Central Unitaria de Traballadores
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CUT")
| Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) | |
|---|---|
| Sindicato de Galiza | |
| Líder | Ricardo Castro |
| Fundación | 1998 |
| Ideoloxía | Marxismo Nacionalismo galego Anticapitalismo |
| Filiación internacional | Federación Sindical Mundial |
| Mocidades | CUT Mocidade |
| Publicación oficial | O Xornal |
| Páxina web | http://www.cutgalicia.org |
A Central Unitaria de Traballadores/as, CUT, é un sindicato galego creado o 4 de decembro de 1998. O Congreso fundacional celebrouse en Vigo o 19 de abril de 1999. Defínese como un sindicato de clase, que ten como obxectivo a defensa dos intereses de clase de todos os traballadores e traballadoras de Galicia. Conta con locais en Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Ribeira e Cangas.