Jehan Sadat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jehan Sadat
JehanSadat.jpg
Nacemento29 de agosto de 1933
 O Cairo
NacionalidadeExipto
RelixiónIslam
Educada enUniversidade do Cairo
Ocupaciónpolítica
CónxuxeAnwar el-Sadat
PremiosTheodor Haecker Price e Pearl S. Buck Award
editar datos en Wikidata ]

Jehan Sadat[1] (en árabe: جيهان السادات Jīhān as-Sādāt ou چيهان السادات Zhīhān as-Sādāt)[2] nada no Cairo o 29 de agosto de 1933, é unha profesora exipcia.[3]

Viúva de Anwar Sadat, foi a Primeira Dama de Exipto dende 1970 até o asasinato de Sadat en 1981.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jehan Sadat, tamén deletreado Jihan, naceu como Jehan Safwat Raouf (en árabe: جيهان صفوت رؤوف Jīhān Ṣafwat Raʼūf ou چيهان صفوت رؤوف Zhīhān Ṣafwat Raʼūf) no Cairo, filla dunha familia de clase media alta dun pai cirurxián exipcio (Safwat Raouf), e unha nai profesora de música inglesa (Gladys Cotterill). A súa nai foi a filla de Charles Henry Cotterill, un superintendente de policía da cidade de Sheffield. Foi criada como musulmá de acordo cos desexos do seu pai, pero tamén asistiu a unha escola secundaria cristiá para nenas no Cairo.

Durante a súa festa de décimo quinto aniversario coñeceu ó seu futuro esposo, Anwar el-Sadat, pouco despois da súa saída do cárcere. Ela e Sadat casaron o 29 de maio de 1949, despois de diversas dúbidas e das obxeccións dos seus pais á idea de que a súa filla casase cun revolucionario sen emprego. El tiña 31 anos e Jehan tiña 15 anos e 9 meses de idade. Sadat foi posteriormente parte dos membros principais do Movemento de Oficiais Libres que levaron á revolución exipcia de 1952, a cal derrocou a monarquía de Exipto e Sudán.

Ó longo de 32 anos, Jehan foi unha esposa de apoio para a crecente carreira política do seu marido, que chegaría a converterse en presidente de Exipto. A súa traxectoria como primeira dama de Exipto serviu para cambiar a vida de millóns de persoas no seu país, e serviu como modelo para as mulleres de todo o mundo. Axudou a cambiar a imaxe do mundo das mulleres árabes na década de 1970, mentres que realizaba traballo voluntario e participaba no servizo non gobernamental en axuda ós menos afortunados.

Notas[editar | editar a fonte]