Saltar ao contido

Hemisferio sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Hemisferio sur, en ocre (non inclúe a Antártida).

O hemisferio sur, hemisferio austral ou hemisferio meridional é a metade da Terra ao sur do ecuador.[1][2]

A meirande parte do Hemisferio corresponde a océanos, que inclúe a maior parte do Pacífico e do Índico, a totalidade o Océano Glacial Antártico e a metade meridional do Atlántico. As masas terrestres concéntranse principalmente no continente antártico, Suramérica, gran parte de Oceanía, a parte austral de África e algunhas illas de Asia.

As estacións sucédense de forma inversa ó Hemisferio norte. O verán esténdese entre decembro e marzo, mentres o inverno faino entre xuño e setembro. Preto do 10% da poboación mundial habita neste hemisferio .

O portugués é a lingua máis falada no hemisferio sur, coa Angola, Mozambique, Timor Leste e destacando coa maior poboación do Brasil.

  1. "Definition of SOUTHERN HEMISPHERE". www.merriam-webster.com (en inglés). Consultado o 2019-02-07. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2015. Consultado o 07 de febreiro de 2019.