Varna
| Варна (bg) | |||||
| Epónimo | Iosif Stalin | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| País | Bulgaria | ||||
| Provincia | Provincia de Varna | ||||
| Concello | Varna (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 318.737 (2024) | ||||
| Lingua oficial | lingua búlgara | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 154,236 km² | ||||
| Bañado por | Mar Negro e Lake Varna (en) | ||||
| Altitude | 38 m | ||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 575 a. C. | ||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Varna Municipality (en) | Blagomir Kotsev (2023–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 9000–9030 e 9103 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 052 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | varna.bg | ||||
Varna (en búlgaro Варна Varna) é a terceira cidade de Bulgaria, logo da capital Sofía e Plovdiv, con 329.538 habitantes en 2007[1]. Está situada na parte oriental do país, na rexión de Varna, da cal é a cabeza. É ademais un importante porto sobre o Mar Negro, e está preto do lago Varnesko (é dicir, "de Varna").
Foi rebautizada como Stalin, en honra do ditador soviético, durante un breve período entre 1949 e 1956.
Historia
[editar | editar a fonte]Arredor do ano 580 a.C., Varna foi fundada polos gregos, que a conformaron como unha colonia comercial (apoikia), co nome de Odessos. Desde un punto de vista arqueolóxico a cidade é coñecida polas necrópoles do Calcolítico, preto das cales se descubriu o máis antigo tesouro de ouro do mundo, denominado o Ouro de Varna.


Da cidade romana consérvanse ben as termas (século II d.C.), que constitúen á vez o maior sitio arqueolóxico romano de Bulgaria.
Durante a idade media búlgaros e bizantinos alternaron no control da cidade, até que foi conquistada polo Imperio Otomán no ano 1393.
O 10 de novembro de 1444, nas proximidades da cidade, librouse a batalla de Varna, contra os turcos, que desfixeron un exército de 30.000 cruzados, dirixidos polo rei Ladislau III de Polonia. Os soldados cristiáns estaban no porto á espera de seren embarcados en naves que os haberían de levar a Constantinopla, mais víronse atacados por un exército superior, formado por 120.000 otománs, baixo o mando do sultán Murad II.
Ladislau III foi morto mentres intentaba, cun xesto valoroso, capturar o sultán, obtendo así o apelativo de Warneńczyk. A conseguinte retirada do exército dos cruzados comportou a inevitábel caída de Costantinopla en mans turcas poucos anos despois.
No ano 1829 a cidade foi asediada e conquistada polo exército imperial ruso durante o prolongado asedio de Varna.
En 1962, foi sede das décimo quintas Olimpíadas mundiais de xadrez, mentres en 1969 organizou os campionatos mundiais de ximnasia rítmica.
Economía
[editar | editar a fonte]Varna é un importante centro económico de Bulgaria e do Mar Negro en xeral. As actividades produtivas máis importantes están en relación co comercio, os trasportes (a cidade está dotada dun importante porto sobre o Mar Negro e un aeroporto internacional), a industria naval e manufactureira. Xunto coa veciña cidade de Devnya, Varna forma o distrito industrial denominado Complexo Industrial Varna-Devnya, sede dalgúns dos maiores estabelecementos químicos, electrónicos e manufactureiros de Bulgaria.
O turismo é, outramente, fundamental para a economía da provincia e da cidade. Son importantes os resorts turísticos de Albena (Албена), Sabbia Dorata (en búlgaro Златни пясъци, Zlatni pyasatsi) , SS. Constantino e Helena (Константин и Елена), Riviera e moitos outros, que atraen moitos turistas do estranxeiro.
En setembro de 2004, a revista FDI declarou Varna como "cidade de Europa sudoriental do futuro", pola súa posición estratéxica, o seu crecemento económico, o rico patrimonio histórico-artístico e pola alta calidade de formación e de instrución da súa poboación.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]É a cidade é o maior centro búlgaro no Mar Negro e base da mariña do país, polo que con frecuencia é mostrada como a capital ora costeira, ora estival, de Bulgaria. Hoxe é sede dun museo naval, no que está exposto a nave-museo montada no torpedeiro Drazki.
O seu museo arqueolóxico conserva restos relativos á cultura material e á vida dos pescadores, dos campesiños e dos cidadáns de fins do século XIX e inicio do XX.
Outros importantes lugares de interese de Varna son: a catedral da Virxe, o delfinario, o xardín marítimo (obra do checo Anton Novák), as termas romanas, o mosteiro medieval rupestre dr Aladzha, a necrópole di Varna, o observatorio astronómico e o planetario.
Como curiosidade, a ponte Asparuhov, de 2 km de lonxitude, é moi coñecido por ser utilizado para a práctica do bungee jumping.
Galería fotográfica
[editar | editar a fonte]-
Mapa da cidade en 1897
-
Sede del Museo arqueolóxico
-
Praia da cidade
-
Delfinario "Festa"
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Varna |
