Estrabón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrabón
Strabo.jpg
Estrabón, Στράβων (gravado do século XVI)
Nacemento 64 ou 63 a.C.
Lugar Amaseia (actual Amasia, Turquía)
Falecemento 24 d.C.
Lugar Amasia
Nacionalidade grego

Estrabón (en grego: Στράβων, en latín: Strabo), nado no ano 64 ou 63 a.C. e finado no 24) d.C., foi un xeógrafo grego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia rica de Amaseia (actual Amasia, Turquía) que no tempo do seu nacemento pasara a formar parte do Imperio romano. Estudou na súa cidade natal e en Roma.

Viaxou por case todas as terras da ecúmene, chegando ata Armenia e Etiopía.

Europa segundo Estrabón coa localización das Cassitérides.

Escribiu unha Historia, continuadora da obra de Polibio, en 43 volumes, da que só se conserva un fragmento dun papiro.

A súa Geographika, que comprende 17 libros pódese considerar unha enciclopedia do coñecemento xeográfico da súa época. Consérvase completa, agás algúns fragmentos do Libro VII.

  • Os libros I e II constitúen unha longa introdución á obra.
  • Os libros III a X describen Europa, con especial atención a Grecia.
  • Os libros XI e XVII describen Asia Menor.
  • O libro XVII describe África (Exipto e Libia).

Estrabón é unha fonte esencial para coñecermos os comezos da romanización da Galia e a Península Ibérica, para esta última utilizou como fonte, sobre todo, a Posidonio, pero tamén a Asclepíades, Artemidoro e Polibio.

Estrabón é o autor antigo que máis información achega sobre Gallaecia, da que fala no capítulo III do Libro III.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]