Estación Espacial Internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estación Espacial Internacional

Países participantes

Insignia da Estación Espacial Internacional

Estatísticas
Tripulación: Máxima: 6
Actual: 3
Na "Expedición 31"
Perixeo: 392 km "
Apoxeo: 406 km "
Período orbital: 92,32 min "
Inclinación: 51,64 º "
Órbitas por día: 15,56 "
Desvío medio diario
en altitude:
~88 m "
Días en órbita desde
o lanzamento da Zarya:
4956 15 de xuño de 2012
Días ocupada desde o
embarque pola Expedition 1
en 2-Nov-2000:
4243 15 de xuño de 2012
Revolucións desde
o lanzamento da Zarya:
77 792 15 de xuño de 2012
Distancia percorrida desde
o lanzamento da Zarya:
~ 3274 millóns km "
Velocidade media: 7706,7 m/s 27 743 km/h
Masa actual: uns 450 000 kg
Masa de propelente: ~ 3 951 kg "
Volume corrente de área de circulación: 837 m³ "
Presión ~ 757 mmHg (100 kPa) .
Osíxeno ~ 162,4 mmHg (22 kPa) .
Dióxido de carbono ~ 4,8 mmHg (640 Pa) .
Temperatura ~ 27 °C .
Compoñentes actuais
Compoñente: Lanzamento: Masa: (kg)
Zarya FGB: 20-Nov-1998 19 323
Unity - Node 1: 4-Dec-1998 11 612
Módulo de servizo Zvezda: 12-xullo-2000 19 050
Z1 Truss: 11-Out-2000 8 755
P6 Truss - Grella solar: 30-Nov-2000 15 ,900
Laboratorio Destiny: 7-Feb-2001 14 515
Canadarm2: 19-abr--2001 4 899
Cámara Quest: 12-Xul-2001 6 064
Cámara Pirs -
Docking Compartment
:
14-Ago-2001 3 900
S0 Truss: 8-Abr-2002 13 970
Base móbel para
o Canadarm2
:
5-xuño-2002 1450
S1 Truss: 7-Out-2002 12 598
P1 Truss: 23-Nov-2002 12 598
Compoñentes da ISS (NASA)
Compoñentes da ISS (NASA)

Compoñentes da Estación o 23-xullo-2004.

Diagrama ISS

A Estación Espacial Internacional (International Space Station, ou simplemente ISS) é a continuación do que fora planeado para a Mir rusa ou o Skylab dos Estados Unidos, e a non realizada Columbus europea, e representa a vontade de permanencia humana continuada no espazo: ten sido dirixida con tripulacións de non menos de dúas persoas desde o 2 de novembro de 2000, despois de ter sido lanzado o primeiro módulo en 1998.[1] A cada cambio da tripulación, na estación reúnense ambos os dous equipos e, ás veces, algúns visitantes.

Características do proxecto[editar | editar a fonte]

A ISS é un proxecto conxunto no que participan 16 países: os Estados Unidos, Rusia, o Xapón, o Canadá, o Brasil e 11 países europeos a través da Axencia Espacial Canadense (CSA/ASC), a Axencia Espacial Europea (ESA)[2], a Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial, a Axencia Espacial Federal Rusa e a NASA.

A estación espacial encóntrase en órbita en torno da Terra a unha altitude de aproximadamente 360 a 400 quilómetros, un tipo de órbita denominada como Órbita baixa terrestre (en realidade, a altitude varía ao longo do tempo en varios quilómetros debido ao arrastramento atmosférico e aos reempuxes. A estación perde, unha media, 100 metros de altitude por día). A estación orbita a Terra nun período duns 92 minutos, a unha velocidade duns 27 580 km/h[3] (orbita á Terra unhas 16 veces cada día)[4]; o 1 de decembro de 2003 completara máis de 33 500 órbitas desde o seu lanzamento.

A estación é servida primariamente pola Transbordador espacial e polas unidades Soiuz e Progress . Hoxe en día o seu proceso construtivo está sen rematar, aínda que xa teña sido palco de experiencias científicas. En 2019 a estación ten capacidade para soportar a estancia de até seis persoas.[5] Até 2004, todos os membros da tripulación permanente proviñan dos programas espaciais rusos ou norte-americanos. No entanto, a ISS xa foi visitada por bastantes outros astronautas, moitos deles doutros países (e, curiosamente, por dous turistas espaciais).

