Batumi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batumi
ბათუმი
Flag of Batumi.svg
Batumi COA.JPG
Localización
Batumi en Xeorxia
Batumi
Batumi
País Flag of Georgia.svg Xeorxia
República Autónoma Axaria
Xeografía
Altitude 3 msnm
Superficie 64,9 km2 km²
Demografía
Poboación 190.405
Densidade 2900
Outros datos
Código postal 6000-6010
Alcalde Jemal Ananidze
http://www.batumi.ge/ge/

Batumi (en xeorxiano: ბათუმი, tamén coñecido como Batum) é unha cidade costeira e capital da República Autónoma de Axaria, no sur de Xeorxia. Cunha poboación de 190.000 habitantes, é a terceira cidade máis grande e unha das cidades portuarias e comerciais máis importantes de Xeorxia. Está situada nunha zona subtropical, rica en agricultura, cultivos de froitas cítricas e té. Mentres que as principais industrias da cidade son a construción naval, procesamento de alimentos e electricidade, a maioría da súa economía xira en torno ao turismo.

Historia[editar | editar a fonte]

Historia pre-rusa[editar | editar a fonte]

Batumi atópase no lugar da antiga colonia grega da Cólquida, chamada Bathus ou Bathis - que deriva da expresión grega bathus limen ou limin bathis, topónimo que significa porto de profundidade ou porto de augas profundas.

Batumi, como Xeorxia, estibo historicamente nos marxes de grandes imperios (persas, romanos, bizantinos, árabes, mongoles, turcos e rusos), tamén vinculada ao reino armenio, e viviu como parte dun Estado unificado so unha fracción da súa existencia como nación.

Os turcos otománs a ocuparon por primeira vez durante a rexencia de Kakhaber II Vardanize de Guria (1469-1483), pero a súas forzas non se radicaron. En 1536 a conquistaron os otománs por segunda vez. Rustam Gurieli (1534-1564) recuperouna en 1564, pero os otománs regresaron pouco despois.

En 1877 tiña 5,000 habitantes e un activo porto comercial de escravos.

Imperio Ruso e URSS[editar | editar a fonte]

Hotel Hilton en Batumi.

En 1878, Batumi foi anexada polo Imperio ruso, de acordo co Tratado de San Stefano, entre o Imperio ruso e o Imperio otomán (ratificado o 23 de marzo). Pola contra, de acordo cun secreto Convenio anglo-otomán de Chipre, os británicos ían a ser autorizados a ocupar Chipre. Dende 1878 e ata 1991, ano da independencia de Xeorxia, Batumi estivo o dominio ruso e soviético.

Con posterioridade, a cidade foi declarada porto libre ata 1886. Funcionou como un centro dun distrito militar especial ata que foi incorporada no Goberno de Kutaisi o 12 de xuño de 1883. Finalmente, o 1 de xuño de 1903, co Okrug de Artvin, estableceuse como a Rexión (óblast) de Batumi, baixo o control directo do Goberno Xeral de Xeorxia.

Ao final da Primeira Guerra Mundial, co desmembramento do Imperio ruso con ocasión da Revolución Rusa, Batumi, como parte da República Democrática de Xeorxia, foi independente entre 1918 e 1921. O Exército Vermello ocupou o país, e a cidade caeu baixo dominio soviético.

Mediante o tratado entre Rusia e Turquía do 16 de marzo de 1921, as provincias de Kars e Ardahan volveron á nova República de Turquía, pero Batumi quedouse totalmente baixo o control da nova Unión Soviética. Ao acceder ao poder os bolxeviques en Moscova, o 16 de xuño de 1921 converteuse na capital da República Socialista Soviética Autónoma de Axaria dentro da R.S.S. de Xeorxia.

O 9 de abril de 1991, pozo antes do colapso da Unión Soviética, Batumi -no marco da segunda República de Xeorxia- recuperou a independencia, como a república autónoma de Axaria, dentro de Xeorxia.

Clima[editar | editar a fonte]

Datos climáticos para Batumi
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 25 26 28 32 33 36 40 37 34 31 30 28 40
Media máxima en °C 10 11 12 16 19 23 26 26 23 19 16 12 17,8
Media diaria en °C 7 7 9 12 16 20 22 22 20 16 12 9 14,3
Media mínima en °C 4 4 5 9 13 17 19 19 16 13 9 6 11,2
Temperatura mínima en °C −5 −6 −3 1 5 8 11 11 10 5 −1 −4 −6
Precipitación media mm 281 228 174 122 92 163 182 255 335 306 304 276 2 718
Media de horas de sol mensuais 99 105 126 148 199 235 214 223 201 176 125 107 1 958
Fonte #1: weatherbase.com[1]
Fonte #2: [2]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Weatherbase". Consultado o 6 de abril de 2009. 
  2. "The duration of sunshine in some cities of the former USSR" (en Russian). Meteoweb.ru. Consultado o 27 de setembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]