Burgas
Бургас (bg) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Bulgaria | ||||
Província da Bulgária (pt) ![]() | Burgas (pt) ![]() | ||||
Municípios da Bulgária (pt) ![]() | Burgas (en) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 210.284 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 253,644 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Negro, Lake Mandrensko (en) ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 30 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Dimitar Nikolov (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 8000–8002, 8005, 8014–8019, 8125, 8008–8012 e 8127 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 56 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | San Francisco Sarıyer Yantai (pt) ![]() Oblast de Moscovo (pt) ![]() Distrito administrativo do sudoeste (pt) ![]() Yalova (pt) ![]() Alexandrópolis (pt) ![]() Poti (pt) ![]() Aksaray (pt) ![]() Miskolc Omsk Krasnodar (1974–) Rotterdam (1976–) Homieĺ (1998–) Rijeka (2008–) Batumi (2009–) Vologda (pt) ![]() Brașov (2013–) ![]() | ||||
Páxina web | burgas.bg… ![]() |
Burgas (en búlgaro: Бургас) é unha cidade de Bulgaria, a segunda en tamaño en toda a costa do mar Negro. É tamén a cuarta en poboación do país, despois de Sofía, Plovdiv e Varna. É a capital da provincia de Burgas e do concello de Burgas e un centro turístico e industrial. Os lagos de Burgas atópanse arredor da cidade. Atópase no leste de Bulgaria e é a capital da provincia máis grande do país, cos seus 7.748'1 km².
Historia
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c6/Bronze-Alexander_Severus-Deultum_AE25_Moushmov_3583.jpg/220px-Bronze-Alexander_Severus-Deultum_AE25_Moushmov_3583.jpg)
Burgas é a sucesora da cidade grega de Pirgos (Πύργος), fundada por colonos de Apolonia como un posto militar e de observación contra Mesembria, o outro establecemento importante na rexión.Ademais de Pirgos, a cidade actual esténdese sobre a área doutro tres antigos establecementos: Kastiacion, Skafida e Rossokastron. Os primeiros habitantes da cidade eran tracios. Os arqueólogos atoparon máis de 250 obxectos relacionados coa agricultura e a obtención de sal. Son os artefactos máis antigos xamais atopados en toda a costa do mar Negro, ademais de Turquía e o Cáucaso. A 15 km ó suroeste de Burgas está a antiga cidade romana Deultum que fora unha colonia militar. Aquí construíuse un centro clínico preto das moitas augas termais da zona.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f4/Fussg%C3%A4ngerzone_in_Burgas.png/200px-Fussg%C3%A4ngerzone_in_Burgas.png)
Na Idade Media, unha pequena fortaleza chamada Pirgos (sendo Πύργος "torre" en grego) foi erixida no lugar e utilizada moi posiblemente como atalaia. Recentemente no século XVII un establecemento chamado Ahelo-Pirgas creceu na área moderna da cidade. Máis adiante foi renomeado como Bourgas. Tiña soamente uns 3.000 habitantes, a maioría deles gregos no momento da Liberación. A cidade empeza a crecer grazas ó comercio e á exportación de fariña. É no século XVII cando recibe o seu actual nome.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en búlgaro)