Alfabeto árabe

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Historia do alfabeto

Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV

Meroítico s. –III.
Xenealoxía completa

O alfabeto árabe é a principal escritura empregada para escribir na lingua árabe. É o alfabeto empregado no Corán, o libro sagrado do islam. A influencia do alfabeto aumentou coa expansión do islam e foi, e aínda é, empregado para escribir noutras linguas sen ningunha raíz lingüística común co árabe, como o persa e o urdú. Xeralmente é preciso engadir ou modificar certas letras para adaptar este alfabeto á fonoloxía das linguas de destino.

Estrutura do alfabeto árabe[editar | editar a fonte]

Alfabeto árabe
ه

O alfabeto árabe está composto por 28 letras básicas e escríbese de dereita a esquerda. Non hai diferenza entre as letras escritas e as impresas e non existe diferenciación entre letras minúsculas e maiúsculas. A maioría das letras únense coa seguinte, mesmo cando son impresas, e a súa aparencia cambia dependendo de se son precedidas ou seguidas por outras letras ou se están soas. O alfabeto árabe é un abjad impuro (as vogais curtas non se escriben pero as longas si) así que o lector debe coñecer o idioma para poder repor as vogais. Porén, nalgunhas edicións do Corán ou nalgúns traballos didácticos emprégase unha notación con marcas diacríticas para sinalar a vocalización. Ademais, en textos vocalizados, hai unha serie doutros caracteres diacríticos dos cales o máis moderno é unha indicación da omisión das vogais (sukūn) e da prolongación das consoantes (šadda).

Presentación do alfabeto[editar | editar a fonte]

O alfabeto árabe pode transliterarse e transcribirse de varias maneiras. O método preferido neste artigo será o DIN-31635. Alternativas pertencentes a outros estándares están indicados despois das barras oblicuas.

A liña horizontal diacrítica sobre as vogais longas é a miúdo substituída por un circunflexo porque é máis sinxelo de escribir na maioría dos teclados.

Unha transliteración do árabe debe permitir a reconstrución das letras árabes orixinais de maneira que mostre os caracteres que non se pronuncian ou que se pronuncian coma outros. Unha transcrición fonética indica só a pronunciación. A transcrición fonética segue as convencións do Alfabeto Fonético Internacional (para máis detalles relativos á pronunciación do árabe consultar o artigo Pronunciación no Árabe).

SATTS, o Standard Arabic Technical Transliteration System (Sistema técnico estándar de transliteración do árabe), é un sistema militar estándar estadounidense de transliteración do alfabeto árabe ó alfabeto latino.

Letras Principais[editar | editar a fonte]

Alfabeto árabe
Se está soa Posición Inicial Posición intermedia Posición final Nome Transliteración Pronunciación
أ ؤ إ ئ ٵ ٶ ٸ ځ etc. hamza ʾ / ’ [ʔ]
ʾalif ā / â [aː]
bāʾ b [b]
tāʾ t [t]
ṯāʾ ṯ / th [θ]
ǧīm ǧ / j / dj [ʤ]
ḥāʾ [ħ]
ḫāʾ ḫ / ẖ / kh [x]
dāl d [d]
ḏāl ḏ / dh [ð]
rāʾ r [r]
zāy z [z]
sīn s [s]
šīn š / sh [ʃ]
ṣād [sˁ]
ﺿ ḍād [dˁ], [ðˤ]
ṭāʾ [tˁ]
zāʾ [zˁ], [ðˁ]
ʿayn ʿ / ‘ [ʔˤ]
ġayn ġ / gh [ɣ]
fāʾ f [f]
qāf q / ḳ [q]
kāf k [k]
lām l [l]
mīm m [m]
nūn n [n]
hāʾ h [h]
wāw w [w]
yāʾ y [j]

As letras que carecen dunha versión inicial ou media nunca se unen ás seguintes letras. Coma por exemplo hamza.

