Yap

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yap
Flag of Yap.svg Yap State Seal.jpg
Bandeira Escudo
Localización
Mapa das illas Yap
Mapa do estado de Yap
Datos
Capital Colonia
País Estados Federados de Micronesia
Linguas
Poboación (2003) 6.300 hab.
Superficie 102 km²
Densidade
Concellos
Coordenadas 9°32′N 138°07′L / 9.533, -138.117
Maior Altura
Mapa da Illa Yap

Yap ou Wa′ab (Modelo:Lang-yap[1]) refírese a unha illa das Carolinas no Océano Pacífico occidental, no estado máis ao oeste dos Estados Federados de Micronesia. O nome "Yap" nos últimos anos sirve tamén para referirse ao Estado dentro dos Estados Federados de Micronesia, inclúe as illas principais de Yap e as súas diversas illas exteriores. A "illa" de Yap consiste en realidade en catro illas continentais moi próximas (Marbaq), Gagil-Tamil, Maap (Maap′), e Rumung, xuntas e rodeadas por un arrecife de coral común. Formaronse a partir dunha elevación da Placa Filipina, e coñécense como illas "altas" en lugar de atois. O relevo é na súa maioría outeiros ondulantes densamente cubertos de vexetación. Os pantanos de mangleiral alíñanse por gran parte da costa, aínda que hai praias nos lados norte das illas. A barreira externa de arrecifes rodea as illas, encerrando unha lagoa entre os arrecifes lindeiros e o bordo interno da barreira de arrecifes.

A cultura e tradicións indíxenas de Yap son fortes en comparación con outros estados de Micronesia, é quizais o máis tradicional dos catro estados dos Estados Federados de Micronesia.[2]

Colonia é a capital do Estado de Yap, a súa administración inclúe as illas principais de Yap e as illas veciñas de Yap, as illas veciñas e as illas exteriores unhas 130 (na súa maioría atois) chegan ata uns 800 km. ao leste e o sur das illas principais de Yap, son, os atois de Eauripik, Élato, Faraulep, Gaferut, Ifalik, Lamotrek, Ngulu, Olimarao, Piagailoe (West Fayu), Pikelot, Sorol, Ulithi, e Woleai, así como as illas de Fais e Satawal (véxase o mapa). Historicamente, existía un sistema tributario entre as illas veciñas e as illas principais de Yap. Probablemente relacionado coa necesidade de que as mercancías procedían das illas altas, incluídos os alimentos, así como a madeira para a construción de buques para a navegación marítima.

A poboación do estado en 2010 era de 11.377 habitantes, a suma de Colonia e os outros dez concellos. O estado ten unha superficie total de 102 km².[3]

A poboación de 2003 era de 6.300 en Colonia e outros dez concellos. O estado ten unha superficie total de 102 km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

Xeral[editar | editar a fonte]

O grupo está formado por catro grandes illas volcánicas unha decena de pequenos illotes de coral, que se atopan preto un do outro e rodeados dun arrecife común en forma de cuña. As catro illas principais son:

  • Yap (a illa principal do arquipélago) (56´15 km²)
  • Gagil-Tomil (28´82 km²)
  • Maap (10´64 km²)
  • Rumung (4´30 km²)

As dez illas restantes

  • Bileegiliy (Ruul)
  • Biy (Tamil Harbor)
  • Dilmeet (Maap)
  • Fangaamat (Ruul)
  • Garim (Sur)
  • Paakeal (Tamil Harbor)
  • Qaelik (Sur) (rocha)
  • Ruunguch (Maap)
  • Taraang (Tamil Harbor)
  • Mitheathow (antes Gagil)

teñen unha superficie de só 0´24 km².

As illas habitadas do grupo son de orixe volcánico, montañosas, boscosas e habitadas nas rexións costeiras. As outras illas de Yap son todas pequenas illas de coral planas e deshabitadas. O arrecife que rodea inclúe unha lagoa de 26 km².

