Caciquismo
O caciquismo foi unha práctica política que tivo o seu maior auxe durante a época da Restauración Borbónica, empregando o sistema de encadramento, pucheirazo, "resurrección de mortos" etcétera.
Índice |
Características [editar]
Este sistema caracterízase por un peculiar sistema de elección de candidatos denominado sistema de quendas, no que o cacique formaba parte da oligarquía local encargada de someter ó pobo con restricións económicas e sociais, co último fin de afianzar as súas redes de compromiso co goberno central.
Cita de Castelao sobre o caciquismo:
En Galiza, o caciquismo ten unha longa historia[1], a tal punto que "as discusións acerca da pervivencia ou non do caciquismo en Galiza e baixo que formas parece ser un dos tópicos permanentes dos debates". Hoxe, algunhas das prácticas mantéñense e son obxecto de polémica, especialmente o reconto de votos de persoas falecidas[2]. Por outra banda, tamén é habitual recoñecer os designamentos a dedo como unha das máis estendidas prácticas caciquís[3].
Literatura [editar]
A figura do cacique como máximo expoñente do caciquismo ten sido tratada en numerosas ocasións tanto na literatura galega, como é o caso por exemplo da novela A Besta! de Patricio Delgado Luaces ou máis recentemente o de Casa Skylab de Santiago Jaureguízar, como na literatura en castelán escrita por galegos, como sucede coa novela El anarquista, da autoría de Leandro Pita Romero.
Notas [editar]
- ↑ Caciquismo, artigo de José Luis Pintos, da USC
- ↑ Xornal de Galicia proba que os motos votan en Galiza Nova aparecida en Xornal de Galicia o 15 de xaneiro de 2009 (en castelán)
- ↑ Practicas caciquis nos nomeamentos Nova aparecida en Vieiros o 30 de xullo de 2009
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Caciquismo e funcionariado na Galicia do século XIX. Pablo Isidoro González Mariñas e José Ramón Barreiro Fernández, 1997, ISBN 84-453-2088-2
- Caciquismo e poder local na Galicia da Restauración. Francisco Candeira Mosquera, 1990, Edicións Galicia-Sur (Ponteareas) ISBN 84-404-8088-1
- El poder de la influencia : geografía del caciquismo en España: (1875-1923). José Varela Ortega, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2001 ISBN 84-259-1152-4