Juanjo Liñares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Juan José Linares Martiáñez, nado en Ordes o 6 de setembro de 1933 e finado en Madrid o 15 de novembro de 2009, foi un bailarín e investigador galego no campo do baile folclórico en xeral. Se ben o seu apelido era Linares, en Galicia era coñecido como Juanjo Liñares.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deixou os estudos de Dereito para comezar coa danza. Foi estreito colaborador de Antonio Gades no ballet Fuenteovejuna, 1994, en cuxa elaboración traballou como experto en folclore. Durante 40 anos dedicouse por enteiro a investigar as danzas tradicionais de España, a difundilas e a ensinalas, dende que en 1970 tivo que abandonar os escenarios por problemas de saúde. Fundou varios grupos de danza, entre eles Sementes da Arte de Ordes.

Liñares tiña obras no repertorio do Balet Nacional de España, e estaba en posesión da medalla das Belas Artes, así como da Medalla de Bronce de Galicia. É fillo predilecto de Ordes e unha lúa leva o seu nome na mesma vila.

Tivo varios discípulos sobranceiros, entre eles Javier García, que exerce a docencia no Colexio Estudo, no que o folclorista galego é unha materia de estudo máis. Tamén foi mestre de Manuel Segovia, que dirixe a Compañía Ibérica de Danza ou Aida Gómez, que preparou algún traballo xunto a el.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

  • Premio de Honor FACIDE
  • Medalla de Ouro da FEAF
  • Medalla de Ouro de Ordes
  • Medalla de prata de Belas Artes
  • Medalla de Galicia no 2003 na categoría de Bronce
  • Diploma do Mestre do Mundo, outorgado pola Universidade Northeastern de Illinois-Chicago
  • Patrón do Spanish Dance Institut de Perth-Australia

Legado[editar | editar a fonte]

Deixou un legado de centos de traxes rexionais á Fundación que leva o seu nome. Juanjo Liñares finou so unhos meses antes da inauguración do museo que leva o seu nome, o Museo Juanjo Liñares onde poden verse expostos un gran número de traxes así como outras coleccións que o artista tamén deixou á Fundación (cruces, libros). É posiblemente unha das mellores coleccións de traxes da Península Ibérica. [Cómpre referencia]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]