Continente


Un continente é unha grande extensión de terra que presenta algunha diferenza salientable respecto das veciñas. En xeografía pódese considerar un tipo de MUG (macro unidade xeográfica), que está establecida por criterios físico-históricos. Por isto, atopamos continentes como Europa e Asia que forman unha única extensión de terra (Eurasia) pero habitualmente son considerados de xeito separado.
O feito de que a definición de continente sexa pouco clara deu lugar á existencia de diferentes modelos, con diferente número de continentes que varía de catro a sete. Así mesmo, estes modelos foron cambiando ao longo da historia coa descuberta de novos territorios.
Na súa acepción máis estendida, a zona continental tamén inclúe as illas situadas a pouca distancias das costas continentais. Dende un punto de visto científico, os continentes inclúen as illas que se atopan nas placas tectónicas, como por exemplo a illa de Madagascar pertence a África.
Número de continentes[editar | editar a fonte]
O número de continentes pode variar segundo o modelo que se tome como referencia:
Modelos | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
4 continentes[1] | ||||||||
5 continentes [2] |
||||||||
6 continentes | ||||||||
6 continentes | ||||||||
7 continentes [3][4][5][6][7] |
||||||||
* |
Na península ibérica emprégase o seguinte modelo de seis continentes:
- África: Separado de Asia polo istmo de Suez, en Exipto, e bañado polo océano Atlántico (ao oeste) e o océano Índico (ao leste)
- América: Xeralmente considérase dividido en dous subcontinentes: América do Norte e América do Sur, e aínda América central, istmo entre os dous anteriores. Está limitado polo océano Atlántico ao leste, o océano Pacífico ao oeste, o océano Glacial Ártico ao norte e o océano Glacial Antártico no extremo sur.
- Asia: Separado claramente de África polo estreito de Suez. Os seus límites con Europa son máis imprecisos, chegando a considerarse Europa tan só como unha parte do macrocontinente Eurasia. Considerado como Eurasia, é bañado por todos os océanos do planeta.
- Europa: Porción de Eurasia, considerado un continente debido ás súas características históricas que o diferencian claramente de Asia.
- Oceanía: Continente que abrangue Australia e os milleiros de illas espalladas polo océano Pacífico. Os seus límites con Asia non están moi definidos.
- Antártida: Extensa porción de terra que ocupa a parte máis meridional do planeta. Está rodeada polo océano Glacial Antártico.
Superficie e poboación[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa recolle os datos de superficie e poboación de cada continente empregando o modelo de setes continentes, ordenados de maior a menor por superficie.[8]
Continente | Superficie (km²) | Porcentaxe da superficie terreste |
Poboación (2013) | Porcentaxe da poboación total |
Densidade Persoas por km² |
Cidades máis poboadas (lista completa) |
---|---|---|---|---|---|---|
Asia | 43 820 000 | 29,5% | 4 298 723.000 | 60% | 98,09 | Shanghai, China |
África | 30 370 000 | 20.4% | 1 110 635.000 | 15% | 36,57 | Lagos, Nixeria |
América do Norte | 24 490 000 | 16.5% | 565 265 000 | 8% | 23,08 | Cidade de México, México |
América do Sur | 17 840 000 | 12.0% | 406 740 000 | 6% | 22,79 | São Paulo, Brasil |
Antártida | 13 720 000 | 9.2% | (Non permanente) 4.490[9] | 0% | 0.0003 | Estación McMurdo, Estados Unidos |
Europa | 10 180 000 | 6.8% | 742 452 000 | 11% | 72,93 | Moscova, Rusia |
Oceanía | 9 008 500 | 5.9% | 38 304 000 | 0.4% | 4,25 | Sydney, Australia |
O total da superficie de tódolos continentes é de 148 647 000 km², que supón o 29.1% de toda a superficie terrestre (510 067 420 km²). No 2013 estimouse que a poboación total de tódolos continentes era de 7 162 119.000.
Puntos culminantes e máis baixos[editar | editar a fonte]
Na seguinte táboa amósanse os puntos máis altos e máis baixos para o modelo de sete continentes, ordenados de maior a menor segundo os puntos culminantes.
Continente | Punto máis elevado | Altitude (m) | País ou territorio | Punto máis baixo | Altitude (m) | País ou territorio |
---|---|---|---|---|---|---|
Asia | Monte Everest | 8 848 | China e Nepal | Mar Morto | -427 | Israel, Xordania e Palestina |
América do Sur | Aconcagua | 6 960 | Arxentina | Laguna del Carbón | -105 | Arxentina |
América do Norte | Monte McKinley | 6 198 | Estados Unidos | Death Valley | -86 | Estados Unidos |
África | Monte Kilimanjaro | 5 895 | Tanzania | Lago Assal | -155 | Djibouti |
Europa | Monte Elbrus | 5 642 | Rusia | Mar Caspio | -28 | Rusia |
Antártida | Macizo Vinson | 4 892 | Territorio Antártico Británico | Montes Vestfold | -50 | Territorio Antártico Australiano |
Oceanía | Puncak Jaya | 4 884 | Indonesia | Lago Eyre | -15 | Australia |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ='continents' - Encyclopedia of World Geography, Volume 1. R. W. McColl. 2005. p. 125. ISBN 9780816072293.
- ↑ Los Cinco Continentes (Os cinco continentes), Planeta-De Agostini Editions, 1997. ISBN 84-395-6054-0
- ↑ World, National Geographic - Xpeditions Atlas. 2006. Washington, DC: National Geographic Society.
- ↑ "Continent". Encyclopædia Britannica. 2006. Chicago: Encyclopædia Britannica, Inc.
- ↑ The New Oxford Dictionary of English. 2001. New York: Oxford University Press.
- ↑ "Continent Arquivado 28 de outubro de 2009 en Wayback Machine.". MSN Encarta Online Encyclopedia 2006.. 2009-10-31.
- ↑ "Continent". McArthur, Tom, ed. 1992. The Oxford Companion to the English Language. New York: Oxford University Press; p. 260.
- ↑ ONU (ed.). "World Population Prospects, the 2012 Revision.". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2015. Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
- ↑ CIA World Factbook (ed.). "Antártida". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Continente ![]() |