Outras letras[editar | editar a fonte]

Se está soa Posición inicial Posición media Posición final Nome Transliteración Pronunciación
ʾalif madda ʾā [ʔaː]
tāʾ marbūṭa h or t / Ø / h / ẗ [a], [at]
ʾalif maqṣūra ā / ỳ [aː]
lām ʾalif [laː]

Notas[editar | editar a fonte]

A letra ʾalif maqṣūra, escrita comunmente co Unicode 0x0649 (ى) do árabe, é algunhas veces substituída, en farsi/persa ou urdu, polo Unicode 0x06CC (ی), chamada "Farsi Yeh" dado que é máis apropiada para a pronunciación nesas linguas. Os glifos son idénticos nas formas única e final ( ﻯ ﻰ ), pero non nas formas inicial e media, nas que a Farsi Yeh gaña dous puntos debaixo ( ﯾ ﯿ ) mentres que a ʾalif maqṣūra non os ten.

Escribindo o hamza[editar | editar a fonte]

Inicialmente, a letra ʾalif indicaba unha glotal oclusiva, ou stop glotal, transcrito coma [ʔ], confirmando unha orixe común co Fenicio. Actualmente emprégase da mesma maneira que noutras abjads, con yāʾ e wāw, coma mater lectionis, é dicir, unha consoante que substitúe a unha vogal longa. Ademais, a través do paso do tempo o seu valor fonético foi escuro, xa que, ʾalif serve principalmente para substituír fonemas ou funcionar coma soporte gráfico para certos diacríticos.

Actualmente, o alfabeto árabe emprega o hamza principalmente para indicar un stop glotal, que pode aparecer en calquera parte dunha palabra. Porén, esta letra non funciona coma as outras: pode ser escrita soa ou cun apoio, nese caso convértese nun diacrítico:

  • Soa : ء
  • Cun apoio : إ, أ (sobre ou baixo un ʾalif), ؤ (sobre un wāw), ئ (sobre un yāʾ 'sen puntos ou yāʾ hamza).

Os detalles sobre coma escribir o hamza son discutidos abaixo, tralos datos sobre as vogais e os sinais de división en sílabas, porque as súas funcións están relacionadas.

Ligaduras[editar | editar a fonte]

A única ligadura obrigatoria é lām+'alif, tódalas outras ligaduras (yaa - meem etc) son opcionais.

Algunhas fontes inclúen un glifo (Sall-allahu alayhi wasallam):

Sall-allahu-alayhi-wasallam.png

e un glifo da palabra Allah:

Arabic ligature Allah.svg

O primeiro emprégase tras tódalas mencións ó nome de Sagrado profeta (que Allah o bendiga e lle conceda paz). O último é un work-around debido á incompetencia da maioría dos procesadores de textos, que son incapaces de mostrar o Sagrado Nome correctamente debido ó seu sistema de mostralos símbolos vogais. Compare o seguinte texto, que depende do seu navegador e as fontes que teña instaladas:

الله

Diacríticos[editar | editar a fonte]

Vogais[editar | editar a fonte]

Xeralmente, as vogais curtas non se escriben en árabe, non obstante hai excepcións como poden ser os textos sagrados (como o Corán) ou didácticos, que son coñecidos como textos vogalizados.

As vogais curtas deben escribirse con diacríticos situados enriba ou debaixo da consoante que as precede na sílaba. (Tódalas vogais en árabe, sexan curtas ou longas, seguen a unha consoante. Contrariamente ó que parece sempre hai unha consoante ó inicio de nomes coma Alí — en árabe ʾAlī — ou nunha palabra coma ʾalif.)

O a longo que segue a unha consoante distinta de hamzah escríbese cun signo curto-a na consoante máis un alif despois del (ʾalif).

O i longo ten como signo o i curto máis o yaa yāʾ, e o u longo ten como signo o u curto máis o waaw, polo tanto aā = ā, iy = ī e uw = ū);

O a longo seguido do son hamzah pode ser representado por un alif-madda ou por un hamzah flotante seguido por un alif.

Nos textos non vogalizados (aqueles nos que as vogais curtas non se escriben), as vogais longas son representadas pola consoante en cuestión (alif, yaa, waaw). As vogais longas escritas no medio dunha verba trátanse coma consoantes ¿tomando? sukūn (ver abaixo) nun texto que teña moitos diacríticos.

