Rift

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do rift no centro dunha dorsal oceánica.

Os rifts son fosas tectónicas alongadas onde a cortiza terrestre está a sufrir diverxencia e distensións, produto da separación de placas tectónicas. Se o rift está activo, a tectónica pode producir sismos e vulcanismo recorrente. Os rifts poden ter dimensións de centenares a miles de quilómetros de lonxitude.[1]

Os rifts máis importantes son os rifts mediooceánicos que se localizan na liña mediana das dorsais mediooceánicas definindo límites diverxentes de placa; é unha excepción o Gran Val do Rift, que se acha en África Oriental, e que está a fracturar e dividir a placa africana.

Desenvolvemento dun novo océano por formación de cortiza oceánica a partir dun rift continental.

Os rifts mediooceánicos, son límites construtivos entre placas tectónicas no eixo das dorsais oceánicas, onde o ascenso de magma provoca un levantamento da cortiza continental creando un desprazamento na superficie. Desta forma pódense orixinar novos océanos, segundo a teoría da expansión do fondo oceánico, o que implica a separación de ambas masas (tectónica de placas) facendo que ambas se despracen en sentidos opostos e provocando unha ruptura continental que co tempo poden formar límites destrutivos (fosas no mar), xerando así procesos de subducción.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Strahler, Arthur N. (1992). "9". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 231–3, 280–2. ISBN 84-282-0770-4. 
  2. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.