Na actualidade (2021) o seu tamaño é comparable ó dun estadio de fútbol, cunha masa de 420 Tm.[6]

Montaxe da ISS[editar | editar a fonte]

A construción da ISS irá depender de máis de 50 misións de ensamblaxe e utilización. Destas, 39 son auxiliadas pola Lanzadeira espacial. Ademais destas misións, serán precisas outras 30 misións Progress para fornecer a loxística planeada. No final, a ISS estará a operar cun volume de presurización de 1200 metros cúbicos, unha masa de 419 000 quilogramos, 110 quilovatios de potencia, e unha estrutura de soporte de 108,4 metros de longo, con módulos de 74 metros e tripulacións de seis membros.

A estación está composta por varios módulos e outros elementos:

Xa lanzados - (por orde de montaxe)

Misións de loxística periódicas

Previstas para seren lanzadas coa Lanzadeira espacial así que estea operacional
(listadas por orde do lanzamento previsto)

Previstas para lanzamento polos foguetes Protón

Elementos suspendidos, atrasados ou cancelados

Outros subsistemas importantes incluídos

Secuencia de montaxe[editar | editar a fonte]

Segundo a configuración de 2003, a estación tiña de masa 187 016 kg, 425 metros cúbicos de espazo útil, 73 metros de envergadura, 52 metros de longo e 27,5 metros de altura. Foron precisas 16 misións norte-americanas da lanzadeira espacial e 22 misións rusas. Destas últimas, 8 foron tripuladas e 14 non tripuladas. A construción necesitou de 51 camiñadas no espazo, 25 das cales a partir da lanzadeira, e 26 a partir da propia ISS. No total, o tempo das camiñadas no espazo foi de 318 horas e 17 minutos.

O cosmonauta Sergei Krikalev dentro do módulo de servizo Zvezda, novembro de 2000.

A 1 de decembro de 1987 a NASA anunciou os nomes das catro empresas norte-americanas que conseguiron contratos de cooperación na manufactura dos compoñentes para A ISS: Boeing, General Electric's Astro-Space Division, McDonnell Douglas e a Rocketdyne Division of Rockwell.

A primeira sección foi colocada en órbita en 1998. As dúas pezas seguintes foron engadidas antes do envío da primeira tripulación, que chegou á estación o 2 de novembro de 2000 e consistía nos astronautas William Shepherd (EUA) e dous cosmonautas rusos, Iuri Gidzenko e Sergei Krikalev. Decidiron designar a estación espacial "Alpha", aínda que o uso do nome estivese restrinxido a aquela misión.

A ISS ten tido unha historia problemática. Inicialmente planeada como unha "Estación Espacial Libre" da NASA, así promovida polo presidente Reagan, mostrouse demasiado dispendiosa. Após a guerra fría, foi retomada como un proxecto conxunto entre a NASA e a Roscosmos rusa. Desde aquela o seu custo tense mostrado moito superior ao proxectado inicialmente pola NASA, alén dos numerosos atrasos. En 2003 aínda era incapaz de acomodar unha tripulación de sete, consecuentemente limitando a cantidade de ciencia que se podía realizar, o que tampouco beneficia as relacións cos socios europeos no proxecto. En xullo de 2004, a NASA concordou en completar a estación até o nivel de soporte de 4 membros e ao lanzamento de seccións adicionais como o módulo xaponés de experimentos. Mentres a NASA continuará a xestionar a construción, a Rusia irá continuar o lanzamento e recolla das tripulacións de e para a estación.

Á estación inicial fóronselle engadindo diversos módulos. Así, o laboratorio europeo Columbus foi engadido en 2008[4] e a cúpula de 360º de visión, tamén europea de construción, foi engadida no 2010.[3]

Controversia arredor da ISS[editar | editar a fonte]

Algunhas críticas[quen?] encaran o proxecto da NASA como un desperdicio de tempo e diñeiro, inhibidor do progreso noutros proxectos de máis utilidade, e ponse por exemplo que os 100 000 millóns de dólares estimados poderían pagar decenas de misións espaciais non tripuladas. En xeral, existen moitas críticas[quen?] contra a exploración espacial que defenden que esa contía estaría mellor empregada en problemas na Terra.[Cómpre referencia]

