Samoa Americana
Coordenadas: 14°18′S 170°42′O / -14.3, -170.7
American Samoa Samoa Americana | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
![]() | |||
Lema: Samoa, Muamua Le Atua (Galego: Samoa, Deus é o primeiro) | |||
Himno: [[The Star-Spangled Banner, Amerika Samoa]] | |||
Capital • Poboación | Pago Pago (de facto) Fagatogo (sede do goberno)1 42.000 | ||
Cidade máis poboada | Tafuna | ||
Linguas oficiais | Inglés e samoano | ||
Forma de goberno | Territorio dependente | ||
Joe Biden (D) Lemanu Peleti Mauga (D) | |||
• Data | Dos EUA 1899 | ||
Superficie | Posto 220º | ||
• Total | 199 km² | ||
• % auga | 0 % | ||
Fronteiras | 0 km km | ||
Costas | 120 km km | ||
• Total | 46,366[1] (2021 est.) hab. | ||
• Densidade | 259 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
Moeda | Dólar estadounidense (USD ) | ||
IDH | n/d | ||
Xentilicio | Samoano americano, -a | ||
Fuso horario | UTC -11 | ||
• Horario de verán | Non o aplica | ||
Dominio de Internet | .as | ||
Prefixo telefónico | +1-684 | ||
Prefixo radiofónico | Non ten | ||
Código ISO | 016 / ASM / AS | ||
Samoa Americana[2] (samoano: Amerika Sāmoa, [aˈmɛɾika ˈsaːmʊa], tamén Amelika Sāmoa ou Sāmoa Amelika) é unha colonia dos Estados Unidos no Océano Pacífico sur ao sueste do independente estado de Samoa. Está situada a 7.700 km da costa americana. En realidade o nome fai referencia ao xentilicio dos Estados Unidos, por contraposición á Samoa Alemá tras a repartición entre as potencias coloniais.
A súa localización céntrase en 14°18′S 170°42′O / -14.3, -170.7. Está ao leste da Liña de Data Internacional, mentres que Samoa está ao oeste da Liña. A superficie total é de 199 km², algo máis que Washington, D.C. Samoa Americana é o territorio máis austral dos Estados Unidos e un dos dous territorios dos Estados Unidos ao sur do Ecuador, xunto coa deshabitada illa Jarvis. Os produtos derivados do atún son as principais exportacións, e o principal socio comercial é o resto dos Estados Unidos.
Samoa Americana consta de cinco illas principais e dous atois de coral. A illa máis grande e poboada é Tutuila, coas Illas Manua, Atol Rose e Atol Swains tamén incluídas no territorio. Todas as illas, agás a illa Swains, forman parte do Arquipélago de Samoa, ao oeste das Illas Cook, ao norte de Tonga e a úns 500 km. ao sur de Tokelau. Ao oeste están as illas do grupo Wallis e Futuna. En 2021, a poboación de Samoa Americana é de aproximadamente 46.366 persoas.[1][3] A maioría dos samoanos americanos son bilingües e poden falar inglés e samoano con fluidez.[1][4]
Samoa Americana é membro da Comunidade do Pacífico desde 1983. Samoa Americana destaca por ter a taxa de alistamento militar máis alta de calquera estado ou territorio dos Estados Unidos. A partir do 9 de setembro de 2014, o U.S. Army A estación de recrutamento do exército en Pago Pago clasificouse como primeira en produción das 885 estacións e centros de recrutamento do exército baixo o Comando de recrutamento do exército dos Estados Unidos.[5]
Samoa Americana é o único territorio importante dos Estados Unidos no que a cidadanía non se concede ao nacer, e as persoas nacidas alí considéranse "non cidadáns nacionais".
Historia[editar | editar a fonte]
Habitada desde hai uns 3.000 anos, os exploradores europeos chegaron á illa no século XVIII.
As rivalidades internacionais na última metade do século XIX acougaron cun tratado de 1899 no que Alemaña e os Estados Unidos dividiron o arquipélago samoano. Estados Unidos ocupou formalmente a súa porción -un grupo máis pequeno de illas orientais coa coñecida rada de Pago Pago- ao ano seguinte. As illas occidentais son agora o estado independente de Samoa.
A armada estadounidense construíu unha estación carboeira na baía de Pago Pago para a escuadra do Pacífico, nomeou a un secretario local e asegurou un Documento de Cesión de Tutuila en 1900 e un Documento de Cesión de Manua en 1904. Durante a segunda guerra mundial os infantes de mariña norteamericanos en Samoa Americana, superiores á poboación local, tiveron unha enorme influencia cultural.
Tras a segunda guerra mundial, un intento do Departamento do Interior norteamericano no Congreso por pasar á Acta Orgánica 4500 para a incorporación de Samoa Americana, foi derrotada co esforzo dos xefes samoanos americanos liderados por Tuiasosopo Mariota, e estes esforzos levaron á creación dunha lexislación local, a Fono de Samoa Americana. Á vez que o gobernador naval foi nomeado, foi substituído por un gobernador elixido localmente. Aínda que tecnicamente considerada "desorganizada" en que o Congreso norteamericano non pasou un Acta Orgánica para o territorio, Samoa Americana ten goberno propio baixo unha constitución que se fixo efectiva o 1 de xullo de 1967. O territorio estadounidense de Samoa Americana está na lista de territorios sen goberno propio das Nacións Unidas, unha lista da que o país discrepa.
Parque Nacional
En 1988, o Congreso dos Estados Unidos creou o Parque Nacional Samoa Americana para protexer á flora e fauna local.
Xeografía[editar | editar a fonte]
As illas ocupan unha área total de 199 km² repartida en cinco illas volcánicas de escarpadas montañas e estreitas chairas na costa, e dous atois de coral.
O clima é tropical, moderado polos ventos alisios do sueste. Non hai moita variación estacional de temperatura. A época de choivas é de novembro a abril, con posibilidade de furacáns de decembro a marzo, e a época seca é de maio a outubro.
Illas[editar | editar a fonte]
As illas, de oeste a este, son:
- Tutuila, a máis grande, co porto natural de Pago Pago, a capital.
- Aunu'u, illote preto de Tutuila.
- Illas Manua, grupo de illas:
- Atol Rose
- Swains, atol situado ao norte, xeograficamente no arquipélago de Tokelau.

Poboación[editar | editar a fonte]
A poboación é de 57.902 habitantes (xullo 2004). Étnicamente un 89% son polinesios samoanos, 4% Tonganos e 2% de orixe europea.
A maioría da xente é bilingüe en inglés e samoano.
Notas[editar | editar a fonte]
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "American Samoa". The World Factbook. CIA. Consultado o 30 de agosto de 2019.
- ↑ "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016.
- ↑ "U.S. nationals born in American Samoa sue for citizenship". NBC News. Associated Press. 28 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2018. Consultado o 1 de outubro de 2018.
- ↑ 2010 American Samoa Demographic Profile Data, U.S. Census Bureau.
- ↑ "Local US Army recruiting station ranked #1 in the world – Samoa News". Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 10 de marzo de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Samoa Americana ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- AmericanSamoa.gov – páxina oficial do goberno
- Samoan Bios Arquivado 22 de maio de 2019 en Wayback Machine.
- Samoa Americana en Curlie (en inglés)
Wikimedia Atlas de American Samoa.
- NOAA's National Weather Service – American Samoa