A situación das illas[editar | editar a fonte]


Modelo:All Coordinates

Nome Coordenadas superficie (km²) Poboación
Yap 09°30′45″N 138°05′34″L / 9.51250, -138.09278 56 6.000
Gagil-Tomil 09°32′36″N 138°09′57″L / 9.54333, -138.16583 29 1.670
Maap 09°35′38″N 138°09′57″L / 9.59389, -138.16583 11 590
Rumung 09°37′12″N 138°09′18″L / 9.62000, -138.15500 4 125
Bileegiliy 09°29′35″N 138°06′07″L / 9.49306, -138.10194 ... 0
Fangaamat 09°29′27″N 138°06′00″L / 9.49083, -138.10000 ... 0
Garim 09°27′07″N 138°04′37″L / 9.45194, -138.07694 ... 0
Biy 09°31′09″N 138°08′12″L / 9.51917, -138.13667 ... 0
Taraang 09°31′38″N 138°07′54″L / 9.52722, -138.13167 ... 0
Paakeal 09°31′53″N 138°07′44″L / 9.53139, -138.12889 ... 0
Dilmeet 09°36′57″N 138°10′33″L / 9.61583, -138.17583 ... 0
Ruunguch 09°34′51″N 138°08′43″L / 9.58083, -138.14528 ... 0
Qaelik 09°26′31″N 138°03′43″L / 9.44194, -138.06194 ... 0
Mitheathow 09°33′46.3″N 138°11′51.3″L / 9.562861, -138.197583 0,00064 0

O illote Mitheathow, que atópase, de acordo cos mapas antigos, a poucos metros da costa noreste de Gagil-Tomil aparece nas imaxes de satélite actuais logo do crecemento do mangleiral como unida con Gagil.

Historia[editar | editar a fonte]

Transporte da pedra do diñeiro á illa de Yap (1880)

O primeiro avistamento rexistrado de Yap polos europeos produciuse durante a expedición española de Álvaro de Saavedra en 1528. O seu avistamento tamén foi rexistrado pola expedición española de Ruy López de Villalobos o 26 de xaneiro 1543, que os identificou como Los arrecifes ("os arrecifes").[4][5][6] En Yap, a expedición de Villalobos recibiu o mesmo saúdo sorprendente, que xa recibiran previamente na Illa Fais dos nativos que achegáronse aos barcos en canoas "Buenos días Matelotes!" ("Bos días mariñeiros!") en perfecto español do século XVI evidenciando a anterior presenza dos españois na zona. O relato orixinal desta historia inclúese no informe que o agostiño Frei Jerónimo de Santisteban, que viaxa coa expedición de Villalobos, escribiu para o vicerrei de Nova España, mentres estaba en Kochi durante a viaxe de regreso.[7] Yap tamén apareceu nos mapas españois como Los Garbanzos (os garavanzos en español) e Gran Carolina.

Desde o século XVII ata 1899, Yap foi unha colonia española dentro da Capitanía Xeral das Filipinas. O españois utilizaron a illa de Yap como prisión para os capturados durante a Revolución filipina.[8]:204–212 Despois da derrota contra os Estados Unidos en 1898 e a conseguinte perda das Filipinas, España vendeu estas illas e as súas outras posesións menores do Pacífico a Alemaña.

Yap foi un importante centro de comunicacións navais Alemán antes da Primeira Guerra Mundial e un importante centro internacional de telegrafía por cable, con ramificacións a Guam, Shanghai e Manado (costa norte de Sulawesi). Foi ocupada polas tropas xaponesas en setembro de 1914, e pasaron a estar baixo o imperio xaponés polo Tratado de Versalles en 1919 como un territorio baixo mandato supervisado pola Sociedade de Nacións. Os dereitos comerciais de Estados Unidos na illa asegurados por un tratado especial entre EEUU e Xapón neste sentido, concluíron o 11 de febreiro de 1922.[9]

Na Segunda Guerra Mundial, os xaponeses, mantiveron Yap xa que foi unha das illas pasadas por alto polos EE.UU. na estratexia "de illa en illa", malia que foi bombardeada regularmente por barcos e avións de EE.UU., os bombardeiros xaponeses baseados en Yap si fixeron algún dano a cambio. A guarnición xaponesa comprendía 4.423 homes do EIX baixo o mando do Coronel Daihachi Itoh e 1.494 homes da AIX.[10]