Long vowels written in the middle of a word are treated like consonants taking sukūn (see below) in a text that has full diacritics.

Para aclaralo, as vogais se situarán enriba ou debaixo da letra د dāl polo que cómpre le-los resultados [da], [di], [du] etc. Teña en conta que د dāl é unha das seis letras que non se unen pola esquerda e está usada aquí coma exemplo. Outras letras si que se unen a ʾalif, wāw' e yāʾ.

Vogais simples Nome Trans. Valor
دَ fatḥa a [a]
دِ kasra i [i]
دُ ḍamma u [u]
دَ‌ا fatḥa ʾalif ā [aː]
دَ‌ى fatḥa ʾalif maqṣūra ā / aỳ [aː]
دِ‌ي kasra yāʾ ī / iy [iː]
دُ‌و ḍamma wāw ū / uw [uː]
letras tanwiin:
ً, ٍ, ٌ empregadas para produci-lo final /an/, /in/, e /un/ respectivamente. ً emprégase acotío en combinación con ا ‎( اً ).

Signos silábicos e outros[editar | editar a fonte]

Shadda[editar | editar a fonte]

ّ shadda marca a xeminación dunha consoante; kasra (ver abaixo) móvese, cando está presente, entre o shadda e a consoante xeminada.

Sukūn[editar | editar a fonte]

Unha sílaba árabe pode ser aberta (rematar nunha vogal) ou pechada (se remata nunha consoante).

  • aberta: C[onsoante]V[ogal];
  • pechada: CVC(C).

Cando a sílaba é pechada, pódese indicar que a consoante que a pecha non vai acompañada dunha vogal marcándoa cun signo chamado sukūn, que ten a forma "°", para eliminar calquera ambigüidade, especialmente cando o texto nos se vocaliza: é preciso lembrar que un texto padrón componse exclusivametne de series de consoantes; así, a palabra qalb, "corazón", escríbese qlb. Sukūn permite saber onde non colocar unha vogal: qlb podería, de feito, lerse /qVlVbV/; mais se se escribe cun sukūn por riba do l e o b b, só se pode interpretar como a forma /qVlb/ (canto a saber que vogar empregar, cómpre memorizar a palabra); escríbese isto: قلْبْ (sen ligadura: ق‌لْ‌بْ).

Pódese pensar que nun texto vocalizado non se precisa do sukūn porque a ausencia dunha vogar detrás dunha consoante poderíase sinalar simplemente non escribindo ningunha marca sobre ela, de maneira que قِلْبْ sería redundante. Non resulta ser así por causa de que esa convención ("a ausencia dunha marca vocálica significa a ausencia dun son vocálico) non existe: de feito, k + u + t + b pódese ler "kutib". Unha regra deste tipo tería sentido se todos os que escribisen a marca vocálica estivesen obrigados a escribir todas as marcas vocálicas na mesma palabra, o que non acontece. De feito, pódense escribir tantas marcas vocálicas como se queira.

Porén, no Corán cómpre escribir todas as marcas vocálicas: nel, o sukuun por riba dunha letra (excepto o alef, que indica un "a" longo) indica que se pronuncia mais que non vai seguido dunha vogal curta, mentres que a ausencia de calquera signo por riba dunha letra (a excepción do alef) indica que a consoante non se pronuncia.

Numerais arábigos[editar | editar a fonte]

Hai dúas clases de numerais arábigos; os numerais arábigos estándar e os numerais orientais, usados na escritura arábiga en Irán, Paquistán e a India. En Árabe, eses números son chamados "números hindús" (أرقام هندية). Hoxe en día nos países do Norte de África utilízanse habitualmente os numerais arábigos occidentais; porén nos tempos medievais a utilizábanse uns numerais lixeiramente diferentes (dos cales, a través de Italia, derivan os números usados en Occidente).

Numerais estándar
٠ 0
١ 1
٢ 2
٣ 3
٤ 4
٥ 5
٦ 6
٧ 7
٨ 8
٩ 9
Numerais orientais
۰ 0
۱ 1
۲ 2
۳ 3
۴ 4
۵ 5
۶ 6
۷ 7
۸ 8
۹ 9

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]