Zalpuwa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Próximo Oriente cara 1600 a.C.

Zalpuwa foi un reino Hitita que inicialmente se pensaba que estaba situado no Lago do Sal (Lago Tuz), e despois, por un texto atopado, situouse máis ao norte, na ribeira do Mar Negro. Nel era soberano despois do -1800 Ukhna, ao que sucedeu o seu fillo Huzziyas ou Khuzziya.

O reino pasou aos hititas que a conquistan con Anitta.[1] Probabelmente é preciso relacionalo coa cidade de Zalpa. Zalpuwa foi saqueada e ocupada polos kaska despois do -1400 (talvez sobre o -1390) en tempo do rei hitita Arnuwandas I.

Reis[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bernabé, Alberto; Álvarez-Pedrosa, Juan Antonio (2004). Historia y leyes de los hititas. Textos del reino medio y del reino nuevo. Colección: Akal Oriente (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 84-460-2253-2. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  1. Bernabé & Álvarez-Pedrosa (2004), p. 78