Ao final da Segunda Guerra Mundial, Yap foi ocupada polos vencedores militares EE.UU.. Os EE.UU. a mantiveron como ao resto das illas Carolinas como un fideicomiso en virtude dun mandato das Nacións Unidas (o "Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico") ata 1986. Nese ano, Yap, Truk, Estado de Pohnpei e Kosrae formaron a nación independente dos Estados Federados de Micronesia. Baixo un Tratado de Libre Asociación cos Estados Unidos, os cidadáns de Micronesia e as mercancías poden entrar nos EE.UU., con poucas restricións.

Un Corpo de Paz americano esta activo en Yap desde 1966. Outras organizacións sen ánimo de lucro con sede en Estados Unidos, teñen unha presenza continua tanto en Yap como nas súas illas periféricas, para reducir as disparidades e as desigualdades no estado.

Cultura[editar | editar a fonte]

Diñeiro de pedra[editar | editar a fonte]

Un gran exemplo (aproximadamente 2´40 metros de altura) de diñeiro de pedra (Rai) yapes na vila de Gachpar

Yap é coñecida polo seu diñeiro de pedra, coñecido como Rai, gran pedra en forma de rosquilla, discos tallados de clacita (polo xeral), de ata 4 m de diámetro e un peso de cinco toneladas (a maioría son moito máis pequenos). O máis pequeno pode ter 3´5 cm. de diámetro.[11] Hai cinco tipos principais de moedas: Mmbul, Gaw, Fe' ou Rai, Yar, e Reng, este último só de 0´3 m de diámetro. Moitas delas traidas doutras illas, como a distante Nova Guinea, pero a maioría chegaron en tempos antigos desde Palau. O seu valor baséase no tamaño tanto da da pedra como da súa historia. Por exemplo, cunha moeda de 10 centímetros pódese comprar un porco, cunha de catro metros, pódese adquirir todo un poboado. Os habitantes da zona coñecen o nome e a historia de todos os propietarios das grandes pedras. Historicamente os yapeses valoraron os discos xa que o material parécese ao cuarzo, e estes eran os obxectos máis brillantes dispoñibles. Co tempo as pedras convertéronse en moeda de curso legal e eran ata obrigatorio nalgúns pagos.[12]

O valor das pedras mantense alto debido á dificultade e os riscos involucrados na obtención dos mesmos. Para sacar as pedras da canteira, aventureiros yapeses tiñan que navegar a illas distantes e facer fronte aos habitantes locais que ás veces eran hostís. Unha vez extraídas, os discos tiñan que ser transportado de volta a Yap en balsas remolcadas detrás de canoas impulsadas por velas. A escaseza dos discos, e o esforzo e o perigo necesario para conseguilos, fíxoas valiosas para os habitantes de Yap.

En 1874, un emprendedor irlandés, un capitán de barco estadounidense chamado David O'Keefe tivo a idea de importar "diñeiro" en forma de cargamentos de grandes pedras, tamén de Palau. O'Keefe logo negociou con estas pedras cos yapeses para mercar outras materias primas como o cogombro de mar e copra. Na película de 1954 A súa maxestade dos mares do sur Burt Lancaster interpreta o papel do capitán.[13] Malia que algunhas das pedras O'Keefe son máis grandes que as pedras transportadas en canoa, son menos valiosa que a pedras anteriores debido á relativa facilidade coa que se obtiveron.

