Óblast de Rostov
| Himno | Vskolykhnulsya, Vzvolnovalsya Pravoslavnyy Tikhiy Don (en) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Rusia | ||||
| Capital | Rostov do Don | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.137.335 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 101.800 km² | ||||
| Punto máis alto | Q133264557 | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Creación | 13 de setembro de 1937 | ||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Vasily Golubev (en) | ||||
| Órgano lexislativo | Legislative Assembly of Rostov Oblast (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 863 | ||||
| ISO 3166-2 | RU-ROS | ||||
| Identificador OKTMO | 60000000 | ||||
| Identificador OKATO | 60 | ||||
| Sitio web | donland.ru | ||||
O óblast de Rostov (en ruso: Ростовская область) é un suxeito federal de Rusia (óblast) localizado no Distrito Federal do Sur. Esta óblast sitúase no sur de Rusia, cunha área de 100.800 km² e unha poboación de 4.404.013 (censo de 2002), o cal o converte na quinta rexión máis habitada de Rusia. O centro administrativo é a cidade de Rostov do Don, que tamén se converteu no centro administrativo do Distrito Federal do Sur en 2002.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A óblast de Rostov limita con Ucraína polo nordeste, coa óblast de Volgogrado polo norte e coa óblast de Voronezh polo sur. Tamén comparte fronteiras co krai de Krasnodar, co krai de Stavropol, así como coa República de Kalmukia. Pertence á zona horaria de Moscova (UTC+4).
Orografía
[editar | editar a fonte]Parte do Río Don, un dos máis extensos de Europa, flúe polo territorio da óblast. Só un 0,4% da área está cuberta por lagos.
Demografía
[editar | editar a fonte]Dos 4.404.013 habitantes (a data de 2002), un 89% son rusos, un 2.7% ucraínos, un 2,5% armenios, un 0,64% turcos e un 0,6% belarusos. O resto divídese en porcentaxes menores entre as 157 etnias rexistradas no censo.
Economía
[editar | editar a fonte]Baséase en agricultura e industrias relacionadas, procesado de alimentos, industria pesada, carbón e manufactura de automóbiles.
Cultura
[editar | editar a fonte]Destaca a tradición de Rostov en materia musical, principalmente no xénero coral. Tamén destaca a Orquestra Filharmónica de Rostov. Durante 25 anos, celebrouse de forma anual o festival musical Don Musical Wave.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Óblast de Rostov |

