Gran Premio de Mónaco de 1970
| Nome oficial | XXVIII Grand Prix de Monaco |
|---|---|
| Nome na lingua orixinal | (fr) 28e Grand Prix de Monaco |
| Tipo | Gran Premio de Mónaco |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1970 |
| Distancia do evento | 80 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Monte Carlo (Monte Carlo (en) Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) |
| País | Mónaco |
| Data | 10 de maio de 1970 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Jochen Rindt Team Lotus |
| Pole position | Jackie Stewart |
| Volta máis rápida | Jochen Rindt |
O Gran Premio de Mónaco de 1970 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 10 de maio de 1970 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1970.
Resumo
[editar | editar a fonte]Non houbo cambios significativos na liña de saída de Mónaco, a única noticia foi Ronnie Peterson, participando cun March privado. O equipo Lotus decidiu levar o vello 49 en vez do novo chasis 72, a pesar das probas nunha carreira non de campionato en Silverstone un par de semanas antes. Na cualificación, March copou a primeira fila, con Jackie Stewart na pole (para o equipo Tyrrell) e Chris Amon a seu carón. O terceiro lugar foi para o McLaren de Denny Hulme, e o cuarto para o Brabham de Jack Brabham; detrás deles estaba o Ferrari de Jacky Ickx. O primeiro piloto de Lotus foi Jochen Rindt, cualificou en oitavo lugar.
A pesar da choiva nos días anteriores, o sol brillaba o día da carreira, e a pista estaba seca. Ao principio, Stewart liderou a carreira, con Amon, Brabham, Ickx e Jean-Pierre Beltoise detrás del, na segunda volta, Beltoise pasou Ickx. Stewart comezou a afastarse, polo que a orde mantívose sen cambios ata a volta 12, cando Ickx retirouse cun fallo na transmisión. Na volta 22 Beltoise, retirouse con problemas na transmisión, na mesma volta Brabham pasou a Amón ao segundo lugar. Parecía que Stewart podía repetir comodamente a vitoria que tivo en España, pero na volta 27 o seu March comezou fallar, e detívose nos pits. Isto deixou ao Brabham á fronte, con Amón, Hulme e Rindt, que se abriu camiño desde o medio do pelotón. Na súa primeira carreira, Peterson estaba facéndoo ben, no sétimo lugar, mentres o motor do BRM de Jackie Oliver fallou, deixando aos comisarios un arduo traballo para limpar todo o aceite que caeu na pista.
Case ao mesmo tempo, Hulme tivo problemas co embrague do seu McLaren, saltaron as engrenaxes do cambio, polo que caeu por detrás de Rindt e Pescarolo, na volta 62 fallou a suspensión de Amón, e viuse obrigado a retirarse, deixando ao austríaco no segundo lugar, nove segundos por detrás de Brabham. Logo aumentou o seu ritmo, e cara ás últimas voltas estaba pegado ao australiano. A vitoria de Brabham parecía estar en camiño, resistindo toda a presión que Rindt exercía sobre el. Pero sucedeu o incrible: saíuse da liña de carreira para evitar un coche máis lento en Gazomètre, na última curva da última volta, Brabham derrapou sobre a superficie poeirenta e foise directamente ás balas de palla, entregándolle a vitoria a Rindt (unha vitoria recibida cun gran salto de alegría por Colin Chapman). Brabham volveu rapidamente á pista e terminou a carreira en segunda posición. O terceiro lugar foi para Pescarolo nun Matra, mentres que as restantes posicións para os puntos foron para Hulme, Graham Hill (que se abriu camiño desde o último lugar da grella) e Pedro Rodríguez.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 3 | Lotus-Ford | 80 | 1:54:37.4 | 8 | 9 | |
| 2 | 5 | Brabham-Ford | 80 | + 23.1 | 4 | 6 | |
| 3 | 9 | Matra | 80 | + 51.4 | 7 | 4 | |
| 4 | 11 | McLaren-Ford | 80 | + 1:28.3 | 3 | 3 | |
| 5 | 1 | Lotus-Ford | 79 | + 1 volta | 16 | 2 | |
| 6 | 17 | BRM | 78 | + 2 voltas | 15 | 1 | |
| 7 | 23 | March-Ford | 78 | + 2 voltas | 12 | ||
| 8 | 19 | March-Ford | 76 | Sen Combustible | 11 | ||
| Ret | 28 | March-Ford | 60 | Suspensión | 2 | ||
| NC | 24 | De Tomaso-Ford | 58 | Non Clasificado | 9 | ||
| Ret | 21 | March-Ford | 57 | Motor | 1 | ||
| Ret | 16 | BRM | 42 | Motor | 14 | ||
| Ret | 8 | Matra | 21 | Diferencial | 6 | ||
| Ret | 12 | McLaren-Ford | 19 | Suspensión | 10 | ||
| Ret | 14 | McLaren-Ford | 14 | Presión aceite | 13 | ||
| Ret | 26 | Ferrari | 11 | Semieixo | 5 | ||
| NSC | 10 | McLaren-Alfa Romeo | |||||
| NSC | 6 | Brabham-Ford | |||||
| NSC | 15 | BRM | |||||
| NSC | 2 | Lotus-Ford | |||||
| NSC | 20 | March-Ford |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
| Carreira anterior: Gran Premio de España de 1970 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1970 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1970 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1969 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1971 |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1970 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2008. Consultado o 2008-01-15.