Como non se producen ou importan máis discos, esta oferta de diñeiro é fixa.[14] Os insulares saben que é o dono da peza, pero non se move necesariamente cando cambia de propiedade. O seu tamaño e peso (as máis grandes requiren de 20 homes adultos para levala) fan moi difícil movelas. Aínda que hoxe en día o Dólar estadounidense é a moeda utilizada para as transaccións cotiás en Yap, os discos de pedra aínda se utilizan para o intercambios máis tradicionais ou cerimoniais. Os discos de pedra poden cambiar a propiedade durante o matrimonio, as transferencias de títulos de propiedade, ou como compensación polos danos sufridos pola parte prexudicada.[15]

Estruturas habitables[editar | editar a fonte]

Hai tres tipos de edificios tradicionais en Yap. O "tibnaw" é unha casa familiar e ten un teito de palla tecida (follas de palma secas). No interior, hai unha sala aberta sen lavabo. As cociñas son estruturas (Tang) separadas fóra da casa.[16]

O "faluw" é a "casa dos homes", estes edificios foron construídos na costa, con fácil acceso ao mar. Antes da Primeira Guerra Mundial, as mulleres eran secuestradas e levadas ao faluw. Hoxe en día esta práctica xa non se produce. As mulleres consideraban que era un honor ser elixida para o faluw, xa que só as mulleres máis belas eran levadas alí. Estas mulleres chamábanse "mispil" (muller residente) do faluw. A medida que a cultura da illa foi cada vez máis influenciada polo resto do mundo e os seus puntos de vista sobre a prostitución, esta práctica terminou.[16]

A máis grande dos tres tipos é o "p'ebay ", un lugar que sirve para unir a comunidade, para escola, bailes ou reunións. Do mesmo xeito que en todas as estruturas en Yap, é necesario obter permiso antes de entrar. Hai algunhas casas dos homes nas que se permite entrar á mulleres, con todo, a xente debe pedir sempre permiso.

Lingua e etnicidade[editar | editar a fonte]

O yapés pertence á linguas austronesias, máis concretamente, ás linguas oceánicas. Yap foi inicialmente poboada por antigos emigrantes da península de Malaisia, o arquipélago de Indonesia, Nova Guinea e as Illas Salomón. Os habitantes das illas veciñas son descendentes de colonos da Polinesia,Modelo:Cn e como tal, existen diferenzas étnicas significativas na poboación das illas principais de Yap. A súa cultura e os idiomas (Ulithian e Woleaian) están estreitamente relacionados cos das illas exteriores de Chuuk.

Estrutura de estilo tradicional co diñeiro de pedra, mostra unha gran riqueza. As primeiras pedras foron extraídas de Palau e levadas por canoa a uns 450 km.

Navegación[editar | editar a fonte]

Os yapeses e os habitantes das illas veciñas, foron uns dos navegantes máis recoñecidos no Pacífico. Os mariñeiros yapeses viaxaban distancias fenomenais en canoas, sen a axuda de compás, navegaban polas estrelas e os patróns das ondas do mar, utilizando técnicas de Micronesia e da navegación polinesia. Durante os tempos pre-coloniais, o pobo da illa de Yap estableceu un imperio e dominaron sobre as illas veciñas que agora forman o Estado de Yap. A partir do século XIX, Yap foi colonizada polos españois, alemáns e xaponeses consecutivamente.

Estrutura social[editar | editar a fonte]

A sociedade de Yap baséase nun moi complexo "sistema de castas" que ten polo menos sete niveles de rango. Historicamente, o rango da casta dunha vila enteira podía aumentar ou diminuír en comparación con outras vilas en función de como lles ía nas guerras entre as aldeas. Os pobos gañadores subían de rango como parte do acordo de paz, mentres que os pobos perdedores terían que aceptar unha diminución de rango. En moitos casos requiríase que os pobos máis baixos no rango renderan homenaxe aos pobos de maior rango. Ademais, podían impoñerse tabús dietéticos aos pobos de rango inferior, é dicir, que poderían ter prohibidas determinadas colleitas e comer os mellores peixes e animais do mar. Ademais, dentro de cada vila cada familia tiña o seu propio rango.

Ata a chegada dos colonizadores alemáns, o sistema de clasificación de castas era fluída e os rangos das vilas e as familias cambiaban como consecuencia dás intrigas e guerras entre aldeas. A principios do século XX, a administración colonial alemá "pacificou" Yap e fixo cumprir a prohibición de conflitos violentos. A clasificación moderna de castas de cada vila en Yap, polo tanto segue sendo a mesma que era cando os alemáns conxelaron o sistema no lugar. A conxelación deixou ás vilas de Teb, Gachpar, e Ngolog hoxe en día os municipios de Tamil, Gagil e Rull, respectivamente, no rango máis alto.

