Ángel Elduayen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ángel Elduayen Mathet")

Ángel Elduayen Mathet, nado en Madrid o 6 de marzo de 1855 e finado na mesma cidade o 19 de xullo de 1927, foi un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Elduayen Gorriti, Ángel Elduayen era capitán de navío. Membro do Partido Conservador, foi deputado a Cortes en 1891 polo distrito de Villacarrillo (Xaén), renunciando por optar polo distrito de Vigo. En 1893 volve resultar elixido deputado, esta vez polo distrito de Lalín, posto que repetiría en sucesivas eleccións ata 1903. Dende 1903 foi senador pola provincia de Pontevedra ata 1920.

Obtivo o título de marqués de Elduayen ao herdalo da súa defunta muller María Ximénez Sandoval Saavedra, a quen lle fora concedido por Real Decreto de 19 de marzo de 1916. Sucedeuno no título o seu fillo José Elduayen Ximénez de Sandoval. No momento da súa morte Ángel Elduayen tiña o grao de Contraalmirante da Armada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]