Antonio Aguilar Correa
Antonio Aguilar y Correa, Marqués de la Vega de Armijo, nado en Madrid en xuño de 1824 e finado na mesma cidade o 13 de xuño de 1908, foi un político español, Presidente do Goberno de España entre 1906 e 1907.
[editar] Traxectoria
Comezou aos 30 anos unha dilatada carreira política que o levaría a exercer destacados cargos públicos durante máis de medio século. Foi elixido deputado por vez primeira en novembro de 1854, cando, durante o Bienio Progresista, se celebraran comicios para formar Cortes Constituíntes. Militou na Unión Liberal fundada por Leopoldo O'Donnell, de quen se converteu moi logo en seguidor e quen, a súa vez, nomeouno varias veces ministro nos seus segundo e terceiro gabinete: foi deste xeito ministro de Fomento entre 1861 e 1863, de Gobernación desde xaneiro de 1861 ata 1863 e, de novo, desempeñou o cargo de ministro de Fomento entre 1865 e 1866.
Falecido O'Donnell en 1867, Vega de Armijo pasou as filas políticas do xeneral Francisco Serrano, co que participou na preparación da Revolución de 1868, que destronou a Isabel II, iniciando o Sexenio Democrático. Embaixador en Francia en 1874, desde o comezo da Restauración militou en grupos que conformaron o Partido Liberal, que lideraba Práxedes Mateo Sagasta. Este nomeouno tres veces ministro de Estado (máximo responsable da diplomacia española): entre 1881 e 1883, desde 1888 ata 1890 e entre 1892 e 1893. A mais, foi Presidente do Congreso en 1898, 1899, desde 1901 ata 1903, e, por último, en 1905.
Durante o reinado de Alfonso XIII foi presidente do goberno a partir do 4 de decembro de 1906, entre dous gabinetes liderados respectivamente por Segismundo Moret e por Antonio Maura. A súa breve xefatura gobernamental - apenas un mes, ata o 25 de xaneiro do 1907 - limitouse a aprobar os orzamentos xerais para 1907. No ano seguinte Aguilar faleceu.
O Marqués de la Vega de Armijo presidiu as reais academias da Historia, e máis a de Ciencias Morales e Políticas.
| Predecesor: Segismundo Moret |
Presidente do Goberno de España 1906 - 1908 |
Sucesor: Antonio Maura |