Dios ke te crew

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dios ke te crew
Dios ke te crew2.jpg
concerto na Coruña 6-12-2008
Información
Orixe Ordes, Galiza Flag of Galicia.svg
Período 2001-
Xénero(s) Hip-hop
Selo(s) discográfico(s)
Membros
Antigos membros
Web oficial Web oficial
Dios ke te crew.

Dios ke te crew (DKTC) é un grupo de hip hop de Ordes formado en 2003. Hoxe en día, forman un grupo de graffiti, breakdance, DJs e rap. Todos estes aspectos do hip hop únense en presentación en directo do grupo, onde e común presenciar pezas de pintura e graffiti no fondo do escenario e bailar breakdance, mentres o grupo musical realiza as súas cancións.

[editar] Traxectoria

O grupo comezou en 2003 cando a organizacion Festigal contacta cos grupos de rap de 5Talegos e Ghamberros, ambos os dous formados en Ordes, e preséntanse como Dios te ke crew. Na parte non musical,unironse os graffiteiros Vandals Crew e Cousas Novas, e os breakers de Compostela Playmovil Kids (os cales xa non forman parte da crew.)

Despois de que 5 Talegos e Ghamberros apareceu en varias recompilacións, en 2004 Ghamberros a súa primeira referencia de titulo homónimo.

A primeira gravación de Deus ke te Crew acreditada foi a curtametraxe incluída na película colectiva Hai que botalos, un recompilatorio de curtametraxes postas en circulación co motivo das eleccións do Parlamento Galego en 2005. Contribuíu coa banda sonora do episodio, titulado "O derradeiro", o elemento titulado "herdeiros da dictadura". En 2006-2007, lanzaron o seu primeiro traballo en formato profesional, un LP titulado Xénese con 16 temas. Autoeditado polo selo do propio grupo DKTC Sons e a editora galega Falcatruada. Distribuído por Discmendi en España e Noruega. Este é o primeiro disco de rap enteiramente en galego na presentación da realidade cultural, social e política con sarcasmo e humor. Influencias de jazz, rock, reggae, hardcore e funk están presentes na base musical desta obra. No deseño do CD,inclúense ilustracións e graffitis de membros do colectivo.

Nas súas actuacións por toda España, compartiron o escenario con artistas coma Saian Supa Crew, The Beanuts, Dealema, Foreign beggars, Ojos de Brujo, La Mala Rodriguez, SFDK, Violadores del Verso, Sólo los Solo ou A Excepción. Actualmente están traballando nun novo álbum, "Ollo ó parche" que será lanzado no verán de 2010.

Curiosidades:

  • Todas as letras son en galego.
  • O tema "herdeiros ditadura" soou para rematar a manifestación do día da Patria Galega, que tivo lugar ese mesmo ano en Santiago de Compostela.
  • A súa música serviu como banda sonora de varios filmes de curtametraxes coma O Derradeiro e Mártires.
  • Realizaron exhibicións e talleres que ensinan as diferentes artes que compoñen a cultura Hip Hop, incluíndo break, graffiti e DJ.
  • O tema "Revolving door" por Crazy Town úsase tamén na cancion "Estranxeiros".

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas