Abe Rábade
Abelardo Xesús Rábade Villar, nado en Santiago de Compostela o 8 de setembro de 1977, é un pianista galego de jazz.
Índice |
[editar] Traxectoria
Fillo dos escritores Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro e irmán da poeta María do Cebreiro, comezou os seus estudos musicais en Santiago de Compostela, continuando no Berklee College of Music de Boston (1995-1999), onde estudou con Joanne Bracken e Kenny Barron. En 1996 formou o Abe Rábade Trío cos seus compañeiros de estudos na Berklee Paco Charlín ao baixo e Ramón Ángel na batería (substituído despois por Bruno Pedroso). O premio no festival de Getxo no 2000 levouno a gravar o seu primeiro disco en (directo o 5 de xullo dese ano), co que se fixo coñecido no panorama europeo. Desde o ano 2000 lidera o grupo "GHU! Project" composto polo seu trío e Jesús Santandreu (saxos) e Chris Kase (trompeta).
O 29 de maio de 2004 Abe realizou un concerto especial para o Xacobeo 2004, Cantigas suite. Dela di:
.
En 2005 formou xunto a Guadi Galego e Ugia Pedreira o grupo Nordestin@s unha nova visión da música tradicional galega.
[editar] Discografía
Abe Rábade Trío:
- Babel de Sons (Xingra.com, 2001)
- Simetrías (Xingra.com, 2002)
- Playing on Light (Karonte/Nuba Records, 2006)
Abe Rábade GHU! Project
- Vol.1 (Karonte, 2004)
Acompañante:
- Wes Montgomery Revisited Miquel Casany (Sedajazz, 2005)
- Out of the Cage Jesús Santandreu Quartet (Fresh Sound, 2006)
- Jazz in Galiza Series vol.1 J. O’Gallagher, P. Charlín e J. Williams (Free Code, 2006)