Os defensores da exploración espacial[quen?] argumentan que tales críticas son, no mínimo, redutoras e de pouca visión, e talvez decepcionantes. Os defensores da investigación e exploración espacial tripulada[quen?] defenden que estes esforzos xa produciron miles de millóns de dólares de beneficios tanxíbeis na Terra. Algunhas proxeccións apuntan para un beneficio económico indirecto, materializado pola comercialización das tecnoloxías desenvolvidas durante a exploración espacial tripulada, que xa retornou máis de sete veces o investimento inicial para a economía (algunhas proxeccións conservadoras colocan este valor en tres veces o investimento inicial). Se a ISS, illada do restante programa espacial, será un contribuidor considerábel é, no entanto, un asunto de rifado debate, principalmente nos Estados Unidos de América.[Cómpre referencia]

A ISS xa recibiu o primeiro turista espacial, Dennis Tito, que gastou 20 millóns de dólares para participar nunha misión rusa de reabastecemento[Cómpre referencia] e o primeiro casamento no espazo cando Iuri Malenchenko, na estación, casou- con Ekaterina Dmitriev, en Texas.

Estado actual da ISS[editar | editar a fonte]

O astronauta Michael Foale nunha EVA no exterior da ISS en febreiro de 2004

Após o accidente da Transbordador espacial Columbia o 11 de febreiro de 2003, e a consecuente suspensión das misións con estas naves, aínda permanece algunha incerteza sobre o futuro da ISS. A súa construción está practicamente suspensa dado que os compoñentes principais son tan pesados que non poden ser colocados no espazo co auxilio das naves actualmente en servizo. Por exemplo, o módulo do laboratorio da Axencia Espacial Europea, o Columbus, a pesar de estar xa concluído, non pode ser lanzado en órbita. Entre tanto, os envíos de tripulación están a ser efectuadas polas naves Soiuz. A partir da Soiuz TMA-2, os equipos de astronautas constan de dous tripulantes, no lugar dos equipos tradicionais de tres membros.

Porén, a Soiuz non dispón das capacidades dunha lanzadeira. Debido á ausencia dun servizo á ISS por medio dunha lanzadeira por período de tempo xa longo, esta está a acumular grandes cantidades de lixo e desperdicio, o que comeza a afectar as operacións.

Esta medida de contención lanzou en aberto a posibilidade do que o foguete Energiya ruso ou a lanzadeira espacial Buran pudesen volver ao servizo. Con todo, a pesar da hipótese do se o Saturno V pode voar unha vez máis, a realidade é que o equipamento destas dúas naves foi recolocado ou mesmo corrompido desde a separación da Unión Soviética.

A 27 de febreiro de 2004, os tripulantes da ISS Michael Foale e Alexander Kalery fixeron a súa primeira camiñada no espazo, operación na que participou toda a tripulación da ISS (a Soiuz 26 foi a primeira a envolver toda a tripulación dun vehículo). A maioría dos obxectivos desta camiñada, como a instalación de equipamento exterior, foron atinxidos antes de que un dos tubos do traxe de Kalery tivese un problema na refrixeración e forzase a conclusión da saída.

A posibilidade de colisións a moita velocidade con detritos espaciais é considerada unha ameaza a longo prazo para a Estación Espacial Internacional. Unha solución proposta pola NASA e outros consiste nun láser. No entanto, permanece a preocupación de que unha proposta deste tipo poida contravir os tratados existentes acerca de armamento láser no espazo.

Diversos paseos espaciais (Extra-Vehicular Activity, ou EVA) manteñen e melloran a aparataxe da estación, como o mantido en marzo de 2019 por Thomas Pesquet para substituír as baterías de Ni H por outra novas de maior capacidade Li-ión.[5]

Expedicións ISS[editar | editar a fonte]

En outubro de 2019 tiñan pasado pola ISS 239 persoas de 19 estados.[7]

