Juan Sebastián Elcano
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 30 de novembro de 1486 Getaria |
| Morte | 4 de agosto de 1526 (Gregoriano) océano Pacífico |
| Causa da morte | Escorbuto |
| Capitán de barco | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | explorador, navegante |
| Carreira militar | |
| Rango militar | oficial da Armada |
| Comandante de (OBSOLETO) | Nao Victoria |
| Participou en | |
| 10 de agosto de 1519 | Expedición de Magalhães-Elcano |
| García Jofre de Loaysa |
|
| Familia | |
| Cónxuxe | sen valor |
| Parella | María Hernández de Hernialde María Vidaurreta |
| Fillos | Domingo de Elcano Fernandez ( N. Elcano Vidaurreta ( |
| Pais | Domingo Sebastián Elcano |
| Irmáns | Martin Perez Ochoa Martinez de Elcano Sebastián Elcano Catalina Elcano Domingo Elcano Inés de Elcano Anton Martin Elcano |
| Cronoloxía | |
| circunnavegación | |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Cano, Sebastian del |
Juan Sebastián Elcano, tamén escrito Juan Sebastián de Elcano, nado en Getaria, Guipúscoa, entre 1486 e 1487 e finado no océano Pacífico o 4 de agosto de 1526, foi un explorador español que participou na primeira expedición que deu a volta ao planeta Terra, e capitaneou os derradeiros compases desta.
Circunnavegación
[editar | editar a fonte]Esta comezara en Sevilla o 10 de agosto de 1519 con cinco naves, capitaneada por Fernão de Magalhães. O 20 de setembro partiran de Sanlúcar de Barrameda (provincia de Cádiz) coa intención de atopar o paso marítimo cara aos territorios das Indias Orientais, e buscar o camiño que, percorrendo sempre mares casteláns (segundo o Tratado de Tordesillas), chegase ás illas das especias, o que era a chamada ruta para o oeste, que xa buscara Colón.
Tras a morte de Magalhães en Filipinas en 1521 durante unha escaramuza cos indíxenas, Elcano púxose ao mando. Tiña o problema de volver a España co que quedaba da expedición, sen coñecer o camiño de volta polo Pacífico, e parecía tolemia intentalo, polo que elixiu navegar, case como un pirata, polos mares portugueses cara ao oeste, bordeando África por rutas coñecidas e con posibilidades de facer augadas. Conseguiu levar a termo a expedición, chegando a Sanlúcar de Barrameda o 6 de setembro de 1522 na nao Victoria de noventa toneladas[1], xunto con outros 17 sobreviventes. Isto constituíu o logro dunha impoñente fazaña: a circunnavegación da Terra.
O rei Carlos I de España, concedeulle como escudo unha esfera do mundo coa lenda en latín: Primus circumdedisti me ("Fuches o primeiro en me circundar").
Morreu cando participaba na expedición de García Jofre de Loaísa ás Illas Molucas.
Na súa honra, o buque escola da Armada Española leva o seu nome.
Sobreviventes da expedición
[editar | editar a fonte]Estes dezaoito homes regresaron a Sanlúcar na Vitoria en 1522 e está o letreiro posto na fachada do concello de Sanlúcar de Barrameda
| Nome | Posto |
|---|---|
| Juan Sebastián Elcano, de Getaria | Capitán |
| Francisco Albo, de Axio | Piloto |
| Miguel de Rodas | Piloto |
| Juan de Acurio, de Bermeo | Piloto |
| Antonio Lombardo (Pigafetta), de Vicenza | Sobresalinte |
| Martín de Yudícibus, de Savona | Mariñeiro |
| Hernando de Bustamante, de Mérida | Mariñeiro e barbeiro |
| Nicolás el Griego, de Nápoles | Mariñeiro |
| Miguel Sánchez, de Rodas | Mariñeiro |
| Antonio Hernández Colmenero, de Huelva | Mariñeiro |
| Francisco Rodriguez, portugués de Sevilla | Mariñeiro |
| Juan Rodríguez, de Huelva | Mariñeiro |
| Diego Carmena | Mariñeiro |
| Hans de Aquisgrán | Canoneiro |
| Juan de Arratia, de Bilbao | Grumete |
| Vasco Gómez Gallego o Portugués, de Baiona | Grumete |
| Juan de Santandrés, de Santander ou de Cueto | Grumete |
| Juan de Zubileta, de Barakaldo | Paxe |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Descubrimientos y Exploraciones. Frank Debenham. Ed. Luis de Caralt. Barcelona, 1960
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Sebastián Elcano |
