Océano Pacífico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pacífico")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Océano Pacífico
Pacifico Oceano.(gl)(es).jpg
Localización administrativa
País diversos
Localización xeográfica
Continente Asia, Oceanía, América.
Xeografia
Subdivisións Pacífico norte
Pacífico sur
Illas interiores ± 25000 illas
Superfície 165 700 000 km ²
Profundidade màxima 10 911 m
Foxa das Marianas
(Abismo Challenger)
Profundidade media 4 280 m
Capacidade 714 839 310 km ³
Mapa
Océano Pacífico en azul

Océano Pacífico en azul


O Océano Pacífico é a maior masa marítima do globo, situada entre a América, ao leste, a Asia e a Australia, ao oeste, e a Antártida, ao sur. Con 180 millóns de km², o Pacífico cobre case un terzo da superficie do planeta e corresponde a case a metade da superficie e do volume do océano ten 707,5 km de fosas, e 87,8% da súa área presenta profundidades superiores a 3.000 m; é o océano con maior profundidade media (-4.282 m) e onde se localizan as maiores fosas submarinas (foxa das Marianas, con -10,912 m)].

Características[editar | editar a fonte]

A súa forma circular é delimitada por marxes continentais activas (que corresponde ao circo de fogo do Pacífico) baixo as cales se afunde unha crosta oceanica en rápida expansión.

Descuberto[1] polos europeos no 1513 (Vasco Núñez de Balboa) e transposto pola primeira vez en 1520 (Fernão de Magalhães), o Pacífico ten asistido a un crecemento da súa importancia como vía de ligazón entre algunhas das rexións de maior dinamismo económico da atualidade (Extremo Oriente e costa occidental da América do Norte).

Morfoestrutura do fondo oceánico[editar | editar a fonte]

Flanqueado por cadeas montañosas recentes, con intensa actividade volcánica, o Pacífico é percorrido por un vasto sistema de dorsais. A dorsal Sueste-Pacífica constitúe un prolongamento, a través da dorsal Pacífico-Antártica, das dorsais do océano Índico (dorsal Antártico-Autraliana). Na súa porción setentrional atinxe as latitudes do litoral mexicano, desaparecendo ao penetrar no golfo de California. Trátase dunha dorsal en rápida expansión (entre 8,8 e 16,1 cm por ano), sen fosa axial. As zonas de fracturas que a segmentan son numerosas, con deslocamento pronunciado. Esa dorsal emerxe na latitude da illa de Pascua, uníndose á dorsal de Chile, que se liga á costa meridional de América, e na latitude das illas Galápagos, uníndose á dorsal de Illas Cocos ou das Galápagos. Esas dorsais dividen o Pacífico en tres conxuntos. Os fondos oceánicos situados ao leste da dorsal Sueste-Pacífica pertence a placa litosférica da Antártida (que corresponde á bacía Pacífico-Antártica e á planicie abisal de Bellingshausen), á placa de Nazca (bacías Peruana e Chilena, separadas pola dorsal de Nazca) e á placa de Cocos (limitada pola dorsal de Cocos).

Todo o inmenso conxunto de fondos oceánicos situados ao Oeste da dorsal Sueste-Pacífica é sustentado pola placa litosférica Pacífica, que a Oeste América do Norte presenta grandes zonas de fracturas, con relevos monumentais, aliñados por millares de quilómetros ao longo de antigas fallas de transformación. Máis ao oeste, o centro do océano Pacífico é entrecortado por cadeas submarinas e grandes edificios volcánicos, ora emerxendo en forma de illas (Hawai, Marquesas, Marshall, Carolinas), frecuentemente coroadas por formacións coralíneas (atois). As bacías oceanicas que as rodean (Medio-Pacífica, Melanesia, Nordés, Noroeste) teñen unha delgada cobertura sedimentaria sobre a crosta basáltica. A presenza das fosas oceánicas periféricas, ao longo dos arcos insulares (Aleutas, Kuriles, Xapón, Marianas, Filipinas, Salomón, Tonga, Kermadec) e da costa occidental de América (Chile, Perú, América Central) explícase por corresponder a zonas de subdución da crosta oceanica, en que está mergulla baixo as placas litosféricas Americana, ao leste, e Eurasiática e Indo-Australiana, ao Oeste. Son áreas de intensa actividade sísmica e vulcanica, suxeitas á ocorrencia de maremotos.