Expedición Tripulación Data de
lanzamento
Misión (arriba) Data de chegada Misión (abaixo) Duración
(días)
Expedición 1 William Shepherd - (+) EEUU
Iuri Gidzenko - Rusia
Sergei Krikalev - Rusia
31 de outubro, 2000
07:52:47 UTC
Soiuz TM-31 21 de marzo, 2001
07:33:06 UTC
STS-102 140,98
Expedición 2 Iuri Usachev - (+) Rusia
James Voss - EEUU
Susan Helms - EEUU
8 de marzo, 2001
11:42:09 UTC
STS-102 22 de agosto, 2001
19:24:06 UTC
STS-105 167,28
Expedición 3 Frank L. Culbertson - (+) EEUU
Mikhail Tyurin - Rusia
Vladimir N. Dezhurov - Rusia
10 de agosto, 2001
21:10:15 UTC
STS-105 17 de decembro, 2001
17:56:13 UTC
STS-108 128,86
Expedición 4 Iuri Onufriienko - (+) Rusia
Carl Walz - EEUU
Dan Bursch - EEUU
5 de decembro, 2001
22:19:28 UTC
STS-108 19 de xuño, 2002
09:57:41 UTC
STS-111 195,82
Expedición 5 Valery Korzun - (+) Rusia
Peggy Whitson - EEUU
Sergei Treschev - EEUU
5 de xuño, 2002
21:22:49 UTC
STS-111 7 de decembro, 2002
19:37:12 UTC
STS-113 184,93
Expedición 6 Kenneth Bowersox - (+) EEUU
Donald Pettit - EEUU
Nikolai Budarin - Rusia
24 de novembro, 2002
00:49:47 UTC
STS-113 4 de maio, 2003
02:04:25 UTC
Soiuz TMA-1 161,05
Expedición 7 Iuri Malenchenko - (+) Rusia
Edward Lu - EEUU
26 de abril, 2003
03:53:52 UTC
Soiuz TMA-2 28 de outubro, 2003
02:40:20 UTC
Soiuz TMA-2 184,93
Expedición 8 Michael Foale - (+) EEUU
Alexander Kaleri - Rusia
18 de outubro, 2003
05:38:03 UTC
Soiuz TMA-3 30 de abril, 2004
00:11:15 UTC
Soiuz TMA-3 194,77
Expedición 9 Gennady Padalka - (+) Rusia
Michael Fincke - EEUU
19 de abril, 2004
03:19:00 UTC
Soiuz TMA-4 24 de outubro, 2004
00:32:00 UTC
Soiuz TMA-4 185,66
Expedición 10 Leroy Chiao - (+) EEUU
Salizhan Sharipov - Rusia
14 de outubro, 2004
03:06 UTC
Soiuz TMA-5 17 de abril, 2005
00:00:00 UTC
Soiuz TMA-5 ~190
Expedición 11 Sergei Krikalev - Rusia
John L. Philips - EEUU
15 de abril de 2005
00:46 UTC
Soiuz TMA-6 11 de outubro de 2005
01:09:00 UTC
Soiuz TMA-6 179,02
Expedición 12 William McArthur - EEUU
Valery Tokarev - Rusia
1 de outubro de 2005
03:54 UTC
Soiuz TMA-7 8 de abril de 2006
23:48:00 UTC
Soiuz TMA-7 189,01
Expedición 13 Pavel Vinogradov - Rusia
Jeffrey Williams - EEUU
Marcos Pontes - Brasil
30 de marzo de 2006
02:30 UTC
4 de xullo de 2006
18:38 UTC
Soiuz TMA-8
STS-121
(Reiter)
28 de setembro de 2006
01:13 UTC
26 de decembro de 2006
Soiuz TMA-8
STS-116
(Reiter)
182,65
171,16
(Reiter)
Expedición 14 Miguel López-Alegría - EEUU
Mikhail Tyurin - Rusia
Sunita Williams - EEUU
18 de setembro de 2006
16:09 UTC
10 de decembro de 2006
01:47 UTC
Soiuz TMA-9
STS-116
21 de abril de 2007
12:31 UTC
22 de xuño de 2007
19:49 UTC
Soiuz TMA-9
STS-117
215,35
194,75
(Williams)
Expedición 15 Fyodor Yurchikhin - Rusia
Oleg Kotov - Rusia
Clayton Anderson - EEUU
7 de abril de 2007
17:31 UTC
8 de xuño de 2007
23:38 UTC
Soiuz TMA-10
STS-117
21 de outubro de 2007
10:36:00 UTC
7 de novembro de 2007
18:01 UTC
Soiuz TMA-10
STS-120
196,71
151,77
(Anderson)
Expedición 16 Peggy Whitson - EEUU
Iuri Malenchenko - Rusia
Daniel Tani - EEUU
Léopold Eyharts - Francia
Garrett Reisman - EEUU
10 de outubro de 2007
13:22 UTC
23 de outubro de 2007
15:38 UTC
7 de febreiro de 2008
19:45 UTC
11 de marzo de 2008
07:31 UTC
Soiuz TMA-11
STS-120
STS-122
STS-123
19 de abril de 2008
08:30 UTC
20 de febreiro de 2008
14:07 UTC
27 de marzo de 2008
00:40 UTC
14 de xuño de 2008
15:15 UTC
Soiuz TMA-11
STS-122
STS-123
STS-124
191,.8
119,94
(Tani)
51
(Eyharts)
94,76
(Reisman)
Expedición 17 Sergei Volkov - Rusia
Oleg Kononenko - Rusia
Gregory Chamitoff - EEUU
8 de abril de 2008
12:16 UTC
31 de maio de 2008
21:02 UTC
Soiuz TMA-12
STS-124
23 de outubro de 2008
15:37 UTC
30 de novembro de 2008
21:25 UTC
Soiuz TMA-12
STS-126
198,14
183,52
(Chamitoff)
Expedición 18 Michael Fincke - EEUU
Iuri Lonchakov - Rusia
Sandra Magnus - EEUU
12 de outubro de 2008
07:01 UTC
15 de novembro de 2008
00:55 UTC
Soiuz TMA-13
STS-126
8 de abril de 2009
07:36 UTC
28 de marzo de 2009
19:14 UTC
Soiuz TMA-13
STS-119
178,02
133,64
(Magnus)
Expedición 19 Gennady Padalka - Rusia
Michael Barratt - EEUU
Koichi Wakata - Xapón
26 de marzo de 2009
11:49 UTC
15 de marzo de 2009
23:43 UTC
Soiuz TMA-14
STS-119
11 de outubro de 2009
04:31 UTC
31 de xullo de 2009
14:48 UTC
Soiuz TMA-14
STS-127
198,70
137,63
(Wakata)
Expedición 20 Gennady Padalka - Rusia
Michael Barratt - EEUU
Continuación de parte da tripulación anterior.
Timothy Kopra - EEUU
Frank De Winne - Bélxica
Roman Romanenko - Rusia
Robert Thirsk - Canadá
15 de xullo de 2009
22:03 UTC
27 de maio de 2009
10:34 UTC
STS-127
Soiuz TMA-15
12 de setembro de 2009
01:53 UTC
1 de decembro de 2009
07:15 UTC
STS-128
Soiuz TMA-15
58,16
(Kopra)
187,86
Expedición 21 Frank De Winne - Bélxica
Roman Romanenko - Rusia
Robert Thirsk - Canadá
Continuación de parte da tripulación anterior.
Nicole Stott - EEUU
Jeffrey Williams - EEUU
Maksim Surayev - Rusia
28 de agosto de 2009
03:59 UTC
30 de setembro de 2009
07:14 UTC
STS-128
Soiuz TMA-16
27 de novembro de 2009
14:44 UTC
18 de marzo de 2010
13:24 UTC
STS-129
Soiuz TMA-16
91,45
(Stott)
169,26
Expedición 22 Jeffrey Williams - EEUU
Maksim Surayev - Rusia
Continuación de parte da tripulación anterior.
Oleg Kotov - Rusia
Timothy Creamer - EEUU
Soichi Noguchi - Xapón
20 de decembro de 2009
21:52 UTC
Soiuz TMA-17 2 de xuño, 2010
03:25 UTC
Soiuz TMA-17 163,23
Expedición 23 Oleg Kotov - Rusia
Timothy Creamer - EEUU
Soichi Noguchi - Xapón
Continuación de parte da tripulación anterior.
Alexandr Skvortsov - Rusia
Mikhail Kornienko - Rusia
Tracy Caldwell Dyson - EEUU
2 de abril de 2010
18:04 UTC
Soiuz TMA-18 25 de setembro, 2010
05:23 UTC
Soiuz TMA-18 175,47
Expedición 24 Alexandr Skvortsov - Rusia
Mikhail Kornienko - Rusia
Tracy Caldwell Dyson - EEUU
Continuación de parte da tripulación anterior.
Fyodor Yurchikhin - Rusia
Shannon Walker - EEUU
Douglas Wheelock - EEUU
15 de xuño de 2010
21:35 UTC
Soiuz TMA-19 26 de novembro, 2010
04:46 UTC
Soiuz TMA-19 163,30
Expedición 25 Douglas Wheelock - EEUU
Fyodor Yurchikhin - Rusia
Shannon Walker - EEUU
Continuación de parte da tripulación anterior.
Scott Kelly - EEUU
Alexander Kaleri - Rusia
Oleg Skripochka - Rusia
7 de outubro de 2010
23:10 UTC
Soiuz TMA-01M Marzo, 2011
00:00 UTC
Soiuz TMA-19 ~150
Expedición 26 Scott Kelly - EEUU
Alexander Kaleri - Rusia
Oleg Skripochka - Rusia
Continuación de parte da tripulación anterior.
Dmitry Kondratyev - Rusia
Catherine Coleman - EEUU
Paolo Nespoli - Italia
15 de decembro de 2010
00:00 UTC
Soiuz TMA-20 Maio, 2011
00:00 UTC
Soiuz TMA-20 ~150
Expedición 27
Expedición 28
Expedición 29
Expedición 30
Expedición 31