Clima[editar | editar a fonte]

Datos climáticos para Yap
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 33 34 34 35 35 34 34 36 34 34 34 36 36
Media máxima en °C 30,1 30,2 31,1 31,2 30,9 30,7 30,6 30,8 30,9 30,9 30,4 30,7 30,7
Media diaria en °C 26,8 26,9 27,5 27,6 27,3 27,1 27,1 27,1 27,2 27,3 27,1 27,2 27,2
Media mínima en °C 23,5 23,5 24,0 24,1 23,8 23,6 23,4 23,4 23,5 23,7 23,8 23,7 23,7
Temperatura mínima en °C 19 19 19 19 18 19 18 19 19 17 18 17 17
Precipitación media mm 186,2 151,9 151,4 146,3 230,1 322,3 369,3 386,1 343,2 304 230,4 228,3 3 049,5
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 16,8 13,4 13,7 12,6 17,1 20,2 21,2 20,9 19,3 20,1 18,7 17,6 211,6
Humidade relativa media (%) 82 81 80 79 81 83 84 84 84 84 83 83 82,3
Media de horas de sol mensuais 210,8 211,9 251,1 255,0 244,9 201,0 189,1 176,7 180,0 170,5 192,0 198,4 2 481,4
Fonte #1: Weatherbase[17]
Fonte #2: Hong Kong Observatory (sun, precipitation 1961-1990)[18]
Mvey0290.jpg

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Yap". Yapese Dictionary: English Finderlist. Updated 15 June 2012. Retrieved 25 November 2013.
  2. Mary B. Dickenson (ed.). National Geographic Picture Atlas of Our World. National Geographic Society. p. 235. ISBN 0-87044-812-9. 
  3. "FSM Population". Fsmgov.org. Consultado o 2012-06-15. 
  4. Coello, Francisco (1885). "Conflicto hispano-alemán". Boletín de Sociedad Geográfica de Madrid (Madrid) 19: 233–234, 238, 282. 
  5. Brand, Donald D. (1967). The Pacific Basin: A History of its Geographical Explorations. New York: The American Geographical Society. p. 123. OCLC 361174. 
  6. Sharp, Andrew (1960). The discovery of the Pacific Islands. Oxford: Clarendon Press. p. 28. 
  7. Colección de documentos inéditos del Archivo de Indias v. Madrid. 1866. pp. 117–209. , vol.xiv (Madrid, 1870), pp.151-65.
  8. Alvarez, Santiago V. (1992). Recalling the revolution: memoirs of a Filipino general. Madison, WI: University of Wisconsin, Center for Southeast Asian Studies. ISBN 1-881261-05-0. 
  9. Text in League of Nations Treaty Series, vol. 12, pp. 202-211.
  10. Takizawa, Akira; Alsleben, Allan (1999–2000). "Japanese garrisons on the by-passed Pacific Islands 1944-1945". Forgotten Campaign: The Dutch East Indies Campaign 1941-1942. 
  11. Gillilland, Cora Lee C. (1975). The Stone Money of Yap. A Numismatic Survey. (Smithsonian Studies in History and Technology 23). Washington, DC: Smithsonian Institution Press. p. 75. 
  12. Goldberg, Dror. "Famous Myths of 'Fiat Money'", Journal of Money, Credit and Banking 2005, 957-967
  13. Modelo:Cite AV media
  14. Washington Post, 1984.
  15. Buchanan, Neil H. "Dorf on Law". Consultado o 21 November 2015. 
  16. 16,0 16,1 Engle, Tim; Orr, Francine. "Yap Facts – A Primer on Yapese Culture". The Kansas City Star. Consultado o 2014-08-09. 
  17. "Weatherbase: Historical Weather for Yap, Federated States of Micronesia". Weatherbase. Consultado o December 13, 2012. 
  18. "Climatological Information for Yap, Pacific Islands, United States". Hong Kong Observatory. Consultado o December 13, 2012. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yap