Saltar ao contido

Gil González Dávila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGil González Dávila

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Gil Dávila Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1480 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Ávila, España Editar o valor en Wikidata
Morte1526 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Ávila, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador, gobernador Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica
Encyclopædia Britannica Ninth Edition (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Gil González Dávila, nado en Ávila en 1480 e finado na mesma cidade en 1526, foi un capitán, explorador e conquistador español,. Foi o xefe da expedición ao territorio das actuais Costa Rica e Nicaragua, chegando mesmo a penetrar en territorio da actual Honduras.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi criado do influente bispo Fonseca e en 1511 conseguiu o cargo de contador na Española.

En 1520 asinou unha capitulación para explorar a ruta que ía ás illas Molucas desde o istmo de Panamá, realizando a viaxe dous anos máis tarde.

En 1522 realizou a primeira expedición pola Mar do Sur desde Terra Firme, alcanzando territorios costarriqueños, na súa procura de ouro, obtendo certa cantidade, aínda que menos da esperada.[1] Na expedición percorreron a costa do Pacífico da actual Costa Rica, e visitaron os dominios de numerosos monarcas amerindios, entre eles os caciques Huetar, Chorotega, Gurutina, Orosi, Nicoya e Nicarao. Tivo que enfrontarse ao ataque do cacique Diriangén que o obrigou a retirarse cara a San Lucar (Golfo de Nicoya), e logo regresar a Panamá.

En 1523 iniciou a conquista de Nicaragua, tendo lugar un encontro entre o conquistador e o rei Nicarao.[2] O seu piloto, Andrés Niño, chegou até o actual golfo de Fonseca, que foi bautizado así en honra do bispo Juan Rodríguez de Fonseca.

En marzo de 1524 desembarcou en Honduras, cunha orde de poboamento e enfrontouse coas forzas de Hernando de Soto; fundou San Gil de Buena Vista. Indebidamente, foi acusado de usurpador por Hernán Cortés, o que motivou o seu apresamento. Enviado a México, mandouse a España como prisioneiro, onde foi logo liberado. Morreu na súa Ávila natal o 21 de abril de 1526.[3]

  1. "Gil González de Ávila" (PDF). 
  2. "Encuentro de Gil González de Ávila con Nicarao". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2013. Consultado o 28 de outubro de 2021. 
  3. Luis., Conde-Salazar Infiesta,; Manuel., Lucena Giraldo, (2009). Atlas de los exploradores españoles. GeoPlaneta. ISBN 9788408086833. OCLC 556943554. Consultado o 30 de novembro de 2018.