Investigacións na ISS[editar | editar a fonte]

Na ISS lévanse realizado diversas investigacións ó longo do seu uso. Algunhas delas:

Percepción do tempo no espazo[editar | editar a fonte]

No 2019 estanse a levar a cabo, entre outras, sobre a percepción do tempo no espazo, máis tendo conta que, por efecto relativista, e tras seis meses de estancia na ISS os astronautas Anne McClain (da NASA) , David Saint-Jacques (Axencia Espacial Canadense) e Oleg Kononenko (Roscosmos), serán 0,007 s máis novos que se tiveran permanecido na superficie terrestre.[8]

O espectrómetro magnético alfa, cazador de materia escura AMS-02 (Alpha Magnetic Spectrometer, 'dark-matter hunter AMS-02') consiste en sete instrumentos que vixían os raios cósmicos do espazo. Ten unha masa de 6918 kg e foi instalado no 2011 para a caza de novos datos que poidan revelar máis sobre a materia escura. Estaba previsto que funcionara só tres anos, pero o seu éxito operativo fixo que se estendera a súa vida útil, estando previsto que as bombas refrixeradoras (3 estragadas de catro) sexan reparadas no 2019 por Luca Parmitano.[9]

Posibilidade de supervivenza no medio interplanetario[editar | editar a fonte]

O ser humano non pode sobrevivir no espazo sen estar encapsulado, nunha nave ou co seu propio traxe. Mais estase a estudar que si hai microorganismos que poden facelo, como os tardígrados, o que apoia a teoría da panspermia.[10] O estudo exobiolóxico vese facilitado pola plataforma Bartolomé, probada durante 75 días na ICE Cube facility do módulo Columbus.

Outras[editar | editar a fonte]

Xunto coas experiencias dirixidas ó estudo do comportamento humano, hai outras diversas dirixidas ó comportamento dos materiais en ingravidez. Dentro desta categoría, as realizadas por Fluidics inclúen a formación de ondas de fluídos no espazo e o estudo da turbulencia e capilaridade en ondas (o que pode incidir en cousas como o rendemento do combustible nos cohetes).[11]

Unha lista das vinte experiencias máis relevantes pódese atopar aquí.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. esa. "International Space Station". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-08. 
  2. esa. "New research opportunities on International Space Station". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-08. 
  3. 3,0 3,1 "Human rights in space". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-03. 
  4. 4,0 4,1 "Home away from home planet". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-29. 
  5. 5,0 5,1 esa. "It takes a team". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-04-01. 
  6. "Cosmic pearl". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  7. "A flock of astronauts". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-10-06. 
  8. "Timing is everything". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-27. 
  9. "Suspended animation". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-04-16. 
  10. "Exobiology in a box". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-05-07. 
  11. "Making waves in space". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-09-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Anterior Estación Espacial Rusa:

Mir

Estación Espacial Internacional  Anterior estación espacial dos EUA

Skylab