Dominio público

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dominio público e Creative Commons.pdf

Por dominio público enténdese o conxunto de bens e dereitos de titularidade pública non posuídos de xeito privativo. Un exemplo é o consistente no espazo radioeléctrico, as augas terrestres, as continentais etc.

Outros ordenamentos xurídicos consideran que o dominio público está formado polos bens de titularidade comunitaria. Así, as comunidades de regantes, de pastos, de bosques etc.

Ademais, estase atopando dun tempo a esta parte que por Dominio Público enténdese aquilo que carece de dono. Esta acepción non é axeitada: o que non ten dono chámase Res nullius, 'cousa de ninguén', pero non dominio público porque se non ten dono pode ser apropiado por calquera.

[editar] Acepcións especiais

Non obstante, o sentido que se lle dá a Dominio Público na Licenza de Documentación Libre GNU é o de algo que calquera pode usar, sen poder converterse no dono, pois a propiedade corresponde á Humanidade de xeito incorporado.

Tamén neste senso, os textos son de dominio público pasados 50 anos da morte do autor, en concordancia coa convención de Berna, aínda que esta convención convenio recoñece o dereito ós países signatarios a ampliar o prazo da protección (en España é de 70 anos).

Dominio público nestes casos adoita abreviarse, en inglés, como PD ('Public Domain').

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas