675.jpg
Portada do accidente de Giunti
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Italia Italia
Anos en activo 1970
Escudería(s) Ferrari
Grandes Premios disputados 4
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Bélxica de 1970
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1970


Ignazio Giunti, nado en Roma o 30 de agosto de 1941 e finado en Buenos Aires o 10 de xaneiro de 1971, foi un piloto de automobilismo italiano, que competiu en coches deportivos e turismos a finais dos 60.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1968 pilotou para Alfa Romeo, foi segundo na Targa Florio e cuarto co-pilotando nas 24 Horas de Le Mans con Nanni Galli. En 1970, Giunti asinou por Ferrari principalmente para o seu equipo deportivo, e gañou as [12 Horas de Sebring] e a Targa Florio, ademais de acadar outras boas posicións. O seu éxito deulle unha oportunidade na Fórmula 1 e terminou cuarto no seu debut en Bélxica en Spa. Correu tres veces máis ese ano.

Ferrari tamén estaba probando ao piloto suízo Clay Regazzoni, que superou a Giunti, aínda que o italiano asinou por Ferrari para 1971.

Giunti morreu durante a súa primeira participación en 1971 correndo nos 1000 km de Buenos Aires, cando o seu prototipo Ferrari 312PB bateu contra a parte traseira do Matra 660 de Jean-Pierre Beltoise, que estaba empuxando o coche ao longo da pista despois de que se esgotara o combustible. Morreu debido ao impacto e o posterior incendio.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Pos. Puntos
1970 Scuderia Ferrari Ferrari 312B Ferrari 12 en liña RSA ESP MON BEL
4
NED FRA
14
GBR ALE AUT
7
ITA
Ret
CAN USA MEX 17º 3

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]