Liña internacional de cambio de data

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liña internacional de cambio de data.

A liña internacional de cambio de data é unha liña irregular imaxinaria na superficie da Terra trazada sobre o océano Pacífico, próxima ó meridiano 180, que cando se cruza supón o cambio de data (exactamente un día). Pasar a liña de leste a oeste fai que a data cambie ó día seguinte (perda dun día). Ó revés fai gañar un día. A súa necesidade radica na forma de variar a hora, cara ó Leste (máis temperán), ó Oeste máis tarde (en relación ó meridiano de Greenwich). Esta liña pasa polo estreito de Bering entre Alasca e Siberia, polo que ambas teñen diferentes datas, pero a maioría do percorrido transcorre en medio do océano e non dificulta o mantemento de ningunha hora local.

Cambio de data en Samoa e Tokelau[editar | editar a fonte]

O 30 de decembro do ano 2011 tivo lugar un cambio da devandita liña internacional de cambio de data, tendo lugar un salto de un día en Samoa e en Tokelau (arquipélago dependente de Nova Zelandia): ó rematar o día 29 de decembro, Samoa e Tokelau pasaron directamente ó día 31 de decembro[1].

A razón destes cambios vén do comercio con Australia e Nova Zelandia. Anteriormente, estes dous países atopábanse ó outro lado do meridiano de cambio de hora, o cal dificultaba os negocios entre eles e os samoanos (había 21 horas de diferenza entre ámbalas dúas partes). Co cambio de data, ponse solución a este problema, sendo agora a data igual entre Australia, Nova Zelandia, Samoa e a dependencia neozelandesa de Tokelau.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El día perdido de Samoa, artigo en El País, 12 de maio de 2011 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]