Baldo Ramos
Baldomero Fernández Ramos, nado en Celanova o 1 de xaneiro de 1971, é un escritor e artista plástico galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Remata a carreira de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela no 1994, na que tamén cursa o Doutoramento en Literatura Española e Hispanoamericana. Na actualidade adícase á docencia na área de lingua castelá e literatura no instituto de Valga.
Comezou a pintar no ano 1993 pola necesidade de establecer pontes entre a escrita e a plástica, expoñendo por primeira vez no ano 1994 en Santiago de Compostela. Ten colaborado como poeta e ensaísta en diferentes iniciativas editoriais como Grial, Anuario de Estudios Galegos, Ólisbos, Casa da Gramática, Río Arga, Luces y sombras ou Dorna; e como ilustrador de obras literarias para Follas Novas Edicións, Centro Ramón Piñeiro, Espiral Maior, Dorna, Boletín Galego de Literatura, Faktoría K ou Kalandraka, así como o libro Mongólia: umha entidade estatal rugosóide (2001) de Ígor Lugrís.
É autor de máis de douscentos libros de artista de exemplar único.
[editar] Obra literaria en galego
[editar] Poesía
- Raizames (2001, Follas Novas Edicións).
- A árbore da cegueira (2002, Espiral Maior).
- Escura e transparente (2005, 3C3).
- Branco sobre negro (2006, Galería Sargadelos de Ferrol).
- O ourego e o compás (2006, Casa da Gramática/Fundación Curros Enríquez).
- Monólogo do calígrafo (2008, Colección Bourel).
- Palabras para un baleiro (2009, Espiral Maior).
- Palimpsesto (2009, Sotelo Blanco).
- A ferida de comprender (2011, Follas Novas Edicións). Contén Branco sobre negro e Monólogo do calígrafo, xunto a Espazo contido e Cando as palabras viñan de moi lonxe.
[editar] Libros de artista (selección)
- As follas da memoria, 2001.
- Signos de cinza, 2003.
- Cega mudez, 2004.
- Palabras de papel, 2004.
- Deshabitada espera, 2005.
- Homenaxe a Lorca, 2005.
- Homenaxe a Valente, 2008.
- Luz primeira, 2008.
- Na fronteira do dicir, 2008.
- Aldara, 2009.
- Sorga, 2010.
- Candeloria, 2011.
[editar] Obras colectivas
- Volverlles a palabra: homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos).
- A Ramallosa. Caligrafías de luz (2011, Asociación Arraianos).
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
[editar] Premios
- Premio de poesía Concello de Carral no 2001, por A árbore da cegueira.
- Finalista dos Premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega ao mellor libro de poesía publicado en galego en 2005, por Escura e transparente.
- Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2009, por Palabras para un baleiro.
[editar] Obra literaria en castelán
[editar] Poesía
- Los ojos de las palabras (2002, Fundación María del Villar Berruezo).
- El sueño del murciélago (2003, Pre-textos).
- Diario de una despedida (2005, Amarú Ediciones).
[editar] Libros de artista (selección)
- Muere el pájaro en el aire, 2004.
- Palabras sin nadie, 2004.
[editar] Premios
- Premio María del Villar Berruezo no 2002, por Los ojos de las palabras.
- Premio Arcipreste de Hita no 2003, por El sueño del murciélago.
- Accésit do Premio de Poesía Iberoamericana Víctor Jara, por Diario de una despedida.
[editar] Obra pictórica
Ten exposto individualmente en galerías de Galicia, Portugal e Madrid, e de xeito colectivo en:
- I Premio Auditorio de Galicia, 2001, Santiago de Compostela.
- XVIII Certame de Pintura Concello de Cambre, 2001.
- Bienal Itinerante Eixo Atlántico, 2002-2003, Vigo/Porto.
- VI Bienal de Lalín Laxeiro, 2003.
- DeArte Contemporáneo / Feria de Galerías Españolas, do 2005 ao 2011, Madrid.
- Universidade de Talca, 2005, Chile.
- Galería Unión Latina, 2006, Montevideo.
- Certamen de Arte Gráfico para Jóvenes Creadores, 2006, Casa de la Moneda / Calcografía Nacional, Madrid.
- Puro Arte/Espacio Atlántico (2006, 2010, 2011).