Constancia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 44°11′15″N 28°39′07″L / 44.18750, -28.65194

Constancia
ROU CT Constanta Flag.svg
ROU CT Constanta CoA.png
Constanta, view from mosque 3.jpg
Localización
Constanța en Romanía
Constanța
Constanța
PaísRomanía Romanía
CondadoConstanța
RexiónDobruia
Xeografía
Altitude25 msnm
Superficie124.89 km²
Demografía
Poboación283,872 (2011)
Densidade2,273 h./km²
Xentilicioconstănțean, constănțeancă
Outros datos
Código postal900xxx
AlcaldeRadu Ștefan Mazăre (PSDR)
Sitio Oficial

Constancia[1] (en romanés: Constanța, pronunciado /kon'stan.ʦa/), é unha cidade de Romanía, a máis grande do condado homónimo e a capital do distrito homónimo. Antigamente chamada Kustendje ou Tomis, acolle o porto máis grande do país, no mar Negro.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Nas inmediacións hai mananciais minerais. O mar atrae a moitos visitantes no verán. Mamaia é unha praia pechada inmediatamente polo norte.

Historia[editar | editar a fonte]

As numerosas inscripciones atopadas na cidade e a súa veciñanza mostran que Constancia atópase onde estaba situada a cidade de Tomis.

Tomis (tamén chamada Tomi) foi unha colonia grega na provincia de Escitia a beiras do mar Negro, fundada ao redor do 500 a. C. polos intercambios comerciais coas poboacións dedacios e xétas locais. Probablemente o nome deriva do grego antigo Τόμη que significa corte, sección. Segundo a Biblioteca mitolóxica de Apolodoro foi fundada por Eetes:

Ante a audacia de Medea intentou alcanzar a nave (o Argos). Medea ao velo preto asasinou ao seu irmán e despedazado arroxouno ao mar. Eetes atrasouse na persecución por recoller os pedazos do neno. Entón emprendeu o regreso e enterrou os membros rescatados nun lugar ao que chamou Tomis.
Biblioteca mitolóxica I, ix, 24

Segundo Jordanes (e despois Casiodoro), a fundadora da cidade foi unha raíña masaxeta:[2]

Trala súa vitoria contra Ciro o Grande e habendo gañado moitos botíns aos seus inimigos, a raíña Tomiris cruzou a Moesia a cal é chamada actualmente Escitia Menor -nome prestado da Gran Escitia-, e construíu na beira moésea do mar Negro a cidade de Tomi, chamada así por ela mesma.

No 29 a.C. os romanos se anexionaron desde a rexión dos odrisios ata máis aló do Danubio, baixo o nome de Limes Scythicus. No ano 8, o poeta romano Ovidio (43 a.C.-17) foi desterrado aquí por Augusto, morreu aquí oito anos máis tarde, e encomiou a cidade de Tomis nos seus poemas. Hai unha estatua de Ovidio na praza de Ovidio (Pia?a Ovidiu) de Constancia, en fronte do Museo de Historia (o antigo concello). A cidade foi despois incluída na provincia de Moesia e, desde a época de Diocleciano, en Escitia Menor, da cal foi a metrópole. Trala división do Imperio romano, Tomis caeu baixo o domino do Imperio bizantino.

Tomis foi posteriormente renomeada como Constantiana en honor de Constantia, a medio irmán de Constantino o Grande (274-337). A primeira vez que se usou o nome de Κωνστάντια («Constantia») foi en 950. A cidade estendíase cara ao mar ata a muralla de Traxano, e foi circunvalada con fortificacións. Sucesivamente formou parte do Imperio búlgaro, o principado independente de Dobrotitsa (Dobrotici) e de Valaquia baixo Mircea o Vello; Constancia caeu baixo o dominio do otomán sobre 1419.

Unha vía férrea de Constancia a Cernavodă foi aberta en 1860. Un impresionante edificio público (orixinariamente foi un edificio portuario), foi escavado, e contén substanciais restos dun dos máis longos pavimentos de mosaico do mundo. En 1878, trala guerra de Independencia romanesa, Constancia e o resto de Dobruja Setentrional foi cedida polo Imperio otomán a Romanía. A cidade converteuse no principal porto marítimo de Romanía e punto de tránsito para moitas das exportacións romanesas. En outubro de 1916, durante a Primeira Guerra Mundial Constancia foi ocupada polas Potencias Centrais (tropas alemás, turcas e búlgaras). Segundo o tratado de Bucarest de maio de 1918, artigo 10.b (tratado que nunca foi ratificado por Romanía), Constancia quedaba baixo o control das Potencias Centrais. A cidade foi liberada polas tropas aliadas en 1918 logo dunha triunfal ofensiva na fronte de Tesalónica que deixou a Bulgaria fóra da guerra.

Poboación[editar | editar a fonte]

Unha moza ataviada coas vestimentas tradicionais.

Aínda que a poboación de Constancia esta constituída principalmente por romaneses, existe unha importante diversidade étnica e tamén existen grupos, como turcos, tártaros, gregos, armenios, alemáns, arumanos.

Segundo o censo de 2002, a poboación da Cidade de Constancia (o municipio) era de 310.471. A área urbana en torno a Constancia, porén, inclúe Năvodari (cunha poboación de 32.400), Ovidiu (cunhna poboación de 13.134) e Basarabi (cunha poboación de 10.857) e os municipios de Cumpăna (cunha poboación de 12.532), Lumina (cunha poboación de 7.858 en 2004), Valu lui Traian (cunha poboación de 8.824) e Agigea (cunha poboación de 5.482), incrementándose o total da poboación da área urbana de Constancia a 401.613.

Etnicidade 1853[3] 2002[4] 2011 [5]
Total 5.204 310.471 254,693
Romaneses 279 (5.4%) 286.332 (92.2%) 230,969 (90.68%)
Tártaros 1,853 (35.6%) 8.724 (2.8%) 7,379 (2.9%)
Gregos 1.542 (29.6%) 546 (0.17%) N/A
Turcos 104 (2.0%) 9.018 (2.9%) 6,693 (2.6%)
Búlgaros 342 (6.5%) 48 (0.01%) N/A
Xudeus 344 (6.6%) 44 (0.01%) N/A
Xitanos 127 (2.4%) 2.962 (0.95%) 2,108 (0.83%)

Transporte[editar | editar a fonte]

Autovía A2 cara Constancia.
Aeroporto Código IATA Código OACI
Mihail Kogălniceanu International Airport, 1996.jpg Aeroporto Internacional Mihail Kogălniceanu CND LRCK

A inauguración, en 1895, do ferrocarril a Bucarest, o cal cruza o Danubio por unha ponte en Cernavodă, conduciu a Constancia a un considerable tránsito comercial de gran e petróleo, en gran parte exportados; carbón e coque encabezan a lista das importacións, seguidas de maquinaria, ferro, e tecidos de algodón e la.

A autovía A2, que une Constancia con Bucarest está case completada. Actualmente, vai desde Bucarest ata Fetești e está planeado inaugurar o tramo ata Constancia proximamente.

O porto de Constancia, cun faro na entrada, está ben protexido fronte aos ventos do norte, pero algúns desde o sur, sueste e suroeste provocan ás veces serios perigos. A escuadra da frota romanesa do mar Negro está estacionada aquí. Unha longa canle conecta o mar Negro, en Constancia co Danubio.

O sistema de transporte público de Constancia lévao Regia Autonomă de Transport în Común Constanța (RATC), e consta de 17 liñas de autobús, 2 liñas de tranvía e 2 liñas de trolebús. Nos anos 2000, a cidade trouxo 130 novos autobuses MAZ, para volver a empregar os envellecidos autobuses DAC. O 90% dos autobuses da frota son actualmente novos, e polo xeral están pintados en cores brillantes, como rosa, amarelo e verde.

Deportes[editar | editar a fonte]

Equipo Deporte Competición Estadio Creación
FC Viitorul Constanța Football pictogram.svg Fútbol Liga I Stadionul Farul 2009
FC Farul Constanța Football pictogram.svg Fútbol Liga II Stadionul Farul 1920

Educación[editar | editar a fonte]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Vista da zona turística en 1988.
Vista de Constancia na actualidade, co porto ao fondo.

Constancia está irmandada coas seguintes cidades:[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  2. The origin and deeds of the Goths
  3. Robert Stănciugel and Liliana Monica Bălașa, Dobrogea în Secolele VII-XIX. Evoluție istorică, Bucharest, 2005; pg. 202
  4. 2002 census results
  5. http://www.recensamantromania.ro/wp-content/uploads/2013/07/sR_TAB_3.xlsx
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o 03 de outubro de 2014.