Parador de turismo
Os Paradores Nacionais de Turismo son un conxunto de hoteis situados en España e operados por Paradores de Turismo de España, S.A., unha empresa estatal que xurdiu en 1928 baixo o patrocinio do rei Afonso XIII. O Parador de Gredos, na provincia de Ávila foi o primeiro parador da rede. Os seguintes en abrir as súas portas foron os de Oropesa (Toledo) e Úbeda (Xaén) en 1930, Cidade Rodrigo (Salamanca) en 1931 e Mérida (Badaxoz) en 1933. A rede foi especialmente promovida durante a época na que o político galego Manuel Fraga estivo ao fronte do Ministerio de Información e Turismo.
[editar] Descrición
Coa súa creación buscábase aproveitar os numerosos monumentos históricos e artísticos, así como as paraxes de gran beleza que posúe España, para situar uns establecementos que permitisen coñecer a variada riqueza cultura, artística, histórica e paisaxística do país
A rede de Paradores abarca gran parte da xeografía española, desde os Pireneos ata as Illas Canarias. Boa parte deles están situados en edificios de interese histórico-artístico, talles como castelos ou mosteiros, que foron debidamente rehabilitados para usos hostaleiros. Outros, na súa maioría os de recente apertura, son de nova planta.
Tales establecementos adoitan estar situados en zonas apartadas e afastadas dos habituais circuítos turísticos. Deste xeito, ningunha das principais cidades de España (como Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla ou Bilbao) conta cun, aínda que todas teñen algún parador próximo. Nas Illas Baleares tampouco hai Paradores de Turismo, Illas Canarias, con todo, conta con cinco (La Gomera, El Hierro, Tenerife, La Palma e Gran Canaria) así como Ceuta e Melilla, as dúas cidades autónomas do norte de África.
No ano 2012, a rede de paradores estaba formada por 93 establecementos. O Plan de Expansión de Paradores fai fincapé na innovación e modernización.[1]
En Portugal, pódese atopar establecementos equivalentes aos Paradores de Turismo españois; recibindo a denominación de Pousadas.
[editar] Paradores en Galicia
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado con Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
En Galicia hai un total de 11 paradores e outro programado en Muxía.
[editar] Parador Conde de Gondomar
- Artigo principal: Castelo de Monterreal.
O Parador Conde de Gondomar**** está situado no Castelo de Monterreal de Baiona.
[editar] Parador de Cambados
O Parador de Cambados**** é o Pazo de Bazán, no centro da vila, comezado a construír no século XVII.
[editar] Parador de Ferrol
O Parador de Ferrol***
[editar] Parador de Monforte de Lemos
- Artigo principal: Mosteiro de San Vicente do Pino.
O Parador de Monforte de Lemos**** ocupa o Mosteiro de San Vicente do Pino e o Pazo dos Condes de Lemos.
[editar] Parador de Pontevedra
O Parador de Pontevedra**** atópase no casco histórico da cidade, nun pazo que foi residencia dos Condes de Maceda.
[editar] Parador Hostal dos Reis Católicos
- Artigo principal: Hospital dos Reis Católicos.
O Parador Hostal dos Reis Católicos*****GL está situado na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Nado como Hospital real en 1499, esta considerado como o hotel máis antigo do mundo. Ten catro claustros. A cociña ofrece pescados e carnes á galega e as clásicas filloas de mazá e crema.
[editar] Parador de Ribadeo
O Parador de Ribadeo****
[editar] Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil
- Artigo principal: Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
O Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil**** ocupa un mosteiro beneditino de tres claustros, declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1925, en Nogueira de Ramuín (Ribeira Sacra).
[editar] Parador de Tui
O Parador de Tui****, ou Parador de San Telmo, reproduce un pazo galego. Os interiores estás cubertos de madeira de castiñeiro. Conta con xardín, instalacións deportivas e ampla piscina.
[editar] Parador de Monterrei
O Parador de Verín*** está situado nas proximidades do Castelo de Monterrei, na Comarca de Verín.
[editar] Parador de Vilalba
- Artigo principal: Parador de Vilalba.
O Parador de Vilalba****
[editar] Galería de imaxes
|
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Paradores, sitio web corporativo.