Anwar el-Sadat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Anwar Sadat»)
Anwar el-Sadat
Nacemento25 de decembro de 1918
Lugar de nacementoMit Abu al-Kum
Falecemento6 de outubro de 1981
Lugar de falecementoO Cairo
Causaferida por arma de fogo e desangramento
SoterradoUnknown Soldier Memorial
NacionalidadeSultanato de Exipto, Reino de Exipto, República do Egito, República Árabe Unida e Exipto
RelixiónSunnismo
Alma máterEgyptian Military College
Ocupaciónpolítico, oficial, estadista e diplomático
PaiMohammed Sadati
NaiSitt-Al-Barrein
CónxuxeEqbal Madi e Jehan Sadat
FillosRuqayya Sadat, Rawia Sadat, Camilia Sadat, Lubna Sadat, Nukha Sadat, Jamal Sadat e Jikhan Anwar Sadat
IrmánsAtef Sadat
PremiosPremio Nobel da Paz, Colar da Ordem de Isabel a Católica, Medalla Presidencial da Liberdade, Order of Ojaswi Rajanya, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Order of King Abdulaziz al Saud, Order of the Star of Nepal, Order of Mubarak the Great, Orde do Nilo, Order of the Republic e Financial Times Person of the Year
Na rede
http://www.anwarsadat.org
IMDB: nm0755427 Allocine: 440242
Musicbrainz: a836b6d4-1e8e-4034-8907-413332420f11 Discogs: 808083 WikiTree: El-_Sadat-1 Find a Grave: 6523229 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Anwar el-Sadat

Muḥammad Anwar as-Sādāt, en árabe, محمد أنور السادات, transcrito frecuentemente como Anwar el-Sadat ou Anwar Sadat, nado en Mit Abu l-Kum o 25 de decembro de 1918 e finado no Cairo o 6 de outubro de 1981, foi un político e militar exipcio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Sendo aínda un mozo militar participou xa en movementos políticos, como os motíns dos Irmáns Musulmáns contra a influencia occidental en Exipto e contra a monarquía de Faruq I, que a permitía. Desde 1939 uniuse a Nasser, integrándose no seu Movemento de Oficiais Libres despois da derrota na primeira guerra contra Israel (1948).

Segunda guerra mundial e ascensión política[editar | editar a fonte]

Durante a segunda guerra mundial foi acusado de colaboracionismo cos nazis para asasinar a un oficial británico pero en 1946 foi absolto de tódolos cargos. Desde que Nasser tomou o poder en 1952 Sadat foi ascendendo no seu réxime: membro do Consello da Revolución, ministro, secretario do partido único e, desde 1969, vicepresidente da República.

Ó morrer Nasser en 1970 Sadat impúxose ós seus rivais no partido e herdou o poder, así como o proxecto de nacionalismo árabe que representaba Nasser. En 1973 desencadeou un novo ataque, xunto con Siria, que sorprendeu a Israel e no que estivo a piques de triunfar. Con todo, o fracaso daquela ofensiva (a Guerra do Yom Kippur) convenceu a Sadat da conveniencia de postergar a causa da unidade árabe e da loita contra Israel, en beneficio dunha política máis realista que servise para o fortalecemento e desenvolvemento de Exipto.

Desde 1976 desvinculouse da tradicional alianza coa Unión Soviética, acercándose a Estados Unidos, do que obtivo fortes axudas económicas. En 1977 viaxou por sorpresa a Xerusalén, adquirindo o compromiso de recoñecer o estado de Israel baixo determinadas condicións. En 1978 tivo un novo encontro co Primeiro Ministro de Israel para preparar, en 1979, por mediación do presidente Jimmy Carter, a paz con Israel nos Acordos de paz de Camp David, asinados conxuntamente con Menachem Begin. Exipto foi así o primeiro país árabe en selar unha paz duradeira con Israel, o que foi interpretado en medios radicais como unha «traizón». Isto recruou a oposición ó réxime de Sadat, que se apoiaba sobre o descontento social creado pola súa política económica liberal.

Sadat recorreu á represión, especialmente contra os focos de resistencia musulmáns integristas. Foi asasinado por militares desa tendencia durante un desfile.

Anwar el-Sadat recibiu en 1978 o Premio Nobel da Paz xunto a Menachem Begin.

Predecesor:
Gamal Abdel Nasser
Presidente de Exipto
1970 - 1981
Sucesor:
Hosni Mubarak

Véxase tamén[editar | editar a fonte]