Placa eurasiática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Placa tectónica Euroasiática

A placa eurasiática[1] é unha placa tectónica continental que abarca Eurasia, exceptuando o subcontinente indio, Arabia e parte de Siberia ao leste da cordilleira Verjoyansk.[2] Tamén inclúe a parte oriental do océano Atlántico Norte até a dorsal mesoatlántica, abarcando un territorio duns 67 800 000 km².[3] As placas coas que limita son:[2]

  • Ao norte a placa norteamericana.
  • Ao sur a placa africana, a placa arábiga e a placa indoaustraliana.
  • Ao leste a placa pacífica, a placa filipina, a placa de Ojotsk e a placa Amuria.
  • Ao oeste ten un bordo diverxente coa placa norteamericana, que dá orixe á mencionada dorsal atlántica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para eurasiática.
  2. 2,0 2,1 Strahler, Arthur N. (1992). Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 260, 338–9. ISBN 84-282-0770-4. 
  3. Agueda Villar, José A.; Anguita Virella, Francisco; Araña Silvestre, Vicente; López Ruiz, José; Sanchez de la Torre, Luis. "8". Geología (en castelán). Madrid: Rueda. pp. 212–4. ISBN 84-7207-009-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]