Lingua armenia
| Lingua armenia | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| հայերեն | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||||||||
|
Alfabeto
| |||||||||||||||||||
|
Institución de normalización
| |||||||||||||||||||
|
Caso gramatical
| |||||||||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
O armenio[1] (clásico: հայերէն; reformado: հայերեն, hayeren) é unha lingua indoeuropea falada polo pobo armenio. Ó igual que o grego, é o único representante do grupo homónimo das linguas indoeuropeas. É a lingua oficial de Armenia. Historicamente, foi falada no Planalto Armenio pero no presente tamén é falada pola diáspora armenia. Existe documentación nesta lingua desde o século V d.C., escrita nun alfabeto propio, creado no ano 405 por Mesrop Mashtots.
O armenio é unha póla independente das linguas indoeuropeas.[2] É suxeito de moito interese para os lingüistas polo seu distintivo desenvolvemento fonolóxico dentro da familia. O armenio amosa máis satemización que centumización, malia que non está clasificado dentro de ningún dos dous grupos. Algúns estudosos concluíron de xeito provisional que o armenio, o grego (Frixio), o albanés e as linguas indoiranias estaban dialectamente relacionadas unhas coas outras;[3][4][5][6] dentro desta hipótese de grupo dialectal, o protoarmenio atópase entre o protogrego (subgrupo centum) e o protoindoiranio (subgrupo satem).[7]
Armenia foi un país monolingüe entre o século II até o presente.[8] A súa lingua ten unha longa e rica historia literaria, cunha tradución da Biblia datada do século V como o seu texto supervivente máis antigo. O seu vocabulario foi influído polas linguas iranias occidentais, particularmente o parto, e en menor grao polo grego, o persa e o árabe ó longo da súa historia. Existen dúas formas literarias estandarizadas da lingua, a oriental e a occidental, que son mutuamente intelixiles.

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para armenio.
- ↑ Armenian language – Britannica Online Encyclopedia
- ↑ Handbook of Formal Languages (1997) p. 6.
- ↑ "Indo-European tree with Armeno-Aryan, exclusion of Greek". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2018. Consultado o 16 de marzo de 2017.
- ↑ Indo-European Language and Culture: An Introduction, Benjamin W. Fortson, John Wiley and Sons, 2009, p383.
- ↑ Hans J. Holm (2011): “Swadesh lists” of Albanian Revisited and Consequences for its position in the Indo-European Languages. The Journal of Indo-European Studies, Volume 39, Number 1&2.
- ↑ Hrach Martirosyan. The place of Armenian in the Indo-European language family: the relationship with Greek and Indo-Iranian. Journal of Language Relationship • Вопросы языкового родства • 10 (2013) • Pp. 85—137
- ↑ Strabo, Geographica, XI, 14, 5; Հայոց լեզվի համառոտ պատմություն, Ս. Ղ. Ղազարյան։ Երևան, 1981, էջ 33 (Concise History of Armenian Language, S. Gh. Ghazaryan. Yerevan, 1981, p. 33).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Lingua armenia |
| Vexa no Galizionario as palabras en Armenio |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Adjarian, Herchyah H. (1909) Classification des dialectes arméniens, par H. Adjarian. París: Honoro Champion.
- Clackson, James. 1994. The Linguistic Relationship Between Armenian and Greek. Londres: Publications of the Philological Society, No 30. (e Oxford: Blackwell Publishing)
- Holst, Jan Henrik (2009) Armenische Studien. Wiesbaden: Harrassowitz.
- Mallory, J. P. (1989) In Search of the Indo-Europeans: Language, Archaeology and Myth. Londres: Thames & Hudson.
- Vaux, Bert. 1998. The Phonology of Armenian. Oxford: Clarendon Press.
- Vaux, Bert. 2002. "The Armenian dialect of Jerusalem." in Armenians in the Holy Land. "Louvain: Peters.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Recursos da lingua armeniaArquivado 24 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
- O alfabeto armenio
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
