Odesa
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2013.) |
Coordenadas: 46°28′N 30°44′E / 46.467°N 30.733°E
| Odesa Одеса (en ucraíno) |
|
|---|---|
| Porto de Odesa, un dos máis importantes da Ucraína. | |
| Situación xeográfica | |
| País | |
| Óblast | |
| Raión | Odesa |
| Xeografía | |
| Altitude | 65 msnm |
| Superficie | 236,9 km² km² |
| Poboación | |
| Poboación | 1 003 705 hab. (2011)[1] |
| Densidade | 6,141 hab/km² |
| Xentilicio | Odesita |
| Información | |
| Código postal | 65000–65480 |
| Alcalde | Alekséi Kóstusev |
| Páxina web | Sitio web oficial |
Odesa (en ucraíno: Одеса) é unha cidade costeira da Ucraína no Mar Negro. Ten o maior porto do país e é unha cidade de importancia rexional e cidade heroica dende o 1945. A cidade é a terceira do país en termos de poboación, despois de Kiev e Kharkiv (1.014.563 de habitantes o 1 de abril de 2013).
No centro da cidade ten un importante conxunto de edificios da época clásica, ademais conta co monumento ao Duque de Richelieu, as Escaleiras Potemkin e os palacios Vorontsov, Potocki, Bzhozovskoho e Naryshkin.
Odesa é unha das cidades máis antigas da Ucraína.
Índice
Símbolos[editar | editar a fonte]
Oficialmente os símbolos de Odessa aprobados son: un escudo, unha bandeira, un himno, o símbolo do alcalde, cuxa utilización é oficial para os carteis urbanos aprobados polo Concello. Ademais, a cidade ten un logotipo de turismo.
O escudo de armas é un escudo español vermello coa imaxe dunha áncora con catro patas brancas dentro. Este está enmarcado cun marco dourado decorativo e decorado arriba con tres torres. Baixo a torre está a estrela de ouro, que certifica o seu titulo de cidade heroica. O primeiro escudo foi aprobado o 22 de abril do ano 1798. A bandeira consiste nun pano rectangular dividido en tres franxas verticais, unha vermella, outra branca e a ultima amarela. No centro, na franxa branca está o escudo de armas. A última modificación da bandeira e do escudo de armas foi aprobada o 29 de abril do ano 2011.
O 5 de xuño de 2012, Artemy Lebedev publicou un libro chamado "Identidade de Odesa", no que, entre outras cousas, incluíu un logotipo de turismo , que finalmente foi adoptado como o "símbolo do turismo" da cidade de Odesa.[2]
Xeografía[editar | editar a fonte]
Odesa está situada na costa noroeste do Mar Negro, no centro do Óblast de Odesa. Gran parte da cidade está situada nunha chaira, a 50 metros sobre o nivel do mar. A altura mínima é de 4,2 m por baixo do nivel do mar e a altura máxima é de 65 m (monte Zhevakhov). A área da cidade chega a 162,42 km², a densidade de poboación é de 6.246,54 hab/km².
Infraestruturas[editar | editar a fonte]
Transporte Urbano[editar | editar a fonte]
En Odesa, hai tranvía, trolebús, autobús urbano, servizo de taxi, funicular e barco e está planificado un light-rail .
Conexións de longa distancia[editar | editar a fonte]
Nos arredores da cidade antiga está situada unha estación ferroviaria que ten as seguintes liñas: Odesa-San Petersburgo, Odesa-Cheliabinsk, Odesa-Bakú e Odesa-Berlín.
Nas aforas, a 7 km, esta o aeroporto internacional de Odesa que está ligado ás principais cidades de Europa, Asia, e Oriente Medio.
Ademais, a cidade conta con varias estacións de autobuses.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Демографічна ситуація, Чисельність населення на 1 квітня 2013 року та середня за січень–березень 2013 року Poboación de Odesa (en ucraíno).
- ↑ Артемий Лебедев подарил Одессе новый туристический логотип (фото), logo de Odesa (en ruso).