Reimundo Patiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Reimundo Patiño Mancebo, nado na Coruña en 1936 e finado en 1985, foi un pintor e debuxante de banda deseñada galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Foi membro dos grupos Brais Pinto, A Gadaña e Atlántica. Comezou no informalismo, e evolucionou cara o expresionismo, o surrealismo e, na década dos oitenta, o neoexpresionismo. Nos seus cadros pódese observar un caos cheo de cor, e a forma non se aprecia facilmente.

[editar] Banda deseñada

En 1971 realizou a exposición O home que falaba vegliota, composta por enormes páxinas de banda deseñada. En 1975 publicou, con Xaquín Marín, 2 Viaxes, primeiro álbum galego en banda deseñada. Realizou tamén outras historias como "O home que falaba arameu", que viu a luz en recompilacións.

No ano 2005, o Lectorado de Galego da Universidad Complutense de Madrid, co patrocinio da Galería Sargadelos de Madrid e coa colaboración de Vieiros, crearon o Premio de Poesía e Relato Curto Reimundo Patiño.

[editar] Obra literaria

[editar] Poesía

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas