Polinesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPolinesia

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 16°51′11″S 148°24′19″L / -16.852961, 148.40522Coordenadas: 16°51′11″S 148°24′19″L / -16.852961, 148.40522
Poboación
Poboación2.228.747 Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor em Wikidata

A Polinesia -do grego moitas (πολυ, poli) illas (νησα, nisa)- é un conxunto de illas que fican no leste e sur do océano Pacífico. Son basicamente as illas Cook, a illa de Pascua, Pitcairn, Samoa, Tahití, Tuvalu e Hawai.

Tradicionalmente a Polinesia forma un triángulo, con esquinas en Hawai, Nova Zelandia e a illa de Pascua. As illas Samoa, Tonga e a Polinesia francesa constitúen os outros principais grupos de illas. As Kiribati, nas que a xente é cualificada de micronesios, esténdense igualmente ata a Polinesia (illas da Liña).

Os Polinesianos falan linguas austronesias, coñecidas coma linguas malaio-polinesias. Culturalmente, a Polinesia divídese en dúas partes distintas: a Polinesia do leste e a Polinesia do oeste.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Xeograficamente e simplificando, Polinesia pode describirse como triángulo de 30 millóns de km², coas súas esquinas en Hawai, Nova Zelandia e a illa de Pascua. Os demais grupos principais de illas situados dentro do triángulo polinesio son as illas de Samoa, Tonga, e as cadeas de illas Cook e a Polinesia Francesa. Fóra deste gran triángulo está Tuvalu. Hai tamén enclaves de poboación polinesia en Papúa Nova Guinea, illas Salomón e Vanuatu.

Hai dous tipos principais de illas: as chairas de formación coralífera, como Tahití; e as elevadas, de formación volcánica, como Hawai.

As illas forman unha rexión do mundo onde se atopan unha cultura que xera soños: os bailes da Hula Hula e a Haka, as saias de herba, a vida tribal e a xente amorosa.

Grupos de illas[editar | editar a fonte]

As seguintes son illas e grupos de illas, xa sexan nacións ou territorios de ultramar das antigas potencias coloniais, que son de cultura nativa Polinesia ou onde as evidencias arqueolóxicas indican asentamentos polinesios no pasado.[1] Algunhas illas de orixe polinesia quedan fóra do triángulo xeral que xeograficamente define a rexión.

Área central[editar | editar a fonte]

País ou dependencia Notas
Samoa Americana Samoa Americana Territorios non incorporados e territorios non organizados dos Estados Unidos. Administrados pola Office of Insular Affairs, US Department of the Interior.
Illas Cook Illas Cook Estado autónomo en libre asociación con Nova Celandia
Illa de Pascua Provincia e territorio especial do Chile
Polinesia Francesa Polinesia Francesa País de ultramar, unha colectividade de Francia
Hawai Hawai Un estado dos Estados Unidos
Nova Zelandia Nova Zelandia Nación Independente
Niue Niue Estado autónomo en libre asociación con Nova Celandia
Illa Norfolk Un Territorio Externo Australiano
Illas Pitcairn Un Territorio Británico de Ultramar
Samoa Samoa Nación Independente
Tokelau Dependencia de ultramar de Nova Zelandia
Tonga Tonga Nación Independente
Tuvalu Tuvalu Nación Independente
Wallis e Futuna Wallis e Futuna Colectividade de Francia
Rotuma Dependencia de Fidxi


As Illas Fénix e as Illas da Liña, a maioría das cales forman parte de Kiribati, son illas xeograficamente polinesias, pero non tiñan asentamentos permanentes ata a colonización europea.

Separadas[editar | editar a fonte]

Melanesia[editar | editar a fonte]
Micronesia[editar | editar a fonte]
Illas Subantarticas[editar | editar a fonte]

Poboamento[editar | editar a fonte]

Moais en Rano Raraku, Pascua.

A historia rexistrada de Polinesia é unha de máis recentes, comparadas ao resto do mundo. Os antepasados dos polinesios, provenientes de Indonesia, autores da cultura lapita.[6], migraron primeiro por Melanesia ata desenvolver unha cultura de grandes viaxes nas súas piraguas dobres. Entre os anos 1600 a. C. e 1200 a.C. desprazáronse desde lugares como o Arquipélago Bismarck [7], Vanuatu [8] e Nova Caledonia, ata Samoa, Fidxi e Tonga.

O poboamento de Polinesia iniciouse arredor do 1000 a. C. a partir de Samoa, verdadeiro centro de dispersión da cultura polinesa. Desde alí ocuparon as illas Cook, Tahití e Tuamotu e arribaron ás illas Marquesas no século III; a Hawai e Pascua entre o século IV e o século VI. A partir de Tahití, arribaron a Nova Zelandia desde o século VIII.

As culturas e as civilizacións de Polinesia e as illas do Pacífico foron coñecidas por Asia, África continental e Europa logo da colonización de América. É probabel en cambio que os indíxenas peruanos comerciaran cos polinesios das Marquesas ou outras illas. Os cronistas españois Sarmiento de Gamboa, Martín de Murúa e Miguel Cabelo de Balboa durante a conquista recolleron un relato sobre que, Túpac Yupanqui, estando na costa tería coñecemento dunhas illas afastadas, decidindo ir en pos delas. Alistado unha gran frota de balsas, partiría cara a unhas illas chamadas Ninachumbi e Auachumbi que estarían situadas na Polinesia, posiblemente nas illas Marquesas ou ata Mangareva (Ver: Peruredes), o que pode explicar que o camote (Ipomoea batatas), planta americana, chegase de xeito temperán ata Nova Zelandia. Tamén é posible que haxa contactos precolombianos entre Pascua e a costa de Chile. Investigadores da Universidade de Auckland e a Universidade de Chile, dirixidos por Elizabeth Matisoo-Smith, encotraron na costa chilena -provincia de Arauco- ósos de polo precolombianos, que segundo probas de carbono radioactivo datan do século XIV, e comprobaron que as secuencias de ADN dos ósos coiciden coas de galiñas polinesias de Tonga, de fai 2000 anos. Cando o conquistador Pizarro chegou ao Perú en 1532 informou que os incas usaban galiñas como parte das súas cerimonias relixiosas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Islands that were uninhabited at contact but which have archaeological evidence of Polynesian settlement include Norfolk Island, Pitcairn, New Zealand's Kermadec Islands and some small islands near Hawaii.
  2. O'Connor, Tom (September–October 2004) "Polynesians in the Southern Ocean: Occupation of the Auckland Islands in Prehistory". New Zealand Geographic 69: 6–8
  3. Anderson, Atholl J. and O'Regan, Gerard R. (2000) "To the Final Shore: Prehistoric Colonisation of the Subantarctic Islands in South Polynesia", pp. 440–454 in Australian Archaeologist: Collected Papers in Honour of Jim Allen Canberra: Australian National University.
  4. Anderson, Atholl J. and O'Regan, Gerard R. (1999) "The Polynesian Archaeology of the Subantarctic Islands: An Initial Report on Enderby Island". Southern Margins Project Report. Dunedin: Ngai Tahu Development Report
  5. Anderson, Atholl (2005). "Subpolar Settlement in South Polynesia". Antiquity 79 (306): 791–800. doi:10.1017/S0003598X00114930. 
  6. Ver: Clark, G.; A. Anderson and T. Vunidilo 2000 The archaeology of Lapita dispersal in Oceania: papers from the 4th Lapita conference, Canberra: Pandanus Books, 15-23.
  7. Allen, J. 1984 "In Search of the Lapita Homeland: Reconstructing the Prehistory of the Bismarck Archipelago"; Journal of Pacific History 19 (4): 186-187.
  8. Stone, Richard 2006 "Graves of the Pacific's First Seafarers Revealed"; Science Magazine 312 (5772): 360

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.