As augas[editar | editar a fonte]

Pacific Ocean surface 2.jpg
Pacific Ocean surface 1.jpg

A conformación das cuncas do Pacífico explica a relativa simplicidade das correntes mariñas que aí inciden. As correntes norte-ecuatorial e sur-ecuatorial móvense de leste para oeste, determinando a existencia de correntes quentes ao longo das fachadas orientais dos continentes, compensadas por correntes frías que decenden para o ecuador ao longo das fachadas occidentais (locais privilexiados para a pesca en grande escala). Nas latitudes medias, as correntes quentes atópanse coas augas frías provenientes das rexións polares. Tal fenómeno é particularmente claro no hemisferio Norte, onde a Kuroshio, quente, encóntrase coa Oyashio, fría, ao longo do Xapón.

De xeito xeral, a salinidade das augas é pouco elevada, pois os valores máximos xamais sobrepasaron 365 por mil. As temperaturas das augas de superficie dispóñense en zonas, aumentando dos Pólos para os Trópicos. A calor das augas da zona intertropical permite a proliferación dos corais, que forman illas (atois) ou barreiras (recifes) nas orlas continentais.

As augas máis peixeiras sitúanse nas latitudes temperadas, onde o revolver das correntes garante unha excelente osixenación.

Clima[editar | editar a fonte]

Nubes de tormenta cumulonimbus incus surcando un atardecer visto desde a Estación Espacial Internacional.

Tan só os interiores das grandes masas de Australia, Nova Guinea, e Nova Zelandia escapan da influencia climática do Pacífico. Na área do Pacífico, existen cinco zonas ou rexións climáticas diferenciadas: as latitudes medias, os trópicos, a rexión do monzón, a dos furacáns, e o ecuador (zona de calma). Os ventos contra-alisios teñen lugar nas latitudes medias, ao norte e ao sur do ecuador, e levan cambios estacionais marcados nas latitudes norte e sur. Máis cerca do ecuador, onde están a maioría das illas, os ventos constantes alisios portan temperaturas relativamente constantes ao longo de todo o ano de 21-27 grados Celsius.

A rexión do monzón está lonxe, no Pacífico oeste, entre Xapón e Australia. As características desta rexión climática son ventos que sopran desde o interior continental cara ao océano no inverno e na dirección oposta no verán. En consecuencia, ten lugar unha marcada estación de nubes e choiva. Os furacáns causan a miúdo danos extensos ao oeste e ao suroeste do Pacífico. A frecuencia máis grande de furacáns existe nun triángulo que vai do sur de Xapón ás Filipinas centrais na Micronesia oriental.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Volcán en erupción en Papúa Nova Guinea. O océano Pacífico é o de maior actividade volcánica do mundo, e son moi coñecidos os seus terremotos nas súas costas. Ás súas beiras refirense como o Anel de lume.

A liña de Andesita é a distinción rexional máis significativa do Pacífico. Separa a parte máis profunda, de rochas ígneas básicas, das áreas continentais parcialmente mergulladas de rochas ígneas ácidas das marxes. A liña de andesita segue o límite oeste das illas de California e pasa ao sur das illas Aleutianas, ao longo do límite leste da península de Kamchatka, as illas Kuriles, Xapón, as Marianas, as Salomón e Nova Zelandia.

A discontinuidade segue cara ao nordeste ao longo do extremo oeste da cordilleira Albatros ao longo de Suramérica cara a México, volvendo ás illas de California. Indonesia, as Filipinas, Xapón, Nova Guinea, e Nova Zelanda son extensións cara ao leste dos bloques continentais de Australia e Asia e están fóra da liña de Andesita. No círculo pechado da liña de Andesita están a maioría de fosas profundas, montañas volcánicas mergulladas, e illas volcánicas oceánicas que caracterizan a cunca Pacífica Central. Aquí é onde as lavas basálticas flúen lentamente para formar grandes montañas volcánicas en forma de cúpula, as cimas erosionadas das cales forman arcos de illas, cadeas, e arquipélagos. Fóra da liña de Andesita, o vulcanismo é de tipo explosivo, e o chamado anel de lume do Pacífico que é a zona máis volcánica do planeta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aínda que por suposto os europeos non foron os primeiros descubridores dese océano, de feito case todos as illas estaban habitadas, si foron os primeiros en rexistrar as súas exploracións dun xeito perdurable, Oskar Hermann Khristian Spate, El lago español. Casa Asia, 2006, páxina 34

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Os cinco océanos
800px-LocationAtlanticOcean.png
Atlántico
800px-LocationArcticOcean.png
Ártico
800px-LocationIndianOcean.png
Índico
800px-LocationPacificOcean.png
Pacífico
800px-LocationSouthernOcean.png
Antártico
Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Océano Pacífico

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]