Saltar ao contido

Augas anóxicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As augas anóxicas son zonas de auga mariña, doce ou subterránea nas que se esgotou o osíxeno disolto e presentan condicións de forte apoxia. O US Geological Survey define as augas anóxicas (anoxic waters) como aquelas nas que a concentración de osíxeno disolto é inferior a 5 miligramos por litro.[1] Esta condición atópase xeralmente en áreas onde o intercambio de auga foi restrinxido.

Na maioría dos casos existe unha barreira física que impide que o osíxeno chegue aos niveis máis profundos[2] así como unha pronunciada densidade de estratificación, na que, por exemplo, as augas hipersalinas máis pesadas permanecen no fondo dunha conca. As condicións anóxicas poden darse se a taxa de oxidación da materia orgánica por parte das bacterias é maior que a subministración de osíxeno disolto.

As augas anóxicas son un fenómeno natural,[3] e ocorreron ao longo da historia xeolóxica. De feito, algúns propoñen que o evento de extinción nos océanos durante o Permiano - Triásico foi o resultado da extensión das condicións anóxicas. Actualmente existen condicións anóxicas no mar Báltico e noutros lugares do mundo.[4] Parece que a eutrofización estendeuse recentemente a augas anóxicas[5] e no Hood Canal do estado de Washington.[6]

No mar Báltico, a baixa taxa de descomposición en condicións anóxicas conservou os fósiles mantendo as impresións das partes brandas do corpo (Lagerstätte).

Causas humanas das condicións anóxicas

[editar | editar a fonte]

A eutrofización dos nutrientes na agricultura ou das augas residuais provocou un crecemento incontrolado de algas que cando morren se depositan no fondo e esgotan o osíxeno provocando augas anóxicas.

Ciclos diarios e estacionais

[editar | editar a fonte]

A temperatura dun corpo de auga afecta directamente a cantidade de osíxeno disolto que pode conter. Seguindo a Lei de Henry, canto máis quente sexa a auga, menos solúbel será o osíxeno. Esta propiedade leva a ciclos diarios de anoxia e ciclos estacionais. Polo tanto, as augas serán máis propensas á anoxia durante o verán.

Os ciclos diarios tamén están influenciados pola taxa de fotosíntese.[7]

Adaptacións biolóxicas

[editar | editar a fonte]

Algúns organismos son capaces de bombear osíxeno desde os niveis superiores cara aos sedimentos, outros teñen hemoglobinas específicas, movementos máis lentos e, polo tanto, unha redución da taxa de metabolismo e relacións simbióticas coas bacterias anaerobias. En todos os casos, os niveis tóxicos de H₂S dan lugar a baixos niveis de actividade biolóxica e baixos niveis de biodiversidade. [8]

Concas ou bacías anóxicas

[editar | editar a fonte]
  1. "Volatile Organic Compounds (VOCs)". www.usgs.gov; U.S. Geological Survey. Consultado o 2024-07-25.
  2. Bjork, Mats ; Short, Fred; McLeod, Elizabeth and Beer, Sven (2008). Managing Sea-grasses for Resilience to Climate Change. Volume 3 of IUCN Resilience Science Group Working Papers. Gland, Switzerland: International Union for Conservation of Nature (IUCN). p. 24. ISBN 978-2-8317-1089-1.
  3. Richards, 1965; Sarmiento 1988-B
  4. Jerbo, 1972;Hallberg, 1974
  5. "hypoxia; Misissippi; oct_jun". toxics.usgs.gov.
  6. "Section 4. Dissolved Oxygen (Hypoxia)". www.eopugetsound.org; Encyclopedia of Puget Sound (en inglés). Consultado o 2024-07-25.
  7. US EPA, REG 05 (2020-04-14). "Lake Erie Dissolved Oxygen Monitoring Program Technical Reports". www.epa.gov (en inglés). Consultado o 2024-07-25.
  8. Castro, Peter and Huber, Michael E. (2005) Marine Biology 5th ed. McGraw Hill. ISBN 0-07-250934-1

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]